caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Lume, estatutos e valados
> Lume, estatutos e valados <

um

Sempre pensei que o lóxico sería reformar primeiro a Constitución e despois, e só despois, cambiar os Estatutos. Concretando: uns Estatutos que collan dentro da Constitución do 78 dificilmente poden parecerme bos.

dois

A solución para evitar a entrada masiva de inmigrantes en Ceuta e Melilla pasa por darlle mais altura ao valado. Quizá non haxa outro remedio, pero eu non podo deixar de sentir noxo.

tres


2005-09-30, 21:25 | 19 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/33431

Comentarios

1
De: mourullo Fecha: 2005-10-01 13:35

um: non podo estar máis dacordo coa sequencia de feitos da que fala, mais agardemos o camiño deste Estatuto catalán, que despois de lelo e se "colle", traza unha dirección ben interesante.

dois: o asunto en Ceuta e Melilla é tan complicado, tan groseiramente complicado...

Do tres o báner fala por el mesmo.

Peticións: 1) que me recomenda da programación do CGAI de outubro? e 2) agardo que lea o artigo de Santiago Rey o pasado sábado en La Voz, para botar unhas opinións, se lle parece ;-)

PD: Moi instructiva a intervención do dúo Oscar (Agrupación astronómica IO) na Tropa da tralla (Radio Coruña) nun día tan especial.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-10-01 17:38

Petición 1: pois non sei o que botan no CGAI en outubro, porque até onte a web non o dicía. Só teño noticia da homenaxe esa a José García, actor cuxa existencia descubrín lendo unha nota hai dez días no Kursaal...

Petición 2: vou lelo agora mesmiño e logo lle conto, porque a mañá da súa publicación eu andaba por Donostia, tomando unha caña a carón da praia da Zurriola na agradábel compaña de Mariasun Landa.

Ou sexa, que volvo agora.

PD: Si, teño entendido que estiveron moi ben os dous Oscares ;-)



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-10-01 18:06

Xa lin o artigo de Santiago Rey ao que se refire mourullo e eu diría que o seu principal defecto é que é de Santiago Rey. Se esquecemos a peculiar personalidade do autor e as características do medio que controla, en liñas xerais non me parece mal; quizá un chisco paternalista, pero iso é o habitual nel. O mais impresionante do asunto este de FENOSA é o que saca hoxe en portada "La Opinión", a noticia de que ACS vai pagar as accións grazas a un préstamo que lle fai o Santander. O Botín este é un monstro, en todos os sentidos: sácalle unha pasta ao Florentino polas accións e aínda por riba é el mesmo o que lle deixa os cartos.

En canto á programación do CGAI, voulle recomendar varias que non vin e que poderemos descubrir dentro do ciclo "Fora de serie". Unha, O pesadelo de Darwin, un documental de Hubert Sauper que gañou o ano pasado un dos Premios do Cine Europeo. Outra, O paseante do Champ de Mars, de Robert Guediguian, director polo que eu non sinto moita simpatía, que pagará a pena aínda que só sexa por ver a Michel Bouquet facendo de Miterrand. A terceira, Ninguén sabe, de Hirokazu Kore-eda, un filme que levo meses e meses desexando ver. CSA: Confederate States of America é un filme que se pregunta que tería sucedido se os do sur gañaran a Guerra de Secesión, argumento este bastante suxestivo. E 2046 é a polo de agora última obra mestra de Wong Kar-wai, así que non haberá que desaproveitar a ocasión de vela outra vez en pantalla grande e por fin en versión orixinal.

A primeira entrega dese repaso ao cinema español do 73 ao 80 permitirá que vexamos de novo a prodixiosa "El espíritu de la colmena" de Víctor Erice (seguramente a mellor película española de toda a historia) e que confirmemos unha vez mais que José Luis Garci, Fernando Trueba, Bigas Luna xa eran bastante malos nos anos setenta.



4
De: mourullo Fecha: 2005-10-02 12:24

Tomo nota das recomendacións para o CGAI. Certo, e a priori, o "Fora de serie" do mellorciño.

Do artigo de Santiago Rey (xenial o de paternalista) chámanme a atención moitas cousas: a primeira, a decidida defensa que fai do intervencionismo nos sectores estratéxicos, pero en especial ese ton adquirido que trata de facer lembrar ao Beiras de "O atraso económico da Galiza" :-) A pesares das prevencións que me procura o editor do xornal de máis tirada no país, celebremos a conciencia sobrevida.

E persoalmente o prefiro ao intencionadamente desinformador artigo de Afonso Eiré en A Nosa Terra desta semana, tratando de salvar a moi irresponsable actuación e impericia de Julio Fernández Gayoso, de Caixanova, (ao que, por certo, axuda a galeguizarse e chama Xulio F. Gaioso) fronte as verdades como templos de José María Castellano, o ex vicepresidente de Inditex (o que chama na maioria do artigo Xosé María Castellanos, con "s" final, para máis "inri").



5
De: Martin Pawley Fecha: 2005-10-02 17:27

Non lin o artigo de Alfonso Eiré en A Nosa Leira. Debería?



6
De: mourullo Fecha: 2005-10-02 21:11

Advírtolle que como mostra de periodismo-ficción non ten prezo :-)



7
De: Martin Pawley Fecha: 2005-10-02 22:44

Pois haberá que lelo entón. Botareille unha ollada mañá no quiosco do Suso, e de paso póñome ao día co Semanario ALBA.



8
De: XoánFiz Fecha: 2005-10-03 14:02

Moi ben. Queres dicirme que tén de mao dicir dous? A confusión do ditongo oi con ou é moi propriamente portuguesa, descoñecida no galego. O problema é querer modificar o galego partindo do portugués. Seguide así e conseguiredes que o galego perda toda orixinalidade que aínda poida ter. Parabéns.



9
De: XoánFiz Fecha: 2005-10-03 14:04

Antes de aprender portugués, proba a aprender o galego. Conseguiredes que os galegofalantes deixen de selo.



10
De: XoánFiz Fecha: 2005-10-03 14:11

O m de un é irracional pois é equivalente ó n velar, distindo dos n dos castelánfalantes coma ti que din un animal coma quen di una nimal. Este N velar si é propriamente galego e afecta teóricamente ós n finais de palabra cando a seguinte é vocal. Erro garrafal da normativa, pois observo nos falantes (e tamén en min mesmo, cousa que vós convosco non podedes facer) que afecta tamén a todo n implosivo no interior da parola cando a consoante que segue se pronuncia na parte anterior da palabra. É dicir: sempre que é cómodo pronuncialo así e non se mude a sílaba á que pertence o n.
Se seguides sustituíndo a orixinalidade do galego pola do portugués conseguiredes acabar con el.



11
De: XoánFiz Fecha: 2005-10-03 14:13

E cando digo palabra entenderías que digo o boca.



12
De: Martin Pawley Fecha: 2005-10-03 14:50

Non, non, XoánFiz, non "substitúo" nada; simplemente emprego o portugués cando me sae daquel sitio, dispensando.



13
De: Martin Pawley Fecha: 2005-10-03 14:51

Ah! E grazas por chamarme "castelánfalante".



14
De: ifrit Fecha: 2005-10-03 17:13

E subi-la altura das vallas non sirve de nada http://www.elmundo.es/elmundo/2005/10/03/sociedad/1128317728.html



15
De: Vendell Fecha: 2005-10-03 17:36

Aprezo un certo soniquete paternalista.



16
De: sihomesi Fecha: 2005-10-03 22:02

Non sei se máis altura ou que, pero está claro que, independentemente de procurar solucións ás causas, é posible máis eficacia á hora de atender os síntomas (máis debullado en http://sihomesi.blogsome.com/2005/10/03/causas-e-sintomas/



17
De: Vendell Fecha: 2005-10-03 22:13

Vaia por diante que me encanta o punto um: este cambio de bordo esixe cambio de carta náutica.



18
De: brocco Fecha: 2005-10-04 02:07

mágoa non estar por galiza cando sae a xente a rúa. saúdos, martin.



19
De: Martin Pawley Fecha: 2005-10-04 02:52

Fagan o favor, lean o magnífico artigo de Josito.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.54.120 (0f9f8a5c91)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley