Obviamente, non lle corresponde aos medios de comunicación decidir que é boa ou mala ciencia, e estes limitábanse a informar do que oían dicir aos científicos. Pero só unha pequena parte de todos os investigadores falou algunha vez cos medios, e a maioría dos científicos non se cruzou xamais cun xornalista en toda a súa traxectoria profesional. Os novos resultados e ideas discútense nas salas das institucións de investigación, preséntanse nas reunións científicas e publícanse en revistas académicas, fora da vista do público en xeral. A ciencia vudú, porén, soe lanzarse directamente aos medios de comunicación, eludindo o procedemento normal de revisión e debate científico. Vímolo nos casos da máquina enerxética de Newman, na pila de Patterson e nos postulados da fusión fría de Pons e Fleischmann. O resultado é que unha parte desproporcionadamente grande da ciencia que chega ao público en xeral é deficiente. A renuencia dos científicos a enfrontarse publicamente á ciencia vudú é exasperante. Aínda que constantemente estean lamentándose do analfabetismo científico xeralizado, os científicos vólvense de súpeto tímidos cando se lles dá a oportunidade de axudar a educar ao público exposto a algún postulado absurdo. Se chegan a facer algún comentario, as súas palabras soen estar tan cargadas de matizacións que dá a impresión de que nunca se pode saber nada con seguridade. Esta timidez derívase, en parte, dun comprensíbel temor a que se lles considere intolerantes coas novas ideas. Provén tamén do sentimento de que airear as desputas científicas en público ten, dalgún xeito, repercusións negativas na ciencia. O resultado é que ao público se lle nega a posibilidade de observar o proceso polo cal as novas ideas científicas gañan aceptación.
Voodoo Science: the road from foolishness to fraud, de Robert L. Park ¶
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)