Hoxe sábado a iso das 12:30 no apartado de cinema do Extrarradio falaremos da recén estreada Walk the line, de James Mangold, biopic excelentemente interpretado que repasa os momentos máis turbios e os máis gloriosos da vida de Johnny Cash. As nominacións aos Oscars que se deron a coñecer o pasado martes ocuparán algúns minutos do espazo, con especial atención á candidatura de Alberto Iglesias que sorprendeu a todos aqueles que non se enteraron de que xa estaba entre os finalistas aos BAFTA británicos. E, para rematar, unha conversa con certeza apaixonante co que é na miña opinión o mellor columnista hoxe por hoxe da prensa galega: Xosé Manuel Pereiro, un tipo xenial.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.