caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > "Como en todas las ciencias"
> "Como en todas las ciencias" <

La Voz de Galicia ten, disque, libro de estilo, pero iso non impide a aparición ocasional de disparates coma este que publicaron hoxe as páxinas curuñesas. Sería interesante saber que opina a defensora do lector dese exemplo de "xornalismo imparcial e rigoroso": unha pequena entrevista á "prestixiosa" Marilyn Rossner, muller multiusos que adiviña o futuro, contacta con espíritos, bota parrafadas coa Virxe e difunde as bondades do yoga. La mejor médium del mundo, en definición de Patricia García, a autora dunha reportaxe indigna dun xornal que se pretenda serio e que se atreve a formularlle á señora Rossner esta pregunta:

-Como en todas las ciencias, siempre hay algún incrédulo. ¿Qué opina de ello?

2006-01-17, 21:35 | 16 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/36643

Comentarios

1
De: Xose Fecha: 2006-01-17 21:54

Xa sei que dicir estas cousas é unha invitación (que non poucos han aceptar) a tomarme por gilipollas, pero a min non me parece para tanto. Estes temas están a cobrar moito interese. Sobre todo desde que aos físicos cuánticos lles da por darlle a razón aos místicos (ou case). En fin, espero que cando menos se me conceda a avantaxa da dúbida e non se me tome directamente por un capullo, pero creo que nestes temas, como en todo, hai que saber separar o gran da palla. Si, é certo, 99% é palla, pero hai xente seria e intelixente adicada a estudar a parapsicoloxía, do que é boa mostra o grande número de psicólogos transpersoais que están agora a publicar obras moi interesantes. Non é que digan “que falan coa virxe”, senón que din que a realidade está a resultar moito máis complexa do que pronosticaba o materialismo cartesiano. A nosa percepción da realidade está limitada polos sentidos, pero iso non significa que a realidade remate alá a onde os nosos sentidos non chegan... en fin. Non se me explico. En fin. Quero dicir que se pode estar interesado nestas cousas sen ser (cando menos non absolutamente) gilipollas.



2
De: Vendell Fecha: 2006-01-17 22:11

Xose, ¿en qué lle dan a razón (ou case) os físicos cuánticos aos místicos? ¿Non será que os místicos están achegando a súa sardiña atopada por casualidade nunha beirarúa á caixa de peixe que a ciencia sacou con moito esforzo do mar das ignorancias ?¿Qué son os psicólogos transpersoais? ¿Qué importa que sexan moitos ou poucos os que están interesados pola parapsicoloxía?

Por suposto que non penso que sexa vostede gilipollas, faltaría más. Só lle invito a que revise de xeito crítico o que lle contan. Porque, ¿quen lle di que ese 1% tamén fosen uns mentiráns, só que máis refinados?



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-01-17 22:54

A cuestión, Xosé, non é tanto a maior ou menor credulidade ante as cousas que din/fan persoas como Marilyn Rossner, senón en manter un certo escepticismo ante o que nos contan, en xeral. Parece obvio que a autora desa reportaxe parte dun convencimento absoluto das capacidades de Marilyn Rossner, malia chocaren frontalmente con feitos que aceptamos como verdadeiros; iso, penso, non é un exemplo de "bo xornalismo". Tampouco parece moi rigoroso comparar as prácticas de Marilyn Rossner con "outras ciencias", fundamentalmente porque o que fai Rossner non é ciencia (os seus resultados, caso de habelos, non poden reproducirse de maneira controlábel, e ademais non posúen unha explicación razoada). Partindo do máis absoluto respecto por vostede e por calquera outra persoa, o único que pretendo é, como di Vendell, convidalo a facer un mínimo exercizo de escepticismo.

Teño amigos que ao longo das súas vidas pasaron centos e centos de horas escrutando o ceo nocturno. Xamais viron un ovni. Moitos cidadáns, porén, ven ovnis a pouco que os busquen. Quizá é que estes últimos, por posuíren menos coñecementos sobre o ceo, interpretan de maneira equivocada feitos que teñen unha clarísima explicación astronómica. Fáltalles, pois, coñecemento, pero sobre todo fáltalles a prudencia da dúbida, ou o que é o mesmo, non crer as cousas sen pensar minimamente nelas, sen preguntarse se hai outras posibilidades.



4
De: Tawil Fecha: 2006-01-18 00:11

Ia escrever algo muito similar ao dixo Martn Pawlay, asim que nom tenho que engadir rem.



5
De: Hai Cada! Fecha: 2006-01-18 01:42

É curiosa a pregunta que vostede comenta: parece máis convencida a propia entrevistadora que a entrevistada, que, en comparación semella ata moderada co do "sano escepticismo".
Saúdos.



6
De: jorge Fecha: 2006-01-18 07:08

moi poucas entrevistas se poden ler (escoitar, ver) hoxe en día nas que o entrevistador non lle faga á rosca ó entrevistado, este non máis ca un caso máis...
En calquera caso eu non son moi amigo de dudar (rirme, menospreciar...) as creencias dos demáis (aínda que de vez en cando me conceda o pracer de facelo) pero o menos que poden facer e recoñecer que son so iso "creencias" e que as aceptan porque lles da a gana ou lles apetece, sen estar basadas en nada e moito menos na ciencia.
No mundo do cine e da música hai milleiros de anécdotas que ninguén pode asegurar que sean certas e que seguramente unha porcentaxe moi alta sexan mentira, pero a min na maioría dos casos gústame pensar que son verdade porque son divertidas, ou ocurrentes, ou engrandecen a persoa do meu admirado, e non por iso as defendo como cousas que pasaran sen dúbida ningunha, en fin.



7
De: caravelete Fecha: 2006-01-18 14:20

Cada quen ve o que quere ver. Os que queren ver ovnis venos, o que pasa é que estaban nos seus ollos, non no que pensaban que miraban. A prestixiosa bruxa esa non será nunca capaz de adiviñar ningún futuro que non sexa quen de imaxinar, "ergo", se efectivamente puidese prognosticar o futuro ¡este estaría limitado ó que ela poda imaxinar hoxe! (por que será que ningún futurólogo nin ningún guionista ou escritor de ciencia ficción aventurou antes dos anos 90 que a estas alturas habería un aparatiño para levar no peto que nos permitiría falar por teléfono sen fío ningún).
O malo é que nun xornal desa difusión estas cousas intoxican, a estupidez retroaliméntase doadisimamente, e a poucos lles soa raro o de "ciencias ocultas", cando son termos que se exclúen mutuamente.



8
De: mourullo Fecha: 2006-01-18 18:44

Estou con Hai Cada! E diría incluso que a periodista semella máis convencida ao progresar a entrevista, e pode que incluso con un chisco de desdén na última pregunta ao falar deses "incrédulos", que só lle queda por engadir "como siempre dando la nota".



9
De: jorge Fecha: 2006-01-18 19:12

amigo "caravelete", se veu vostede "2001" de Kubrick e Clark, pasou por alto o detalle de que cando o comandante chama á casa e lle pregunta á súa filla que regalo quere polo seu cumpleaños, esta contéstalle que UN TELÉFONO.
Non, non hai adivinos, pero si xente moi lista, ou moi desperta, como queiran...
por certo, o que si que se lles pasou por alto ós dous repunantes (que diría miña avoa) foi o de internet, eso que por aquela época o exército norteamericano xa traballaba nalgo así.



10
De: Martin Pawley Fecha: 2006-01-18 20:25

Anda, mourullo, ¡pero se ten blog, e todo!



11
De: leco Fecha: 2006-01-18 23:32

Eu coñezo desde cativa, de cando veraneábamos no mesmo lugar, un timador deses, que para máis señas é de Compostela e participou naquela Casa dos Horrores hai uns aniños. Xa era o mesmo impostor daquelaque é hoxe; só que o resto dos nenos pasabamos del olimpicamente. Creo que son da xente máis intereseira e parasita que existe.



12
De: mourullo Fecha: 2006-01-19 01:06

Glups!



13
De: Martin Pawley Fecha: 2006-01-19 11:29

leco, ese tamén ten blog ;-)



14
De: oko Fecha: 2006-01-19 15:05

catro anos de carreira para acabar entrevistando mediums, e inda por riba facelo mal. que bonito panorama de futuro!



15
De: Santi Molezún Fecha: 2006-01-28 04:06

No sé exactamente quien eres, pero me encantaría saberlo, para que me contases cara a cara lo que aquí estas contando sobre mi. Mala memoria tú tienes, para mentir de esta manera sobre Coroso, el sitio del que mejor recuerdos guardo de toda mi puta vida. No solo era querido, sino que sigo siéndolo de los que actualmente siguen ocupando el difícil puesto de amigos.
Veranos que viví de los 8 años a los 20, con una súper pandilla que adoraba, y me adoraban, con los que convivía durante 2 meses todos los años, ¿de donde sacas que pasaban de mi olímpicamente?.
He leído de todo, pero por lo menos inventa otra cosa.
No me considero ningún impostor, ya que nunca he dejado de ser yo mismo y nunca usurpé ninguna personalidad falsa, y nunca he estafado a nadie desde hace 25 años que trabajo. Soy un profesional del esoterismo, algo en lo que tú y otros que leo no creéis, pero pienso que el respeto no debe perderse nunca, aunque no sea tu religión o creencias esta ahí, y ha estado ahí desde que el hombre es hombre y estaba en las cavernas. Antes que Cristo.
Escribir los periodistas sobre brujos, videntes, adivinos, no es nada malo, solo un reflejo de el siglo XXI, y es noticia desde el momento en que existe. Al igual que se escribe de otras cosas, o personajes, o profesiones, desde un electricista, a un fontanero, a un medico, a una prostituta, un empresario, una tienda, un músico o un sacerdote.
El periodismo debe reflejar una crónica social que es a buen seguro la que todos vivimos y nos rodea cada día.
No hace falta estar conformes, o de acuerdo con lo que leemos. Yo tampoco lo estoy cuando leo las crónicas o notas de prensa falsas de los Gabinetes de prensa de los partidos políticos, o del ayuntamiento, o cuando escucho la radio, o leo artículos de algunos críticos de cine, y firmas colaboradoras de un periódico. Puedo criticar lo que dicen, pero no que lo hagan. Están en su derecho.
Porque al igual que a veces si me gusta lo que leo, y me parece que lo estoy escribiendo yo mismo, entiendo que cada cual respeta, ama u odia, lo que le da la gana, y notifica sobre lo que desea, siempre que piense que haya gente que lo vaya a leer.

No soy interesado en absoluto, te vuelves a equivocar, de hecho nunca pido un favor para mi mismo a toda cuanta gente importante conozco, y parasito mucho menos, porque no vivo de nadie desde que tenía 17 años.
Mi trabajo es igual de respetable que el tuyo, y si alguien ha estudiado 5 años una carrera, yo he estudiado 25 todo lo que sé, y sigo aprendiendo día a día.
Limitar un conocimiento a unos libros de texto, y a unos catedráticos que han estudiado los mismo libros, u otros mucho más caducos, es limitar e infravalorar la inteligencia humana u otro tipo de formas de aprendizaje mucho más antiguas y autónomas. Pienso que muy completas, y libres de muchas manipulaciones socio políticas que tiene cualquier carrera estatal de hoy en día.
La sabiduría se aprende del Maestro al alumno algunas veces, pero no siempre, a veces el maestro puede ser la vida, otras ser un experto que te enseñe en persona, otras los libros sin limites que vas almacenando toda tu vida, otras esta en leer nuestro propio libro interno de todas nuestras vidas anteriores, otras en la simple experiencia y las repeticiones constantes hasta la consecución de un fin concreto. A través del fallo es como mejor se aprende en todo, a través de la experiencia.
Pero no se debe limitar solo a los que tienen dinero para estudiar una carrera de 4 años, toda la sabiduría del mundo. Yo solo estudie hasta 7 de EGB, y en cambio escribo mucho mejor que muchos que son de letras, y gano más dinero que cualquier abogado. Tengo empleados a quienes les pago la seguridad social, y declaro mis impuestos como los demás. De hecho estoy dentro de la epígrafe de mi profesión en la Seguridad Social y pago mis autónomos desde hace años.
¿Qué es criticable?, ¿que sea mejor?, ¿que sea autodidacta?, o ¿que gane más con menos esfuerzo?, eso en mi país se llama inteligencia y a lo tuyo: envidia, ¿como se llama en tu “mundo”?
En ese programa que criticas gane más pasta y fama que tú en toda tu jodida vida, y tan solo con dejar que me grabasen 1 mes y medio y vivir a todo lujo como en un hotel de 5 estrellas.
¿Cuanto habría que apostar para saber si TÚ serías la primera persona en participar en un Gran hermano de estos, en el que te pagasen medio millón cada día?. Ahora dime que no…y miente de nuevo.
Mira la vida dura dos minutos, y yo no soy ningún subnormal, cada vez que pueda ganar esa cantidad de dinero por nada, lo seguiré haciendo mil veces, y después lo disfrutaré en privado con los que realmente quiero. Importándome una mierda tu jodida envidia y critica barata basada en resentimientos pasados.
Mi consulta la tengo llena de gente que cree en mi, y en mi trabajo, sinceramente, solo hay que verlo, ellos salen contentos de algo que pagan, y les vale para estar mejor, y vuelven 1 o 2 veces al año, otros 1 o 2 veces cada 3 meses… otros más.
Muchos tienen varias carreras universitarias, los hay abogados, médicos, políticos, actores, alcaldes, jueces, policías, prostitutas, electricistas y hasta los hay que son psicólogos… Realmente por que no os planteáis que si toda esta gente viene y repite tantas y tantas veces desde hace años… será por algo.
Nadie paga 120 euros por nada repetidamente…
Nadie es imbecil, no infravaloréis a más de 1000 personas al mes, porque me parece completamente facha.
Un saludo
Santi Molezún



16
De: Tawil Fecha: 2006-01-28 21:51

Aproveitar-se da credulidade da gente nom é respeitavel. E mau quando se fai crendo nelo (pois é um dano do que o o ejecutor nom se decata) , pero ainda é pior quando um escuda-se em que é um emprego ou um jeito de ganhar quartos aproveitando-se das debilidades culturais dos coitados.

A sua pseu-ciência é perigosa e nom fai bem a niguem. Vostede nom da um serviço, vostede chucha coma os mosquitos o sangue daqueles inseguros que recorrem ao autoengano para nom aceitares a realidade. O demais som escusas.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.28.114 (cacf119200)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley