Inicio > Historias > And the Oscars goes to... ¿Kevin O'Connell?
> And the Oscars goes to... ¿Kevin O'Connell? <
"There's 300 to 400 films every year. Five of them get that phone call, and I've gotten it 18 times. I really feel fortunate". Que non o fagan sufrir máis, ho. Kevin O'Connell é candidato outra vez, e con esta xa van dezaoito, na categoría de mellor son, neste caso pola película Memorias dunha Geisha. Nunca levou o premio. Foi nominado por A forza do cariño, Dune, Silverado, Top Gun, Black Rain, Días de Trono, Algúns homes bos, Marea vermella, Twister, A roca, Con Air, A máscara do Zorro, Armageddon, O patriota, Pearl Harbor, Spider-Man e Spider-Man 2. Sempre perdeu. Volve telo moi difícil, competindo con títulos de éxito cheos de efectos especiais como As Crónicas de Narnia, King Kong ou A guerra dos mundos. Imaxino que a estas alturas saír coas mans baleiras da gala dos Oscars non lle suporá ningún trauma. Aproveitará para tomar, digo eu, unha copa co seu compañeiro de nominación Greg P. Russell, con quen compartiu as súas dez últimas derrotas.
¶
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.