CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > III Xuntanza Xantanza do Blogmillo
> III Xuntanza Xantanza do Blogmillo <

Entre os comentarios ao post titulado Blogs na Voz asomou xa a idea de ir pensando nunha próxima xuntanza da comunidade blogueira galega, a ser posíbel a maneira de xantar, a imaxe e semellanza da que tivo lugar a primeiros deste 2005, é dicir, con bo humor e licor-café caseiro. Xa sei, xa sei, aínda falta moito para o Nadal, pero dado que nesas festas multiplícanse os almorzos e as ceas coas máis inverosímiles escusas, algo de previsión nunca sobra. Sobre todo este ano, abofé, tendo en conta que non imos poder aproveitar os sábados e os domingos por estaren ocupados coa Noiteboa, o Fin de Ano e as conseguintes xornadas de resaca. Existe a posibilidade de trasladalo a unha fin de semana anterior (a do 17/18 de decembro), pero imaxino que eses días en particular van estar inzados de ceas e celebracións varias para case todos; podemos trasladalo á fin de semana seguinte, a do 7/8 de xaneiro, pasado o día de Reis, pero quizá para esas datas xa non estean aquí os blogueiros na diáspora. Existe a posibilidade de transformar o xantar en cea e facelo un venres, pero iso seguramente dificultaría a participación dos blogueiros con fillos pequenos...

A cousa está complicada, pero confío en que a intelixencia colectiva do blogmillo poida ir aportando alternativas viábeis.

2005-11-19, 01:56 | 53 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/34866

Comentarios

1
De: ifrit Fecha: 2005-11-19 05:13

XDD Moi bo o de Xantanza

Eu de aquí a xaneiro non teño pensado ter fillos, así que venme ben case calquera día... é o que ten o paro...

De paso podiamos facer unhas votacións ou algo entre as bitácoras da blogaliza, por categorías ou algo e que os gañadores inviten e tal...



2
De: goretoxo Fecha: 2005-11-19 10:44

eu estarei por corunha noa primeiro fin de semana de decembro... para min o ideal seria "comida o domingo"...
por certo, onde imos facer a votacion?



3
De: ifrit Fecha: 2005-11-19 14:34

Estamos falando de Santiago ou de Coruña? Iso é importante...

A votación pódese facer en calquera bitácora, pero hai que empezar xa que non queda moito tempo... A ver se vai respondendo máis xente :)



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-19 15:39

A primeira vez quedamos na Coruña, e este ano fixémola en Santiago. Quizá fora bo cambiar de escenario, pero imaxino que Santiago é un lugar relativamente cómodo para a maioría.

Goretoxo, con xantanza ou sen ela, se vai estar por aquí a primeiros de decembro avise e quedamos para un café.



5
De: Hai Cada! Fecha: 2005-11-20 13:09

Ufff, qué tentación me estades provocandoooooo.
Creo que estarei pola Galiza en decembro. Xa contaredes algo.
Saúdos.



6
De: dot Fecha: 2005-11-20 13:17

Eu quixera ir, entón voto polo 17/18 de decembro.



7
De: dorfun Fecha: 2005-11-20 13:41

...o meu punto vai por despois do 16, calquera data...



8
De: peke Fecha: 2005-11-20 18:38

Eu, coma sempre, non sei se poderei ir; en calquera caso prefiro xantar e non cea; e prefiro Santiago a Coruña.



9
De: paleón Fecha: 2005-11-20 23:26

Apúntome. Calquera das datas baralladas vaime ben. Tamén me vale calquer lugar ;-)



10
De: folerpa Fecha: 2005-11-21 10:59

Eu apúntome. Calquera das datas baralladas vaime ben. Tamén me vale calquer lugar :-), a pesares dous meus fillos, a súa nai é xenerosa.
Grazas polos consellos e a promoción.



11
De: Subcomediante H Fecha: 2005-11-21 12:12

Eu voto polo 18 de Dezembro (formato ceia) ou o 19 (o formato que seja, mesmo brunch). Melhor em Compostela, ainda que também molaria em Mondonhedo, para comemorar o 522 aniversário da decapitaçom do Marechal (rolho friki-patriótico).



12
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-21 12:28

Polo de agora gaña a fin de semana do 17/18 de decembro, e mais ben con forma de xantar, paréceme...



13
De: Subcomediante H Fecha: 2005-11-21 12:41

Perdom, é que estava a mirar mal o calendário. Ok, 17 ou 18 de Dezembro.



14
De: EMF Fecha: 2005-11-21 14:22

Como lhe som um rencoroso e o licor-café já está quecendo... paso do jantar e direitamente imos a ums pinchos-picoteo?.
Saúde.

PS: Dáme igual a data, agora que estou na Terra :-))



15
De: María Fecha: 2005-11-21 15:33

Se se escolle esa finde, propoño o sábado 18, formato xantar-café-cea-rachí.

Desa maneira a xente poderá escoller, dependendo da procedencia, do tempo e do presuposto que teña, o que lle vai mellor: se o xantar, o café, a cea ou o rachí. Outros viciosos como Pawley e servidora ben lle damos atendido a todo. ;)



16
De: ascárida Fecha: 2005-11-21 18:39

vaime ben calquera día e calquera formato.

se hai xantar propoño cambio de silla cada media hora, ou a min que me senten no alto pra enterarme de todo.

esa idea de día temático con itinerario paréceme ben tamen



17
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-21 21:02

A alternativa xantar-café-cea-rachí do sábado 18 de decembro soa apetecíbel, a verdade... Deixámolo nesa data, parécelles? Algún voto en contra?

E o lugar, cal? Coruña? Santiago? Algunha outra alternativa?



18
De: Hai Cada Fecha: 2005-11-22 02:47

Parece que a esta tampouco...
Por dicir algo, voto por Santiago e o 3 ou 5 de decembre...
Pouca maniobra teño...
En todo caso, que o pasen ben e colguen moitas fotossssss.



19
De: goretoxo Fecha: 2005-11-22 11:33

confirmado: o domingo 4 de decembro hei estar na corunha, nun evento chamado nxconecta montando un obradoiro sobre introduccion aos blogs, e pode ser que unha linux install party. O seu seria despois xantar, nonsi?



20
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-22 12:08

Pois encantado de xantar con vostede ese domingo 4 de decembro.



21
De: Kamikaze Fecha: 2005-11-22 13:02

O 18 está ben. Coruña?



22
De: ascárida Fecha: 2005-11-22 14:01

oian, apuntanme a min a esa minikdd do dia 4?



23
De: Xosé Antón Fecha: 2005-11-22 18:33

Por min calquera sábado ou domingo de decembro estaría ben. Mellor Santiago



24
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-22 22:56

Deixamos xa fixada a data do 18 para a macroquedada do Nadal. Agora toca elixir escenario. Coruña ou Santiago? Eu voto Coruña ;-)



25
De: Arduina Fecha: 2005-11-23 00:09

Un domingo? Non é algo raro?



26
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-23 00:13

Pois non sería a primeira vez que a facemos en domingo, pero a verdade é que me equivoquei...

É O SÁBADO 17 DE DECEMBRO. DE-ZA-SE-TE. SÁ-BA-DO.

Agora digan lugar :-)



27
De: María Fecha: 2005-11-23 00:33

Santiago



28
De: rabudo Fecha: 2005-11-23 00:55

non deixedes de avisar, por si acaso



29
De: María Fecha: 2005-11-23 01:12

Xa que iremos a cara descuberta... convidamos a Fernán Vello?

http://www.galicia-hoxe.com/index.php?option=com_content&task=view&id=10342&Itemid=37



30
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-23 01:51

Mimadriña, isto merece difusión!!!

Mais eu quería falar da ausencia de debate, diálogo e intercambio intelixente de ideas no mundo cultural e literario galego. Neste eido da nosa realidade o asunto resulta preocupante. No único territorio onde "bule" algo a exposición de temas unida ao diálogo e ao debate é nos chamados "blos". Mais neste medio adóitase practicar –coas consabidas e honrosas excepcións– un sospeitoso anonimato que di moito da psicoloxía persoal dos expositores e debatentes. As descualificacións, o desprezo ruín a un contrario, o anonimato onanista, a debilidade argumental, os pequenos odios e outras patoloxías individuais choutan no universo blogueiro con suprema facilidade. Aí tampouco hai debate. O debate esixe a cara descuberta, o nome transparente e a palabra lúcida e limpa.

O debate tamén esixe interese no que se di, supoño. Se Monsieur Fernán-Vello quixera ver a algúns blogueiros a cara descuberta, tíñao moi doado: bastáballe con ter acudido á mesa redonda de primeiros de mes. Preferiu non facelo, con todo dereito: el chegou xusto despois, para a conferencia de Seoane. Mágoa que nós, daquela, xa marchabamos.



31
De: Calidonia Fecha: 2005-11-23 09:35

Eu aposto por cea o sábado 17. E ainda que prefiro Santiago sen dúbida sería moito mellor variar a respecto das veces anteriores. E para comer nada mellor que Lugo. Váleme Ourense tamén. (Séntese polos da Coruña)



32
De: Cesare Fecha: 2005-11-23 10:35

Voto Vigo, pra compensar



33
De: Arduina Fecha: 2005-11-23 11:32

A unica vez que fun a Santiago un sabado pola noite todo pechou moi cedo, non sei se sempre é asi.
Os que non aparecemos no blogomillo estamos convidados?
É que son nova nisto.



34
De: Kamikaze Fecha: 2005-11-23 11:41

Por min, A Coruña, día 17. En Santiago non, que hai redadas.



35
De: ascárida Fecha: 2005-11-23 12:09

17, vale. A min tanto me ten o sitio, pero se teño que mollarme... Supoño que Santiago e o mellor sitio para xuntar desplazados.



Por certo, amigos, xa estou preparando o CENSO 2005. Abrense as apostas?.



36
De: María Fecha: 2005-11-23 12:48

A falta de que Ascárida dea a coñecer o censo, dáme que o número de censados vai obrigar a contratar un salón de vodas para a ocasión. Propoño o Scala de Padrón.

Como Marcial Mouzo, que non se diga. ;)



37
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-23 12:57

ascárida, en canto teñamos o censo disponíbel, preparamos unha mesa redonda para dalo a coñecer, ou unha rolda de prensa. Ou algo. ;-)

Falta por definir como de vivo ten que estar un blog para consideralo en activo, pero posto a dar unha cifra eu digo 280.



38
De: ascárida Fecha: 2005-11-23 13:25

Ben, eliminemos logo esa diferencia entre parados e activos. Que conten todos, polo menos para a aposta ( eu seguirei poñendolles marquiñas).

Ou algo... camisetas con tódalas URI's do blogomillo? :D



39
De: EMF Fecha: 2005-11-23 14:37

Já basta de localismos!.
Voto por Ourense :-P

PS: Pareceme bem calquera lugar, pero estaría bem variar.
PS2: Censo? 369



40
De: Xosé Antón Fecha: 2005-11-23 16:58

Eu calquera sitio menos Coruña. Dame arrepíos tanto trapo colgado



41
De: Plattdorf Fecha: 2005-11-23 18:09

Uf, sábado 17 é xustísimo para que eu chegue, pero creo que chego, se a memoria e Air Berlin non me fallan. Been, beennnn!

Scala de Padrón non por favor. Traeríame lembranzas moi fortes



42
De: opaco Fecha: 2005-11-24 01:10

a opedrinho gústalle Pontevedra para pasear, anque Santiago (e o seu Pazo de Congresos) parece máis axeitado... e 318 ;-)



43
De: ifrit Fecha: 2005-11-24 03:29

Eu voto por Santiago. Os novos teremos que ir cunha pegata destas dos concursos, co noso alcume, o nome da nosa bitácora, etc. :D

Supoño que o censo é de bitácoras escritas en galego... eu digo 322

Parece que a miña iniciativa non tivo éxito :(



44
De: ifrit Fecha: 2005-11-24 03:43

Inda que esto esté practicamente fechado podemos usar este grupo para facer outras cousas no futuro :) http://groups.google.es/group/Blogaliza?lnk=li



45
De: Desorde Fecha: 2005-11-24 19:08

Eu non sei de qué vai nada. Esto é un rollo aberto, pechado, semipechado, semiaberto, divertido, serio....? e logo, teño dúbidas, un encontro (atopo) físico non é escorrentar á máxia dun blog? non mata o misterio?..... logo, de qué se fala ou só se bebe? e cómo lle vou a mirar aos ollos a xente da que sei íntimos conflictos e escuros desexos pero nin sei o seu nome? vai de eso? é un rollo porno espiritual? ......
un mundo de dúbidas
Admítese asesoramento cualificado.



46
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-25 02:00

Desorde, é un rollo obviamente aberto (diga o que diga o alegre poeta), divertido (por suposto) e serio (tamén, claro). Se non quere escorrentar a maxia do blog, pode falar connosco sen preguntarnos pola bitácora, e xa está. Beber, beberemos, e falar, falaremos, e seguramente non de blogs, polo menos durante as últimas dez horas.



47
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-25 02:02

Por certo, se alguén do Alén-Miño quere subir e sumarse á festa, que nin o dubide, que será benvido e agasallado como se merece.



48
De: Paco Penas Fecha: 2005-11-25 07:51

Teño tan mala sorte coas datas das xuntanzas que sempre me pillan de camiño de ida ou volta.
Estarei por aí arredor do vinte para aproveitalas sobras se quedan.
¡Sexan bos e xenerosos!



49
De: dorfun Fecha: 2005-11-26 11:40

...vale 17... vale santiago (viva o mundo motorizado!)... e apunto 350 bitácoras :D



50
De: artritris Fecha: 2005-11-28 21:53

¿onde hai que apuntarse á paparota?



51
De: peke Fecha: 2005-11-29 12:26

Entón, onde e cando é a xantanza? Poden concretar xa?



52
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-29 14:26

Día 17 de decembro, en Santiago. Falta determinar un par de cousiñas menores: o restaurante, os asistentes... ;-)



53
De: O'Xirarei Fecha: 2005-11-29 14:38

Se se confirma o do 17 en Santiago estaría encantado de acudir a unha Xantanza en compaña tan granada. Sigan informando, por favor!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.61 (075cbc2d8b)
Comentario

tradución automática: es pt






doa os teus órganos!



axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos

cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley