caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Feliz 2006
> Feliz 2006 <

Cando era neno nunca me daba tempo a comer máis de tres ou catro uvas ao ritmo marcado polas campás do reloxio da Porta do Sol. Agora tampouco, pero polo menos son quen a metelas todas dentro da boca para ilas mastigando con calma durante os primeiros minutos do ano novo. De rapaz nin sequera chegaba a iso: era todo un coller as uvas e botarme a rir ás gargalladas case sen control, dificultando por contaxio o intento dos meus irmáns de acompasar os froitos aos sons do badalo. Acababa un ano e empezaba o seguinte rindo, e abofé que ese non é mal xeito de facer as cousas. Logo acostumaba a asomarme pola fiestra quizá na espera de que a mudanza do calendario viñera acompañada por algún fenómeno recoñecíbel, algún xesto que fixera explícito o cambio de díxitos; pero o único que chamaba verdadeiramente a atención era a xente facendo cola enfronte da miña casa, agardando por un taxi e disposta para unha noite longa que acabei descubrindo tan fermosa e tan absurda como calquera outra.

Nada é o mesmo, nada permanece, e ademais ningún momento é inapropiado se do que se trata é de transmitir bos desexos, cargados, alá ao fondo, de sincera confianza no ser humano (en quen senón?). Que o 2006 lles traia a todos moita felicidade. E se a felicidade lles chega, fagan por repartila.

2006-01-02, 00:43 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/36194

Comentarios

1
De: jorge Fecha: 2006-01-02 06:26

se a felicidade non se reparte non é completa, diso estou convencido, non sei se equivocado, pero convencido
bo ano, boa saúde, boa literatura, boa música, bo cine, boa conversa, bo licorcafé, bos paseos, bo tempo (este ano especialmente), bo...



2
De: jorge Fecha: 2006-01-02 06:27

non confundo "reparte" con "comparte" non, quero dicir claramente "reparte"



3
De: acedre Fecha: 2006-01-02 16:16

Que che vaia ben non so no 2006 senon no futuro en xeral.
Iso de acabar o ano atragantado coas uvas e rindo creo que e universal e tes razon, e boa maneira de acabar un ano.



4
De: IaRRoVaWo Fecha: 2006-01-03 14:36

Bo 2006 e moito humor para este ano!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley