caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Máis sobre libros
> Máis sobre libros <

um

Según conta nun pequeno solto El Cultural, a librería que máis vende en España é o Cortinglés, co 15% do mercado (sen contar Opencores e Hipercores), seguido dos Carrefules (un 10%) e a FNAC (un 8%). Conclusión típica dun galego laiante: isto é unha desghrasa, non hai nada que faser. Conclusión típica dun optimista que sabe sumar: un terzo do mercado está en mans de tres grandes superficies comerciais. Os outros dous terzos, non.

dois

O Cortinglés ten 75 centros, Carreful 140 e a FNAC só doce. Se a FNAC vende a metade que o Cortinglés coa sexta parte de establecementos, algo bo estará facendo a FNAC, digo eu (no caso dos libros non sei, que non lles compro, pero no das películas podo darlles un feixe de pistas).

2005-12-10, 11:18 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/35498

Comentarios

1
De: mariademallou Fecha: 2005-12-10 11:25

vaia... irei logho ao cortinghlés encarghar un meu libro pra que me poñan ao lado de rosalía?
;)



2
De: silverio Fecha: 2005-12-10 11:34


Unha foto máis xeitosa, Martín...http://www.olifante.com/fernan/ppal.html



3
De: RR Lyrae Fecha: 2005-12-10 14:00

¿Será el 5% de descuento que Fnac ofrece permanentemente en todos sus libros?.



4
De: Xosé Antón Fecha: 2005-12-10 15:04

Iso que na FNAC podes ler os libros e revistas enteiros sen ter que mercalos



5
De: Gourmetdeprovincias Fecha: 2005-12-14 09:57

A diferencia é ben clara: tentade mercar un libro de historia de calidade mínima no Corte Inglés, a ver cantos atopades, e logo pasade pola mesma sección nunha FNAC, tanto en España como en Portugal. Despois desa visita o que sorprende é que a FNAC non teña o 25% do mercado. Ainda que, por outra banda, está visto que o que fai as grandes cifras de venta son a divulgación pouco rigorosa, a novela rosa, os libro s de Ana Rosa, os JJ Benitez e demais familia. Iso explica as porcentaxes.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 107.22.46.150 (aeafe2fbf3)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley