O dream team da literatura infantil e xuvenil galega acaba de poñer nas librerías outra pequena maravilla, A decisión de Valerio, feito que xa nos adiantaba brétemas hai quince días. De Xabier, o Rodari da Terra Chá, lévolles falado moito e sempre ben, así que permitan que desta vez destaque sobre todo as extraordinarias ilustracións de Xosé Cobas, un xenio que demostra selo cando ten ao seu dispor os centímetros cadrados precisos para que o seu talento luza como debe. A decisión de Valerio é un suspiro de ledicia e de liberdade, unha guía para rachar coa rotina e camiñar polo mundo acompañados por un burro e un acordeón.
De Xabier editouse tamén hai uns cantos meses a tradución española dunha das súas mais valiosas novelas, A chave das noces, que sen dúbida merecía unha edición á altura da súa calidade. Copio e pego as palabras que figuran na contracapa da mesma, aproveitando que non me resultan demasiado alleas:
El cadáver de un amigo flotando en las aguas del puerto llevará al detective Mauro a adentrarse en una sórdida red de intereses en la que unos pocos ganan a costa de la miseria ajena. Un paseo por la cara oculta de cualquier ciudad –la droga, la prostitución, la delincuencia...– que nos acabará revelando que del fracaso puede extraerse la lección más importante. Una novela apasionante y honesta, heredera de las páginas más nobles de la serie negra.
O mestre marcha mañá para Berlín; cóntao hoxe Jaureguizar no Progreso. Foi convidado a participar na Feira Internacional de Literatura, a mesma pola que andarán Carlos Fuentes, Hans Magnus Enzesberger, Doris Lessing ou Kenzaburo Oé. Un verdadeiro luxo. Xa veremos o que nos conta á volta.
Cando no futuro lle dean a Xabier o Andersen, lembren vostedes que eu xa llelo avisei.
¶
En verdade, só hai un libro de Xabier polo que non sinta ningunha estima: aquel innecesario Breogán horrorosamente ilustrado por Pepe Carreiro.
Xa o dixen algunha vez, pero creo que non se lle está facendo xustiza á LIX galega, ou mais ben é que non se lle fai xustiza á LIX en xeral pero é no caso galego e por mor da abrumadora superioridade (en calidade e cantidade) sobre a chamada "literatura para adultos" que a relativa opacidade dos seus autores resulta mais anoxante. Nin Caneiro, nin Jaure, nin Alcalá, nin Rivas, nin Suso, lle chegan á altura dos zapatos a Agustín Fernández Paz; e de Docampo non falo porque, obviamente, el xa compite noutra división. E conste que digo isto como mérito de Agustín, non como demérito dos outros.
Es absolutamente disparatado. Andersen contaba cuentos de dar miedo, y el maestro es eso... un bonachón. Bueno, vale, exagero ¿y qué? nadie dijo que aquí había que ser objetivo.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)