caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Feira do libro, 5 (e até a próxima)
> Feira do libro, 5 (e até a próxima) <

Martes, nove de agosto. Chego á feira pasadas xa as nove da tarde e malia iso aínda dou coa indescriptíbel actuación dun suposto xenio, ou non, chamado Xavier Vila, autor que daba a coñecer a súa obra El hombre masa y la mujer panadera ("Y olvidaré todas las mentiras / que la Iglesia me enseñó / ¡Mi semen es la Vía Láctea! / ¡Galileo mi profesor!"). Xavier Alcalá, narrador magnífico, vai xusto despois; alí estou eu, representando ao ateísmo en medio daquela xuntanza evanxélica. Preséntase o seu libro Nas catacumbas, segunda entrega da triloxía que recolle as desventuras dos protestantes na España negra e católica do franquismo. A novela é valiosa aínda que dá un pouco de pereza botarse a ela, vencendo o escasísimo interese que poidan inspirarnos as vidas dos fanáticos relixiosos. Despois das palabras iniciais do editor, Víctor Freixanes, arranca unha intervención moi relambida de Jesús Reiriz e logo toma a palabra Olivia Rodríguez, pero o verdadeiramente interesante veu da man do propio Alcalá, que ousa dicir que ao Quijote lle sobran historias. "É unha novela moi longa, moi mal escrita", solta, e cando volvo a cabeza con perplexidade vexo a Elena, a intelixente esposa do escritor, ollando divertida con cara de Que fixen eu para merecer isto?.

Entre os asistentes atópase Xosé Carlos Caneiro, cousa que descubro ao rematar o acto. Imos logo a tomar un viño; Alcalá, Caneiro e Freixanes póñense de tertulia e eu, ao velos, non deixaba de pensar que colocando unha detrás doutra todas as páxinas que levan publicadas os tres galácticos ben dabamos un par de voltas á muralla de Lugo. A pouca distancia deles pero nun universo paralelo Toni Iturbe cóntanos o farto que está do sushi e Elena e mais eu lamentámonos da imposibilidade de ver certos filmes aquí no terceiro mundo. Fora na rúa chove.

A verdade é que non había mellor final imaxinábel para unha feira que eu empecei parolando con Jaureguizar que acabala dándolle a man a Caneiro. Pola miña parte só agardo que vostedes tiveran a prudencia de gardar o histórico folleto deste feirón:



A ilustración de Xan López Domínguez para a capa é moi bonita, pero o importante, como sempre, está no interior:



E é que na feira do ano que vén, por fin, o presidente da comisión de honra será outro.

2005-08-10, 23:38 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/32236

Comentarios

1
De: Mário Fecha: 2005-08-11 11:10

Sim, mas o Ilmo. nuestru señor alcalde ainda será o mesmo, cagoentó!



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-08-11 16:38

Mário, agarde ao 2007 a ver que sucede daquela...



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-08-11 17:28

Off-topic: o artigo de Xosé Luis Barreiro Rivas, xenial unha vez mais.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.147.237.64 (d9edc61e32)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley