caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 11 de febreiro
> Extrarradio, 11 de febreiro <

É unha auténtica "película maldita" dentro da breve, brevísima, historia do audiovisual galego. A día de hoxe, Blanca Madison segue sen coñecer distribución en DVD e nin sequera gozou dun mísero pase televisivo. Na súa estrea comercial non chegou máis alá do circuito galego e foi abertamente desprezada por festivais coma o de Málaga que logo calzan a concurso bodrios que non resisten o paso non xa dos anos senón dos días. Non pretendan facerse cunha copia, porque por non tela non a ten nin o seu director. Soa case surrealista, seino, pero é tal e como lles conto.

Co autor de Blanca Madison, Carlos Amil, falaremos este sábado no Extrarradio, a iso das 12:40. Procuraremos que nos explique a súa paixón por Zhang Yimou e polo Steven Spielberg dos últimos anos e desexarémoslle moita sorte nese magnífico proxecto que está empezando a cocer e para o cal é, fáganme caso, a persoa idónea. E tamén, como non, ocupará unha parte do noso tempo a obra mestra de George Clooney que poderán ver nos cinemas galegos desde o próximo venres.

2006-02-11, 02:17 | 16 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/37365

Comentarios

1
De: ex-avid Fecha: 2006-02-11 12:13

blanca madison se pasó por la tvg, varias veces (ay, ay ay....esa documentación).
tb me suena raro que carlos amil no tenga una copia ¿aunque sea en betacam?
de todos modos.... si que va camino de leyenda :P
por cierto ¿la has visto?
:D



2
De: besbellinha Fecha: 2006-02-11 12:38

Buenooooooooo, quen me ía dicir que hoxe me ía lembrar da "Blana Madison". Pois eu funa ver ao cine cando se estreou, que seica o Carlos Amil lle dera aulas a un compañeiro (algo así foi) e fómoslle botar un vistazo. Teño tendencia a esquecerme dos argumentos das películas así que pasa un tempo, pero creo que non me disgustara. Agora venme á cabeza a cantante de "Dark City".
Pois iso, cine galego tamén.



3
De: Ethan Edwards Fecha: 2006-02-11 13:42

"Blanca Madison" es una muestra perfecta de inoperancia cinematográfica al igual que "O lapiz do carpinteiro", "Trece badaladas", etc... dignas todas ellas de ser exhibiddas en escuelas de cine como ejemplos de lo que nunca se debe hacer en (¡Ah!, me olvidaba de la integral de Pinzás).

Martin, tú que has dado muestras de buen gusto y sentido lógico en muchos de tus análisis fílmicos, mójate.

Por cierto, quizá has visto la última de Clooney en dvd pirata o de otro modo, de lo contrario no sé como puedes asegurar que es una obra maestra o cualquier otra cosa.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-02-11 16:35

ex-avid, témome que non, que nunca se emitiu pola TVG, a non ser que o director tamén estea equivocado, pero podo dicirlle que neste 2006 si poderá verse.

besbellinha, foron vostedes dous dos 1800 que a viron, entón.

Ethan Edwards, a min Blanca Madison paréceme un filme suficientemente digno, máis que os outros que você cita, que tampouco me parecen especialmente horrendos. Prefiro Ordet, obviamente, pero o referente comparativo do cinema galego non é Dreyer, senón o que se fai polo resto da península. E por suposto, si que vin a de George Clooney, e en V.O., por se lle interesa sabelo. Se non a vira non falaría dela.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2006-02-11 16:54

E por certo, ex-avid, paréceme que o director si ten unha copia, pero como se non a tivera porque ten algúns importantes erros de son... ;-)



6
De: Ethan Edwards Fecha: 2006-02-11 19:43

Celebro que vieras "Good Night and Good Luck"...¿Por qué el referente comparativo del cine galaico es el del resto de la península? ¿Es tan aplastante la influencia del yugo ibérico? Imagino que no será una cuestión de presupuestos gruesos ni de medios sino de talento e ideas. Estos dos últimos aspectos sí que no entienden de fronteras (¡Qué hermoso esto último!)

Según tu afirmación el cine iraní en general no podría ser nunca comparado con el americano por la immnesa distancia geográfica, cultural, económica, etc, en cambio es ocioso dudar de la inmensa calidad de muchos de los títulos de ambas filmografías.

Del mismo modo si algún gallego rodara aquí algo comparable siquiera mínimamnete a la obra menos importante de Dreyer los Mestre Mateo llevarían automáticamente su nombre.



7
De: ex-avid Fecha: 2006-02-11 19:43

pues yo juraria que la pasaron dos veces (incluso algún 25 de julio con el bosque animado....como empieza a ser habitual :S)

en fin, igual me falla la memoria :)

de todos modos no tuvo una difusión tan poco amplia como la que dices....
conozco a gente muy de a pie que la ha visto o sabe de qué va.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2006-02-11 20:31

ex-avid, 1800 espectadores no cine, máis ou menos. E espero que non as puxeran xuntas, porque Blanca Madison para nenos non é. :-P

E si, Ethan Edwards, é unha cuestión de orzamentos, basicamente. E de público. E por suposto que o cinema iraniano non pode ser comparado co ianqui, cuestións de calidade á marxe, nin por medios de produción, nin por capacidade de difusión das súas obras, cousa esa que como você ben entende non depende unicamente dos méritos que aquelas posúan.

Tampouco teño tan claro que de existir un Dreyer aquí fora triunfar sempre nos Mestre Mateo. Ou quere que lembremos o caso de Víctor Erice e o trato que recibe da industria española, por exemplo?



9
De: mourullo Fecha: 2006-02-12 13:50

Eu cada vez estou máis "enganchado" a este Extrarradio, e cos dentes ben longos de ganas de ver a película de Clooney. ;-)



10
De: Ethan Edwards Fecha: 2006-02-12 13:57

Desconozco el significado del término "orzamento". En cualquier caso no me creo esa regla por la cual unas cinematrografías (la estadounidense a la cabeza)pisan en todos los aspectos a otras menos desarrolladas, de lo que se deriva la indulgente idea de que la gallega no es más por culpa de la española, las películas de Kim Ki-duk, etc...

Respecto a Erice, no creo que sea en absoluto un autor maltratado en España (el no ser reconocido por la academia no significa nada, incluso si haces largos frecuentemente)Creo que últimamente trabaja en unos formatos que lo relegan por fuerza a degustadores de "purezas fílmicas" (entre los que me encuentro). Además, y esta es una opinión personal no contrastada, tengo la impresión de que es un tipo que no está dispuesto a moverse demasiado y para estos cineastas ya está el mini dv. Ansío algo tipo "El sol del membrillo" y menos "cartas filmadas".






11
De: Martin Pawley Fecha: 2006-02-12 14:06

Grazas, mourullo. A ver se nos vemos un día polo CGAI ;-)

Non, Ethan Edwards, Erice non é un autor maltratado pola industria, non. Nin polos produtores. Nin sequera por Andrés Vicente Gómez. E se ultimamente se dedica ás "cartas filmadas" é porque vai velliño e non ten ganas de facer outras cousas, non si? Ande, ande, déixese de lerias...

Polo demais, eu non dixen que a cinematografía galega non sexa máis por culpa da española, nin creo que se poida deducir tal cousa das miñas palabras. O que digo é que o cine español é o referente para unha posíbel industria cinematográfica galega, por razóns obvias (tamén podería selo a portuguesa, pero aí ao sur do Minho as cousas non lles van moito mellor). Onde cre vostede que van traballar os cámaras, os técnicos, os actores, os directores, etc? Con Kim-ki duk? Con Kiarostami? Onde se van ver os seus traballos, en Xapón? Non: o 99,9% deles non irán máis alá dos Pirineos. Iso non quita que poidan facer obras mestras, como as fai Erice (e para de contar), pero se do que falamos é un referente industrial conxunto, cal vai ser, os USA?



12
De: Ethan Edwards Fecha: 2006-02-13 11:08

Echarle toda la culpa a Andrés Vicente Gómez y a otros peces gordos de que Erice sea poco prolífico es absurdo. "El embrujo de Shanghai" fue un proyecto abortado, como muchos otros en la carrera de qualquier cineasta. Además alguién de su prestigio seguro que encontraría apoyo por parte
del canal Arte o productores tipo Paulo Branco, etc... Tampoco lo considero una persona carente de la "juventud" suficiente para realizar un largo, otra cosa es la disposición anímica, que en el caso de Erice desconozco pues no tengo el gusto de tratarlo.

Evidentemente la inmensa mayoría de las películas gallegas no se verán fuera de España, ni siquiera fuera de Galicia. Sabes muy bien que hay numerosos festivales en los "permitirían" que una película gallega se fuera presentada o estrenada... está muy reciente el hilarante caso de Pinzás. Ni siquiera es una cuestión de calidad ya que entonces el caso del este hombre no se entendería. No se consuela el que no quiere...

A tus pies.



13
De: Martin Pawley Fecha: 2006-02-13 15:00

Non, Ethan, non é simplemente "un proxecto abortado", é un proxecto no que Erice traballou durante case dous anos, do que foi afastado por decisión do productor (ía dicir "do que pon a pasta", pero en España como ben sabe non sempre é así).

E non mesture o caso de Pinzás, que simplemente tivo a intuición de sumarse a unha marca de moda, o Dogma, que lle outorgou presenza en algúns festivais.



14
De: Ethan Edwards Fecha: 2006-02-13 16:29

Es cierto lo que comentas acerca de "El embrujo", pero desde luego el eliminar a directores y guionistas de una producción por desgracia (a veces) no tiene nada de original en el mundo del cine de aquí y de más allá.

Puse el ejemplo de Pinzás porque no hay otro ejemplo, ni bueno ni malo.



15
De: pelusa Fecha: 2007-01-17 00:54

sí, que fue emitida en TVG, y en canal+ cine también, hará un par de años a lo sumo.



16
De: salmonete Fecha: 2007-01-17 01:03

Carlos Amil asegura que no posee más que una copia en VHS de muy baja calidad.

Carlos Oro, autor del making off, también afirma no poseer copia de su obra.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.196.74.142 (bdb57ed074)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley