caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Angels in America
> Angels in America <



Con apenas dous anos de retraso chega a España -codificada, iso si- a magnífica adaptación da obra de Tony Kushner. Angels in America conta cun reparto dos que fan época, empezando polos máis célebres Al Pacino, Meryl Streep (sublime en todos os seus papeis, pero especialmente no de Ethel Rosenberg) e Emma Thompson, e acabando polos verdadeiros protagonistas aínda que menos coñecidos Justin Kirk, Ben Shenkman (a quen lembramos en Pi e Requiem for a dream) e Patrick Wilson, presente na horrenda The Phantom of the Opera e na última gañadora do Festival de Sitges, Hard Candy. Engadan á lista outros dous nomes que fan que nos esquezamos de todos os demais cada vez que aparecen na pantalla: a impagábel Mary Louise Parker e o xenial Jeffrey Wright, movéndose con sorprendente naturalidade entre a contención e un certo histrionismo. Feita para a televisión por cabo americana, Angels in America loce un esplendoroso aspecto cinematográfico grazas a un equipo de auténtico luxo no que sobresaen o director de fotografía Stephen Goldblatt, a oscarizada deseñadora de vestuario Ann Roth, o editor e tamén gañador dun premio da academia de cine americana John Bloom, o deseñador de produción Stuart Wurtzel, colaborador de Woody Allen na extraordinaria A rosa púrpura do Cairo, ou o músico Thomas Newman, autor de melodías tan inesquecíbeis como as de American Beauty ou Six feet under.

Rodada con extrema pulcritude por un inspirado Mike Nichols, capaz de saír triunfante mesmo deses alucinantes desvaríos oníricos da trama que nos levan polo camiño da fantasía máis bizarra, Angels in America é un oasis que nos reconcilia coas enormes posibilidades da televisión, ese medio magnífico que de cando en cando nos proporciona froitos excelsos fabricados case sempre no mesmo lugar.

2005-12-04, 01:42 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/35309

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-04 01:57

Unha análise ben detallada da obra de Tony Kushner, aquí.



2
De: mareaberta.blogspot.com Fecha: 2005-12-05 02:50

vaites!!! Parabéns polo blog!!! Gosto dele!!!



3
De: Hai Cada! Fecha: 2005-12-07 19:56

¿Pensas que pode estar ben? Vinna anunciada, pero o tema dos anxos ponme un pouco de mala uva e a descartei... Ainda así, estou disposta a reconsideralo ;-)
Saúdos.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-12-08 17:38

Non, non, non o penso: afírmoo ;-) Tiven oportunidade de vela hai xa cousa de ano e medio grazas a esas redes de intercambio tan ilegais e hoxe por hoxe tan imprescindíbeis para ter acceso a novas propostas cinematográficas (e ás veces televisivas)...

Faga por vela, Hai Cada!



5
De: Hai Cada Fecha: 2005-12-10 22:58

Vou revisar a revista do Digital +, a ver qué me contan.
Saúdos.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.52.8 (b2f138890d)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley