caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 25 de febreiro
> Extrarradio, 25 de febreiro <

Da magnífica Capote, moi recomendábel malia a súa horrenda dobraxe, e da torpe e tosca Transamerica, un deses filmes indies que nacen dunha boa idea pero que van empeorando a cada paso que dan, falaremos nunha edición do Extrarradio que vén tan cargada de estreas que case mellor deixamos os cinéfilos para outra ocasión. E é que ademais desas dúas tamén chegaron O novo mundo de Terrence Malick e unha das películas premiadas o ano pasado no Festival de Berlín, Sophie Schöll; certame este, por certo, que o sábado pasado fixo públicos os seus galardóns. E habería que acordarse tamén dos premios BAFTA, e do Carnaval, claro, a través do mítico Orfeu negro, un filme malísimo cunha banda sonora de Tom Jobim e Luiz Bonfa absolutamente extraordinaria e ao cal hai tempo lle dediquei estas palabras:

Custa entender que "Orfeu Negro" fose no seu día un notábel éxito de público e de crítica, ben acollido mesmo nun festival tan esixente coma o de Cannes. O director da película, Marcel Camus, compórtase coma un turista hipnotizado polos corpos suorosos e a percusión. Equivócase constantemente na elección do emprazamento da cámara e ten que rectificar a súa posición unha vez tras outra para conseguir algo tan elemental como que os actores non se lle vaian do plano. O uso da cor é nefasto e resulta incomprensíbel que non soubera sacar proveito ningún da paisaxe e da luz que se lle supón a esas terras do sur. O peor, contodo, é que "Orfeu Negro" proporciónalle ao espectador eurocéntrico unha mestura tópica de pobreza e de samba, de Carnaval e de morte, onde a alegría falsamente frenética dá paso a cerimonias vudú e o afastamento da virtude acaba tendo o seu castigo.

E todo iso procurando que non se me note moito o pouco que durmín hoxe.

2006-02-25, 09:55 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/37756

Comentarios

1
De: ex-avid Fecha: 2006-02-25 13:10

Precisamente cdo ayer veíamos "Capote" en su version original comentábamos que tenía todas las papeletas para un doblaje español horrible...
De todos modos a mi me ha dejado más bien fría.En fin, a ver hoy "Transamérica".
Y a pesar de que alguien me fulmine yo recomendaría "Skyhigh", para pasar un rato entretenido y echarse unas risas sin más pretensiones.
Aburiño.



2
De: Vendell Fecha: 2006-02-25 16:52

Querida Dra Pawley, ¿e Boas noites, boa sorte? Fun vela onte e deixoume bastante indiferente. ¿Qué me perdín?

Agradézolle o counseling



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-02-26 12:52

Perdeuse, sobre todo, unha magnífica interpretación de David Strathairn, un actor de verdade. Tamén se perdeu un excelente traballo de dirección que dá como resultado un filme dunha precisión e unha economía narrativa (e estética) envexábel, que non dá ningún paso que non resulte necesario. Perdeuse a voz de Dianne Reeves cantando algunhas das mellores cancións da historia, e perdeuse un valioso canto non xa sobre a liberdade de expresión, tan útil nestes momentos nos que Europa defende o dereito a facer caricaturas de Maomé (ou de Mafomede) ao mesmo tempo que condena a un desprezábel imbécil por negar o Holocausto; senón -e sobre todas cousas- da necesidade de non amosar indiferente ante certos feitos.



4
De: Vendell Fecha: 2006-02-26 17:08

(...)sbre todas cousas- da necesidade de non amosar indiferente ante certos feitos.

Eso non o perdera, nin as cancións da Reeves (ese How high the moon...). Pero vibrar non vibrei.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2006-02-26 19:24

Pois dígame un e-mail que admita ficheiros grandes e fágolla chega, aínda que eu dese disco prefiro o One for my baby ou o Too close for comfort.



6
De: Vendell Fecha: 2006-02-26 20:43

herbascoarrobagmailpuntocom



7
De: Carolina Fecha: 2006-02-28 23:53

Como vexo que hai tráfico de tracks, oferézolle a Martin dúas xoias de Gal Costa, non tanto pola súa voz, que non é das mellores voces brasileiras de muller, pero pola maravilla das composicións e, no caso dunha das cancións, pola súa letra incorrectísima en tempos de violencia "de xénero". Se cadra as tes. De calquera feito, como se fai? Adxúnto cada unha a un correo, sen máis?



8
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-01 00:58

Así, sen máis. En GMail hai espazo de sobra ;-)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.211.200.222 (4a9aea0649)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley