Mellor filme: Brokeback Mountain, de Ang Lee. Calquera outro resultado sería un sorpresón, aínda que un triunfo dese
Good night, and good luck de George Clooney non me molestaría nadiña.
Mellor director: Ang Lee, claro.
Mellor actor: Parece inevitábel que gañe Philip Seymour Hoffman por
Capote. Eu votaría por David Strathairn, mesmo aínda que non vira o seu colosal traballo na película, entre outras razóns porque se trata dun dos mellores actores do mundo.
Mellor actriz: Eduardo Herrero, a inmensa maioría dos académicos de Hollywood e máis eu sabemos que vai gañar Reese Whiterspoon, unha actriz para a cal teño reservado un pequeno espazo no meu corazón desde os días da maxistral
Election.
Mellor actor de reparto: podería ser Paul Giamatti, compensándoo por
Cinderella Man da súa inexplicábel ausencia o ano pasado na lista de candidatos polo seu magnífico papel en
Sideways; pero penso que será o George Clooney de
Syriana quen leve como actor o recoñecemento que non lle poderán facer como director e guionista.
Mellor actriz de reparto: todas as previsións apuntan a Rachel Weisz, pero eu aposto pola Catherine Keener de
Capote, a perfecta combinación de elegancia e espírito indie.
Mellor película estranxeira: Eu elixiría
Paradise now, pero
Sophie Schöll ten todos os elementos para ser a gañadora. Atención á sudafricana
Tsotsi, da que algúns levan falando como favorita desde hai moitos meses.
Mellor guión orixinal: o de
Crash, moi ao meu pesar. Oxalá tiveran un momento de lucidez e premiaran a George Clooney e Grant Heslov. Oxalá tiveran un momento de aínda maior lucidez e premiaran a Woody Allen.
Mellor guión adaptado: Larry MacMurtry e Diana Ossama, por suposto.
Mellor banda sonora orixinal: Alberto Iglesias, dito sexa
con tres cojones.
Lista completa de nominados, aquí
¶