caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 4 de marzo
> Extrarradio, 4 de marzo <

Syriana, un excelente e atrevido retrato das conexións entre os negocios do petróleo e a política exterior ianqui sobre un fondo de corrupción e terrorismo, é o título que encabeza a lista de estreas desta semana. Unha obra moi recomendábel que nos fai esquecer o pastelón indio e ese filme do pleistoceno, nunha edición do Extrarradio na que contaremos coa presenza telefónica de Ana Torres, a directora dese magnífico documental sobre os inmigrantes chamado Si nos dejan do que xa lles falei aquí varias veces.

Extrarradio, con Belén Regueira e Eduardo Herrero, os sábados de 11:00 a 14:00 e os domingos de 10:00 a 13:30 na Radio Galega. Unha hora menos en Porto ou Lisboa e tres horas menos en Rio de Janeiro, São Paulo e Florianópolis.

2006-03-04, 10:02 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/37931

Comentarios

1
De: mourullo Fecha: 2006-03-04 13:49

Sr. Pawley: estou enganchado ao Extrarradio!



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-04 18:34

Moitas, moitísimas grazas, mourullo, pola pequena parte que me toca. Como ouvinte que son dese programa, ademais de colaborador, non me queda máis remedio que estar completamente de acordo con vostede.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley