caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Illinois according to Sufjan Stevens
> Illinois according to Sufjan Stevens <

Xa lles falei aquí algunha vez do músico Sufjan Stevens, do seu melancólico Seven swans e do arrebatador Greetings from Michigan, dúas obras mestras que o deixan a un vagamente descolocado. Nacido en Detroit hai trinta anos, Sufjan é un home de creatividade aparentemente inesgotábel e coa suficiente ousadía como para lanzar unha proposta que soa a arroutada xenial: dedicar un disco a cada un dos cincuenta estados que forman os Iunaited Esteits, proxeto este do que el fala ás veces con ironía e ás veces cheo de razón. O caso é que os seus seguidores, como a señora dot, Darren Hughes ou eu mesmo, temos á nosa disposición un novo traballo seu, Illinois, que se move na liña hiperbólica do Greetings from Michigan, cunha espeluznante riqueza instrumentística e coral e tamén algúns momentos de fermosa fraxilidade.

Sufjan Stevens é cristián, moi cristián, e as súas cancións falan moito de fe. Eu non llo teño moi en conta; de feito, é tan brillante que nin sequera me molesta que deteste a Wilco, o mellor grupo de rock do mundo moderno. Pero poden xulgar vostedes mesmos. Aaron, do blog Welcome to the Midwest, colgou uns mp3 cunha actuación ao vivo de Sufjan Stevens no programa de radio Morning Becomes Eclectic (esa actuación, por certo, poden vela tamén en streaming video no site da KCRW). Se non saben por onde empezar eu aconséllolles a miña favorita, Jacksonville; aínda que nese concerto soan aínda mellor A good man is hard to find e The Man of Metropolis.

2005-09-06, 16:18 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/32781

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley