caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A Perspectiva Brusque
> A Perspectiva Brusque <

um: o presente

Hai que analisar isto en tres niveis. Primeiro, eu creo que isto (a vitoria de Hamas nas eleccións en Palestina) é algo positivo no desenvolvemento da cultura democrática e merece ser recoñecido. Os palestinos tiñan un governo incompetente e corrupto que durante 14 anos foi incapaz de chegar a un acordo de paz con Israel, a pesar de ter ofertas inmellorábeis (...) Isto ten que ver máis con Palestina que con Israel. Pero hai un segundo nivel: estas eleccións proban a falacia da postura da Administración Bush en Oriente Medio. Estados Unidos intenta democratizar esta parte do mundo sen comprender en absoluto a súa realidade social e cultural. Non existe unha alternativa inmediata (quizá si a longo prazo) a estes governos incompetentes. A elección que afronta o mundo árabe non é entre ditadura e democracia, senón entre ditadura laica e democracia islámica. No mundo árabe hai numerosos líderes autoritarios e pro-occidentais, pero a povoación é antioccidental (...) Sabemos ben que estes réximes dan estabilidade á rexión, están do lado de EE.UU., mesmo a favor de vivir en paz con Israel. Pero as masas que se opoñen a estes líderes fano, xustamente, por seren corruptos, autoritarios e pro-americanos. Non podemos levar a cabo este discurso con estas contradicións. Se apostas pola democracia, que sexa a de verdade. Non temos máis remedio. Iso é o que demostrou a vitoria de Hamas. O terceiro nivel é que nun futuro inmediato quedou totalmente descartada a posibilidade dun acordo entre Israel e Palestina. Agora ben, esta posibilidade tampouco existía antes da vitoria de Hamas.
Non creo que Hamas diga mañá "abandonamos o terrorismo" ou "recoñecemos o estado de Israel", pero empezará a empregar matices porque precisa da axuda internacional (...) Non podes estar no governo e enviar xente nova a suicidarse. Non ten moito sentido.
Creo que os líderes de Hamas están cualificados para governar, aínda que veñen dunha total virxinadade política. Veñen do povo e están moi atentos ao que este reclama. De feito, o de presentarse ás eleccións e abandonar o terrorismo é unha demanda dos palestinos, que están esgotados e queren paz e prosperidade. Hamas é un movemento máis pragmático do que normalmente se pensa. Ao mellor a democracia áraba pasa por unha democracia islámica e isto é un primeiro paso. En calquera caso, é bo que governen porque governan é defraudar. O poder mancha. E eles teñen o apoio que teñen por seren virxes. Pero van mancharse...

Shlomo Ben Ami, 62 anos, en entrevista para a revista XL Semanal, nº 954, 5 de febreiro de 2006.

dois: o pasado

(Os desafíos para Galiza son) El cambio climático, las nuevas tecnologías y la crisis de los valores morales. Galicia los tenía bien arraigados, pero ahora existe un intento constante de minar las bases morales. Se deben reconocer situaciones de hecho de parejas provocadas por el capricho de la naturaleza, pero no se le puede llamar a eso un matrimonio. Hoy por hoy, el número de bodas civiles, que no se hacen con el ánimo de establecer lazos perdurables, son mayores (...) No censuro el matrimonio civil. Quiero decir que la familia está siendo tirada por todas partes. Y es la fuente de la que nacen las demás obligaciones sociales. Hoy leemos noticias de hijos pequeños que pegan a sus madres... Por eso creo que el mayor problema es la decadencia de los valores morales. Puede haber valores morales sin religión de por medio, pero el resultado por el momento no es muy positivo. Sobre todo cuando vemos que la actual forma de vida amenaza a las generaciones jóvenes. Yo he vivido los últimos meses en Santiago en medio de la movida. Sé lo que es que te toquen el timbre de tu casa a las cinco de la mañana, mientras oyes a chavales borrachos y chicas borrachas canturreando por la calle soplados.

Manuel Fraga, 83 anos, expresidente da Xunta de Galicia, en entrevista para La Voz de Galicia.

três: o futuro

Pather Panchali, de Satyajit Ray, na madrugada do domingo ao luns na 2 de RTVE, un extraordinario comezo para un agardadísimo ciclo ao mestre indio.

quatro: a Perspectiva Brusque

Poderiamos chamala tamén perspectiva Ziguinchor ou perspectiva Bhubaneshwar : cada vez que a prensa, radio e televisión ocupen masivamente os seus espazos con supostos choques de civilizacións ou pretendan meternos medo co inimigo infiel, mediten durante uns minutos sobre como cren que lles afectarían esas mesmas noticias se en vez de vivir na Coruña, por exemplo, residiran en Santa Catarina, alá no Brasil, ou na Casamanza senegalesa, ou no estado indio de Orissa. Uns minutos, nada máis. Fagan a proba.

2006-02-05, 19:02 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/37188

Comentarios

1
De: Subcomediante H Fecha: 2006-02-05 19:33

bfff, isso de democracia islâmica parece-me uma contradiçom nos próprios termos. Arafat, I miss you.



2
De: ifrit Fecha: 2006-02-05 20:20

un: está interesante esta breve entrevista : http://www.nytimes.com/2006/02/05/magazine/05wwln_q4.html?ex=1296795600&en=8334f5ddf79a8e13&ei=5090&partner=rssuserland&emc=rss

dous: A última frase o mellor de Fraga XD

tres: Cine para noctámbulos e parados. Compren lectores de dvd pero non tiren os seus videos :D

catro: A cousa saiuse de nai... esperemos que non vaia a maiores... :(



3
De: ifrit Fecha: 2006-02-05 20:26

A ligazón e grande de máis...
Usade estoutra: http://tinyurl.com/azrgx



4
De: Óscar Fecha: 2006-02-06 09:19

Respecto ao asunto dunha democracia islámica, eu creo que estamos vivindo unha especie de ensoñación do que representa Hamas.
É recurrente, pero nestes casos hai que ver as cousas tamén desde a outra prespectiva: a caso o triunfo de Hamas, non é o fracaso dunha certa maneira de instaurar unha seudemocracia na Palestina árabe?
Non é tamén, doutra volta un fracaso máis dunha República de Weimar?
O acceso por medios democráticos de partidos antidemocráticos non constitúe a verdade algo do que reflexionar máis aló de simplesmente dicir que "triunfou" a democracia.
O fracaso de Weimar na Alemaña dos anos 30 foi visíbel na irredenta actitude dos partidos alemáns de non entrar nun xogo de alianzas máis aló da cor política.
Hamas venceu, e iso é algo indiscutíbel, máis tamén o nazismo pasou polas urnas.
A terríbel idea de que o goberno matiza ou modera o radicalismo das propostas partidistas é un craso erro.
Nin serviu para que se moderase o réxime ayatolá, nin o cambodiano, nin evitou que houbese Revolución Cultural na China maoista...
Talvez o pobo palestino demande paz e prosperidade, pero eu só vexo no discurso de Hamas unha reviravolta sobre unha maneira de entender o Islam, máis próxima o réxime iraní que ao turco.
E boto en falta a un Churchill na retaguardia capaz de ver o que vén.



5
De: Larvós Fecha: 2006-02-06 21:55

Quédome coa última parte do texto. Ao leela veume a cabeza a imaxe deses pesadiños que, porque un día o tren chega dez minutos tarde, comezan a berrar “e que estamos nun puto país terceiromundista”.

Supoño que non son quen de imaxinar o que debe ser ter ao fillo doente, e que o médico menos afastado estea a oito centos quilómetros... e ainda por riba sexa de pago.



6
De: Pedro Lemos Fecha: 2006-02-09 04:35

Brusque é aqui do lado ... uma bonita cidade, de fato, de colonização alemã e cheia de gente bonita. Sim. Concordo contigo: devemos sempre ver os fatos de outro ponto de vista ... outras perspectivas são determinantes na hora de tomar conclusões .. Sobre o que está acontecendo no Oriente Médico, assino embaixo do que Hushdie escreveu ano passado: falta dar oportunidade aos povos do Oriente conhecer um pouco do iluminismo .. Curiosamente, acho que estamos precisando seguir o mesmo conselho!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.167.215.35 (f09bef978c)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley