Hai un par de anos tiven a oportunidade de ver no choio d'O Suso os deseños orixinais dun libro argallado por Xabier P. Docampo man con man con Xosé Cobas, unha verdadeira alfaia gardada inexplicabelmente nun caixón á espera das mellores condicións para o seu nacemento. Un privilexio, si, este de coñecer de perto a obra de dous xenios, aínda que en ningún caso comparábel ao privilexio infinitamente maior da súa amizade. A ningún dos habituais deste blog se lle escapa a miña profunda admiración pola prosa do mestre, o Rodari da Terra Cha, nin polo trazo xenial do seu inseparábel compañeiro, con quen forma o indiscutíbel dream team da literatura infantil e xuvenil galega, o único xénero no cal a esta parte do telón de grelos temos hoxe por hoxe algo relevante que amosarlle ao mundo, por moito que lles doa aos poetas alegres e outros audaces editores. Hai uns meses faláballes dese fermoso arrouto de imaxinación e liberdade que é A decisión de Valerio, e tamén da tradución española dunha non suficientemente recoñecida novela negra, A chave das noces, escrita nunha época na que Aníbal C. Malvar aínda tomaba cola-cao. Agora acaba de aparecer, e non foi sen tempo, o prodixioso De cores e de amores, o mellor libro que poden regalar vostedes este Nadal.
De cores e de amores fala do amor, por suposto. De todas as formas do amor. Da necesidade de que nos queiran, de abrazar e de ser abrazados. Do amor como unha fábrica de felicidade, como unha explosión alegre que crea e non destrúe. Porque no amor todas as combinacións teñen sempre un resultado positivo.
Si, a reportaxe quedoulle algo bizarra, pero en si mesma non ten grande problema. O problemaé o título e a presentación, cousas das que non sei se el é o responsábel.
Eu de Xabier Docampo lin Cando petan na porta pola noite e O misterio das badaladas. Gostei moito destes dous libros. Cal outro del, ademais de De cores e de amores, me recomendarías? Graciñas
A casa da luz, ou A chave das noces, editada en español co título La llave maestra. Se che gustou moito O misterio das badaladas, proba tamén con O pazo baleiro.
efectivamente, martín: hai cousas que non sabes. tanto da reportaxe de el mundro como da novela negra, aquí e na costa brava. yé que ninguén sabe nada, pero ti pontificas de carayo, nen.
o amigo docampo non é tan ranzzio coma ti. agora estou na dúbida de se ambos os dous seredes máis ou menos ranzzios que leonard cohen..
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)