
Certo que hoxe debuta a selección galega e iso, supoño, debe ser un grande acontecemento histórico, pero como nunca tiven grande interese polo futebol eu serei un deses individuos estraños que non verán o partido. Despois do magnífico concerto de Fredy Fevereiro onte no Garufa, co Rodrigo na percusión e a colaboración xa habitual do André, e tamén coa inesperada incorporación dun rapaz novo cuxo nome non lembro tocando o cavaquinho; despois diso, dicíalles, o que me peta é escoitar un pouco máis de MPB, escusa razoábel para achegarse á zona de influencia da noite coruñesa e así, xa postos, parar logo no
Jazz Filloa, na Rúa Cega, un dos locais emblemáticos desta cidade, lugar de paso obrigado ao cal levar
aos amigos e amigas que nos visitan. O Filloa abreu as súas portas o
29 de decembro do ano 1980, así que hoxe cumple xustamente
vinte e cinco anos, unha efeméride que convén honrar debidamente. Cun
carajillo, por exemplo.
¶