caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Broken Flowers
> Broken Flowers <



Gran Premio do Xurado no pasado Festival de Cannes, Broken Flowers (Flores rotas) cóntanos o reencontro dun home con varias das súas antigas noivas na procura de información que lle permita saber cal delas é a nai dun fillo cuxa existencia acaba de descubrir. As catro mulleres son Sharon Stone, Frances Conroy (a nai dos irmáns Fisher da televisiva "A dous metros baixo terra"), Jessica Lange e unha case irrecoñecíbel Tilda Swinton, e o certo é que as súas respectivas historias son bastante frouxas, teñen moi pouco peso, pero o conxunto funciona admirabelmente grazas ao seu grandioso protagonista, Bill Murray, nun deses papeis de home aburrido que non fai un xesto de máis que a el lle saen estupendamente. Murray ten unha poderosísima presenza en pantalla; non precisa facer case nada para captar o noso interese, soportando planos longos que se fundamentan estritamente na súa contención. Broken Flowers non existiría sen el: non hai hoxe por hoxe ningún outro actor no cinema americano que poida encher un filme de semellante economía expresiva, un filme lacónico e minimalista, como de Yasujiro Ozu. (Vieiros, 22/09/2005)

Absolutamente xenial. Unha obra mestra que comeza como unha comedia simpática e vai gañando a cada minuto un delicado pouso de amargura. Vaian vela en canto poidan a pesar da súa (temíbel) dobraxe.

2005-10-29, 01:31 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/34201

Comentarios

1
De: xávi Fecha: 2005-10-30 19:31

Depois de escuitar-te nos Antípodas tenho umhas ganas imensas de ir vê-la!



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-10-30 19:40

Home, alégrame saber que alguén escoita o repaso dos venres ás estreas da semana. Broken Flowers é estupenda, así que vaia vela axiña que estes días acumúlanse os deberes cinéfilos. Sen ir mais lonxe, o próximo venres chega o Match Point de Woody Allen, na miña opinión a mellor película deste ano.



3
De: eu Fecha: 2005-11-02 01:15

Fixenche caso... aínda a estou dixerindo, non é a obra mestra que agardaba (as altas espectativas sempre foden...) e eme dificil sacar a Murray de Lost in Traslation... pero é unha pelicula redonda.... e o último plano ben o mostra ;)



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-02 01:34

Bill Murray paréceme hoxe por hoxe un actor grandioso, mellor nestas Flores rotas aínda que en Lost in translation...



5
De: ictioscopio Fecha: 2005-11-02 19:19

home! mister Pawley, non escoitei aínda ese programa de radio, pero vexo que seguíu a suxerencia que lle fixera hai tempo de facer algo de radio-cinematografía :P



6
De: Martin Pawley Fecha: 2005-11-02 22:58

Seguín, seguín, ou mais ben convidáronme a seguila e eu aceptei encantado...



7
De: yildelen Fecha: 2005-11-02 23:09

¡Se me acumulan las películas! .. Broken flowers, Match Point, Corpse bride.. ¡Menudo fin de semana me espera! :o)



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley