caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > En favor da familia
> En favor da familia <

Unha amiga do centro do universo acaba de botarse ao fascinante mundo da edición. Entregada ao esforzo de poñerse a si mesma as cousas difíciles, decidiu empezar editando libros para rapaces de todas as idades, e non un, nin dous, senón tres, que pronto serán seis ou máis ben doce, porque posta a a complicarse a vida a miña amiga é única e pensou que era boa cousa ofrecer cada volume en dúas linguas diferentes.

A colección leva por nome En favor de la familia e ten como obxectivo redefinir un concepto frecuentemente manipulado, que non é propiedade de ninguén senón que nos pertence a todos por igual. A familia constitúe "o noso lugar no mundo", un espazo para o afecto e a tenrura: "Queremos transmitir ás xeracións futuras que o que define unha auténtica familia é o amor que nos temos os que a constituímos, independentemente do número de persoas que a integramos, do sexo ao que pertencemos, da nosa raza, do tipo de parella que formamos ou de que sexamos fillos biolóxicos ou adoptados", tal e como din as palabras que aparecen na contracapa.

Ana y los patos, escrito por Manuel R. Lorenzo e ilustrado por Bernardo Erlich, é o título que abre a serie de seis. Ana, a nena protagonista, descobre as respostas para as preguntas que está a punto de facerse grazas a un regalo inesperado que recibe das súas nais. Está disponíbel en español e en euskera. Isla mágica, de Raquel Estecha e Ángel Domínguez, é a proba de que algúns soños chegan a facerse realidade se os desexamos coa suficiente forza, a que vén dada pola ilusión e a esperanza. A tradución ao inglés é obra de Simon Gardner. O terceiro dos libros xa á venta, Piratas y quesitos, de Carmen Herrera e Luis Filella, comeza cun neno que non pode durmir porque ao día seguinte marcha de vacacións co seu tío Miguel, que contra o que pensa a avoa do cativo non ten que buscar moza porque xa é noivo do tío Fernando. A versión en catalán, Pirates i pirulins, foi feita por un vello coñecido da blogosfera, Ferrán Moreno.

En poucas semanas sairán tres mais: Material de pintura, de Mauro Montero e Ángel Domínguez (castelán e euskera), El color de la familia, de Bernardo Erlich (castelán e francés) e El día de la Rana Roja, de Esther Elexgaray e Raúl Domínguez, do que aparecerá tamén unha edición en galego, O día da Ra Vermella, que preparou un dos tipos máis encantadores que coñezo. Fican avisados.

2005-11-23, 01:36 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/34987

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-23 02:26

Vaia desde aquí tamén unha pequena homenaxe a María Victoria Moreno, falecida onte por mor dunha pupa cabrona. Milleiros e milleiros de leitores gardan no recordo o seu libro Anagnórise, un dos maiores éxitos da LIX galega, editado tamén en español, euskera e catalán, neste último caso con tradución de J. C. Ortega e Xulio Ricardo Trigo. Non deixen de ler o post de Brétemas.



2
De: Ferran Fecha: 2005-11-23 18:26

Gracias por la mención, Martin. Para mí fue un placer participar en el lanzamiento de la colección, que además me proporcionó otro inmenso placer: conocer a su amiga editora, a Carmen Herrera, a Bernardo Erlich y MH (ideasbrillantes.blogspot.com), que les acompañaba. Y como dije en la presentación del libro en Barcelona, hacía falta algo así para dar a los niños referentes positivos de una realidad que no siempre se les da a conocer.



3
De: Jaio la espía anarquista Fecha: 2005-11-24 01:58

Ya será menos, sultán, que usted es muy poco objetivo con los que considera sus amigos.

Por cierto ¿quién hizo la versión en gallego?



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-25 01:36

A versión en galego fíxoa un rencoroso pancartero.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley