Nacer nacer, o que se di nacer, o meu blog días estranhos naceu realmente o seis de marzo de 2003, pero foi tal día coma hoxe de hai tres anos cando atopou o seu definitivo emprazamento neste barrio blogalita que tan ben coida o amigo Víctor Ruiz. A primeira historia levaba por título O que non se mova non sae na foto e amosaba xa esa clara vontade manifeirante que acabaría por ser un dos sinais de identidade desta páxina. Xusto o día do terceiro aniversario recibo a noticia de que estes días estranhos están entre os cinco finalistas dos Premios 20Blogs que organizou o xornal 20 minutos na categoría que leva o bonito nome de Mejor blog en otras lenguas constitucionales distintas del castellano, en compaña da xente da VA-CA, o grupo de técnicas de expresión escrita do IES David Buján, El Forat e Eines. Como enfermo de cinefilia que son non podo negarlles que me encanta a idea de estar nominado a algo.
Hoxe, despois de tres anos, varios centos de posts e case duascentas mil páxinas visitadas se facemos caso do contador laranxa que anda por aí abaixo á dereita, o único que quero é expresarlles, máis unha vez, o meu infinito agradecemento pola atención que me levan prestado. Aquí seguiremos, no lugar de sempre, onde sempre serán benvidos.
¶
Parabéns :) Has ir a Madrid? A esa entrega de premios que din que organizan os de 20 minutos.
Graciñas polo weblog. (De Icíar non digo nada porque o ano pasado estivo a soltar merda co seu boli, ou co que sexa que escribe).
Grazas polas súas palabras. Síntome coma Terrence Howard, seguro de que o Oscar vai gañalo Philip Seymour Hoffman, pero non por iso menos contento. ;-)
Nossa que bacana Oscar um grande abraço e muito obrigado por tudo que tem feito pela gente aqui em nome da comunidade Brasielira de galicia e dos musicos que vc sempre esta insentivando..nao tenho palavras Deus te abençoe Irmao
abraço fredy
Pois será hora de que alguén escriba por aquí que Martin Pawley era unha das peroaxes da grandiosa "The Searchers" por aquí "Centauros del desierto", persoaxe que interpretaba magnficamento o señor Jeffrey Hunter, ou crían que o outro blog ainda non recoñecido pero non por iso peor do señor Pawley chamábase "The night of the hunter" so pola película, veña ó que o firmante (feirante) e moito máis retorcido ca todo iso.
NORABOA, ¿pòdese ter un favorito sen coñecer os outros nomeados? Espero que si.
O de Martin Pawley, para os que non o souberan, xa nolo acaba de lembrar Jorge. O dos días estranhos ten que ver cun filme excepcional polo que sinto unha certa debilidade e do que falei en vésperas do cambio de réxime.
...pois non sei eu que carallo lle verán ó tal Martin... centos de fantásticas historias contadas cun guión forte, claro e directo? ...e agardarei a que fagan a película desta bitácora...
Noraboa pola nominacion que mereces sen dubida. Os da VA-CA tamen son mui bos. Os terceiros nominados xa me parece a min que houbo un chanchullo grande...pero bueno.
Agora sorte e a ganhar o premio.
Parabéns, amigo Martin Pawley, pola sua nomeaçom!!!
Tem pensado ir à gala de entrega de prémios o próximo 6 de Abril na capital pequeno-imperial?
Podíamos ir juntos, você disfarçado de "vaqueiro" (como o seu homónimo de The Searchers) e nós, os "vaqueiros", disfarçados de "índios" (como a apanhadora dum Óscar da Academia Miss Littlefeather).
Mr. Pawley, nom quero pressioná-lo, mas se Björk foi ao teatro Kodak vestida de cisne, você também pode ir de vaqueiro ao recinto feiral Juan Carlos I. :D
p.s. Carla, nom entendo muito de poesia, mas adoro o poema que dá nome ao seu blog: "Entre nós e as palavras há metal fundente..." Grande Cesariny!
E que por muito mais anos se mantenha com a qualidade que se lhe reconhece.
Um grande abraço (ou como se diz na minha terra um grande kandando).
... E já agora conviso-o a visitar o meu outro blogue Malamba.
kandando forte
Eugénio Almeida
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.