caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Ópera do malandro
> Ópera do malandro <

Os habituais deste blog xa saben da miña recoñecida simpatía polo teatro musical e pola MPB. É lóxico, entón, que me entusiasme a Ópera do malandro, a magnífica obra de Chico Buarque, o mellor autor vivo na nosa lingua. A peza, estreada en 1978, foi reposta con enorme suceso no Brasil hai dous anos; a gravación en CD podo ser mercada aquí na Galiza na web de Biblos. Hai unha versión cinematográfica dirixida por Ruy Guerra; non é moi brillante que digamos e de feito elimina algunha das mellores cancións ("Geni e o Zepelim", por exemplo) pero contén case ao principio un estupendo número musical, co personaxe de Max Overseas acompañado dun coro de malandros vestidos, coma el, con traxe branco.

Xuraría ter lido unha entrevista nun xornal na cal o colosal actor galego Carlos Blanco falaba da súa adoración por esta obra, dicindo que soñaba con facela algún día nos escenarios do país. Oxalá tal cousa acabe por acontecer: se algún dos amábeis leitores ten contacto con el, dígalle da miña parte que non espere mais, que se poña mans á obra xa, e que se é preciso iniciamos unha colecta na rede na procura de financiación. O que faga falta con tal de podermos asistir a esa obra, e feita por alguén que sabe.

A volta do malandro

Eis o malandro na praça outra vez
Caminhando na ponta dos pés
Como quem pisa nos corações
Que rolaram nos cabarés

Entre deusas e bofetões
Entre dados e coronéis
Entre parangolés e patrões
O malandro anda assim de viés

Deixa balançar a maré
E a poeira assentar no chão
Deixa a praça virar um salão
Que o malandro é o barão da ralé

2005-10-29, 19:53 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/34216

Comentarios

1
De: Pedro Lemos Fecha: 2005-11-01 02:41

Para mim, esse disco é, de fato, o melhor de toda a língua portuguesa.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-01 10:33

Con certeza, o mellor ha de ser algún de Chico Buarque, pero non sei exactamente cal... Veu você algunha vez a obra escenificada no teatro?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.90.21 (687e7f7a15)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley