caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Agora é o momento de actuar
> Agora é o momento de actuar <

um

Comunicado de Implicadas/os no Desenvolvemento sobre violacións de dereitos humanos en Etiopía

O pasado día 8 de xuño e despois dun difícil proceso electoral, a posibilidade dun futuro democrático viuse fanada en Etiopía polos altercados entre a poboación civil da capital Addis Ababa, que reclamaba transparencia ante as sospeitas de fraude electoral, e as forzas armadas que cargaron e asasinaron a 36 perosas, máis da metade menores de idade. Neste momento as liberdades civís no país vense seriamente ameazadas, con detencións arbitrarias (máis de 7000 persoas están no cárcere), prohibición do dereito de reunión, intervencións telefónicas e desaparicións.

Implicadas/os no Desenvolvemento (IND) é a única organización galega con presenza no país desde o ano 2003. IND traballa xunto con dúas organizacións locais, WOMEN SUPPORT ORGANISATION e OPRIFS. Tanto o persoal de ambas organizacións como as comunidades coas que traballamos están ben dentro das circunstancias.

IND quere facer un chamamento á sociedade civil galega para que se mobilice agora que aínda estamos a tempo para evitar un novo caso de violación dos dereitos humanos e xenecidio como os coñecidos de Ruanda e Darfur e presione connosco aos representates políticos e medios de comunicación para que non se permita a extensión da violencia nun país xa azoutado pola explotación e a fame. Nestes momentos máis ca nunca é o noso labor denunciar a situación de desidia internacional ante a situación dun país que paga 4 veces en débeda o que recibe do goberno español en axuda e que se ve esmagado pola catástrofe da explotación das cafetaleiras (máis do 50% do PIB do país depende da exportación de café).

IND quere facer tamén un chamamento ao compromiso que o noso traballo representa no reforzo da sociedade civil etíope a través de organizacións non gobernamentais como aquelas coas que traballamos e que son o único garante dunha sociedade en paz e democrática.

Se desexa facer unha doazón para reforzar o traballo de IND en Etiopía pode facer un ingreso nesta conta indicando ETIOPÍA e menciona o teu enderezo de correo electrónico para recibir máis información.

Caixa Galicia: 2091 0531 81 3040010798

Implicadas/os no Desenvolvemento
Rúa das Camelias 14, Vigo
886111327
info@implicadas.org
www.implicadas.org

dois

Copia este texto e envíao por correo electrónico ao partido político que desexes, indicando "Campaña Etiopía" no asunto:

BNG –> sedenacional@bng-galiza.org
PsdeG –> ceng@psdeg-psoe.org
PP –> galicia@pp.es

Agradecémosche que envíes os correos con copia a info@implicadas.org, para facilitarnos o seguimento de participación da campaña.

Estimado/a señor/a:

Eu, Dn/a .................... expreso o meu apoio á campaña iniciada por IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO (IND), única ONG galega que traballa en Etiopía a través de organizacións da sociedade civil ante o aumento da violencia e violacións dos dereitos humanos. Por iso quero solicitarlle que a entidade que vostede representa emita un comunicado público de apoio e presione en todas aquelas institucións nas que se encontre presente dunha maneira ou outra (Goberno, Parlamento, Unión Europea, Nacións Unidas) para que a comunidade internacional se mobilice AGORA para evitar un novo xenocidio.

Pregámosche que reenvíes esta mensaxe a canta máis xente poidas, mellor.

tres

As crónicas de María Reimóndez en Vieiros: Reencontro inesperado e Aínda son moitos os esforzos "que pagan a pena de verdade"

2005-08-05, 23:26 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/32148

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.67.122 (20fa5e6ad8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley