caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Quadrilha quadro a quadro
> Quadrilha quadro a quadro <

Brasil, finais do 2005. Unha profesora de literatura pídelles aos seus alumnos, dun curso equivalente ao noso actual segundo de bacharelato, que fagan un traballo "diferente" con base nun destes tres autores, Vinícius de Moraes, Cecília Meirelles e Carlos Drummond de Andrade, representantes do estilo modernista. Dous xoves, Vítor e Cayo, elixen a este último, en concreto o seu poema Quadrilha:

João amava Teresa que amava Raimundo
que amava Maria que amava Joaquim que amava Lili
que não amava ninguém.
João foi para o Estados Unidos, Teresa para o convento,
Raimundo morreu de desastre, Maria ficou para tia,
Joaquim suicidou-se e Lili casou com J. Pinto Fernandes
que não tinha entrado na história.

E metidos na tarefa de facer un traballo "diferente", optan por ilustrar eses versos cunha animación en Stop Motion, ao máis puro estilo George Melies. Xa saben: imaxes obtidas fotograma a fotograma, mudando minimamente a posición dos obxectos rexistrados entre cadro e cadro, e reproducidas logo ao ritmo habitual de 24 fotogramas por segundo para crear a sensación de movemento continuo.

Froito do seu esforzo e de resolver a longa serie de dificultades que un atopa na práctica despois de ter ideas así de xeniais, Vítor e Cayo acabaron producindo un fantástico vídeo de 1 min 53", empregando para o off a voz do propio Carlos Drummond de Andrade. Poden descargar o vídeo neste enderezo, pero recoméndolles primeiro que lean o delicioso blog que crearon especificamente para a súa difusión. Vaian alí e déanlles os parabéns, que ben os merecen.

2006-01-11, 12:28 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/36450

Comentarios

1
De: Cayo... Fecha: 2006-01-11 17:58

Obrigado por indicar... =)
Martin, o link parece estar funcionando... A idéia é que a pessoa clique com o botão direito e selecione "Salvar o destino como..."
Baixar o vídeo e depois assistí-lo...
Enfim...

Abraços e obrigado novamente...



2
De: fredy Fecha: 2006-01-12 14:54

Olá cada vez coisas mas interressante, muito intrutivo...abraço.. eobrigado por sempre estar nas atuaçoes....abraço
fredyfevereiro



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-01-12 14:55

O Rio de Janeiro continua lindo
O Rio de Janeiro continua sendo
O Rio de Janeiro, fevereiro e março
Alô, alô, Realengo - aquele abraço!

Non sabe você, Fredy, canto quería eu ter esta canción. Obrigado, mestre!



4
De: Gusa Fecha: 2006-01-13 09:28

O vídeo é fantástico!!

Fredy, o próximo día voute facer unhas peticións se é posible ;-))
Obrigados pola túa arte!! Encántanos irte ver!!



5
De: mourullo Fecha: 2006-01-13 15:46

Que ben lle queren, Pawley:
"Gracias, Manuel Fraga, por editar libros sin sentido para una Ciudade da Cultura donde el canto apologético a la obra de los conselleiros y los estudios universitarios de conocidos y parientes conviviría con Castelao, Dieste, Pimentel, Otero Pedrayo, Pawley, Méndez Ferrín, Rivas, De Toro, etecétera".

http://periodistas21.blogspot.com/2006/01/dos-millones-de-libros-tirados.html#comments

;-)



6
De: Martin Pawley Fecha: 2006-01-14 10:55

Mimadriña, non sei ben como interpretar iso...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.147.237.64 (d9edc61e32)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley