caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Rinoceronte
> Rinoceronte <

Paso pola oficina de correos para recoller os dous primeiros libros lanzados por Rinoceronte, o máis estimulante proxecto cultural que apareceu no noso país en moito tempo. Seda, do italiano Alessandro Baricco, e O bosque dos raposos aforcados, do finlandés Arto Paasilinna, inauguran o catálogo dunha editorial que nos proporcionará satisfaccións literarias a feixes. A edición é aínda mellor do que agardaba. Os volumes son verdadeiramente fermosos, sen luxos pero coidados até o máis mínimo detalle, con capa branda e flexíbel (¡odio as tapas duras!), un deseño elegantísimo e versátil que seguirá sendo moderno dentro de vinte anos e un formato e unha tipografía que facilita a cómoda lectura. Fáganme caso: subscríbanse, que paga moito a pena.

Con Moisés Barcia, unha das cabezas visíbeis deste Rinoceronte, conversaremos este sábado a iso das 12:30 no apartado de cine do Extrarradio que presentan Belén Regueira e Eduardo Herrero na Radio Galega. Intentarei que nos explique o seu curioso interese pola cinematografía checa en xeral e pola actriz Anna Geislerová en particular.

2006-01-28, 02:06 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/36949

Comentarios

1
De: Pedro Fecha: 2006-01-28 11:25

Ten boa pinta, ¿podería dicir qué fixo o deseño da colección?



2
De: Moisés Barcia Fecha: 2006-01-28 11:33

O deseño das coleccións, así como o logo do rinoceronte, son obra da deseñadora viguesa Ana Tenorio.



3
De: Pedro Fecha: 2006-01-28 13:17

Gracias pola información. Son libros fermosos e elegantes. Felicitacións á deñeñadora, e sorte para vos nesta empresa. Por certo, Anna Geislerová? Mira que hai xente rara no mundo...:-)



4
De: peke Fecha: 2006-01-28 17:30

Ten un reto en gradicela. Pase por alí. :)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.227.126.69 (ca58b4fcd4)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley