caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio
> Extrarradio <

Extrarradio. Ese é o título do novo programa que mañá comenza na Radio Galega, que por certo pode escoitarse a través de Internet. Os sábados de 11:05 a 14:00 e os domingos de 10:00 a 13:30, da man de Belén Regueira e Eduardo Herrero. O sábado a iso das 12:45 haberá un apartado sobre actualidade cinematográfica que incluirá, tamén, unha pequena conversa con algún personaxe máis ou menos coñecido que nos descubrirá as súas filias e fobias fílmicas. O de mañá será José Luís Losa, crítico de "El Correo Gallego", programador de "Cineuropa" e autor dese magnífico libro vermello que asoma aí abaixo pola dereita.

Adiviñen quen guiará esa parte do "Extrarradio".

2006-01-20, 21:30 | 19 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/36749

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2006-01-20 22:01

Espero que os responsables do espacio lembren que a audiencia somos maioritariamente xente maior e do rural, e que nos gusta o cunfú.



2
De: mourullo Fecha: 2006-01-20 22:35

Parabéns. Agardo que toda a polémica sobre o programa sexa o mellor dos acicates.



3
De: SHS Fecha: 2006-01-21 00:31

Noraboa e mire por onde pisa. Por certo, en que película pasaba que había un sindicalista que polas mañás debatía ferozmente coa dirección da empresa na que traballaban os afiliados ó seu sindicato e pola tarde explotaba ós seus propios traballadores sen recoñecer ningún dos dereitos que esixía pola mañá? Recorda como acababa?



4
De: ifrit Fecha: 2006-01-21 00:34

O cinema na radio sempre foi unha cousa algo difícil, a ver que tal se che dá ;)

Unha aperta e sorte :) Estaremos sintonizando



5
De: IVAN Fecha: 2006-01-21 00:38

Noraboa non esperaba menos de vostede, saudos do sector guerrilleiro de az, espero que maña se estire e convide a cervexa centenaria



6
De: óscar Fecha: 2006-01-21 09:30

Eu non conseguín escoitalo por internet. O Real Player non o teño e, polo que se ve, para descargalo é necesario introducir datos bancarios. A outra opción, a de escoita-la galega con Windows Media tampouco funciona: recibo a mensaxe: El Reproductor de Windows Media no puede reproducir el archivo porque el servidor no responde. Informo. Encenderemos a radio de toda a vida :-)



7
De: Pedro Lemos Fecha: 2006-01-21 13:52

Parabéns, Martin! Consegui ouvir muito bem daqui .. Pareceu-me tudo bem daqui. Certo que a "temporada de estréias" a que te referiste começa mais tarde por aqui .. HAHAHA .. Olhe só o que temos à disposição atualmente:

http://www.guiafloripa.com.br/lazer/cinema.php3

Tá certo. Há algo de bom. :- ) Un aperta!



8
De: goretti Fecha: 2006-01-21 14:20

Noraboa, Martin. Estarei a escoita.



9
De: ifrit Fecha: 2006-01-21 15:02

Case se me esqueze!! Encendinno xusto a tempo!! :)

Curto pero intenso ;) Estivo ben. Unha cita máis co cinema :)

óscar, o Real Player ten unha versión gratuita que é suficiente para escoita-la radio galega ;)



10
De: Martin Pawley Fecha: 2006-01-21 18:29

Hehehe, Pedro: que bonito o título brasileiro de "Torremolinos 73": Da cama para a fama.

Grazas a todos polas vosas palabras. E encántame iso de que a xente escoite a radio galega por Internet, mesmo desde Florianópolis. Que alguén avise aos do EGM! ;-)



11
De: Boss Fecha: 2006-01-21 18:33

Raios, adormeci! E não está no "Rádio à carta" :(



12
De: Martin Pawley Fecha: 2006-01-21 18:51

Pois mañá non deixes de escoitalo, Boss, que atoparás cousas que han de interesarche moito.



13
De: Plattdorf Fecha: 2006-01-22 13:18

Hei, pois a min desde Berlín funcionoume tanto co Real como con Windows Media. Pero en fin, iso foi onte, que hoxe non acordei a tempo...



14
De: Depósito Fecha: 2006-01-22 20:25

Lástima..., eu non puiden escoitar...



15
De: Edu Fecha: 2006-01-23 09:22

Parabéns Sr Pawley, ainda que vostede xa sabe que eu só lle escoito a Cope.



16
De: folerpa Fecha: 2006-01-23 10:00

Parabéns Martin, a próxima fin de semana estarei á escoita.



17
De: pol Fecha: 2006-01-25 21:07

¿"(...)magnífico libro vermello que asoma aí(...)"? .... xa empezas no primeiro programa co "peloteo"... jejeje... vémonos!



18
De: Martin Pawley Fecha: 2006-01-26 13:03

É que é magnífico, pol! Pregúntelle á súa irmá ;-)



19
De: pol Fecha: 2006-01-26 21:18

ao final a minha irmá non o tén. así que, melhor, non lle pregunto ;-)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley