caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Feira do libro, 3
> Feira do libro, 3 <

Volvo pola Feira para a presentación do libro de Xurxo, que falou moito e ben e até nos botou algunha peza. Sofía/Teruka, a neta de Felicísima, guíanos na cerimonia da transmutación do chapapote en licor-café, repartíndoo logo entre os asistentes en comuñón feliz e laica. O Xurxo é un narrador fantástico e impetuoso, dos que cren no poder transformador da palabra; un home cheo de optimismo alegre e bravo, dono dunha prosa que soa con ledicia a festa e tasca, a emoción e a humanidade, argumentos sen os cales non pode haber xamais (boa) literatura. O Xurxo pregúntame polas plaquetas do Discovery e polos décimos planetas que aparecen todos os veráns. Iso faime pensar en que unha vez lle escoitei dicir a unha poetisa televisiva que Mercurio era a planeta mais pequena do sistema solar. Plutón, polo que parece, non é un planeta, senón un filósofo.

Secuestrada por Xurxo participa na presentación a estupenda Rosa Aneiros; parafraseando a ascárida e a María, se non o digo estouro: Guapa!!!. A ocasión permíteme tamén coñecer ao admirado brétemas, con quen fica pendente café e conversa. Paso despois pola mesa onde Ramona Maneiro asina exemplares do seu libro Querido Ramón, que miña nai, que le pouco, devorou hai meses con rapidez. Razón esta mais que suficiente para estarlle moi agradecido á Ramona, unha muller fenomenal.

Acabo a noite de cháchara e cervexas con María e Pereiro, a quen até onte tampouco coñecía. Pereiro é un tipo extraordinario, listísimo e irónico; un home incribelmente divertido e cheo de experiencias a quen un pode escoitar horas e horas, escachando de risa grazas á súa mordacidade intelixente. Isto é unha arroutada de amiguismo, seino, pero é o que temos os mediocres, que nos cae ben a xente.

E permanezan atentos á casa dos aduaneiros, que están a piques de marcar un antes e un despois na historia da poesía galega.

2005-08-04, 10:24 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/32111

Comentarios

1
De: EMF Fecha: 2005-08-04 12:15

Totalmente Off-topic:

Nom sei se o viu, pero como nom se lhe escapa nadinha, seguro que nom há tardar:
http://www.bitacoras.com/top500/index.php
(número 88)



2
De: Sihomesi Fecha: 2005-08-04 14:35

Considero o seu tratamento excesivo, tendo en conta que só paguei unha ronda. Imaxino que para a próxima, que menos que me estire cunha mariscada.



3
De: mourullo Fecha: 2005-08-04 15:58

Felicidades pola boa compañía ó longo dese mércores feirante.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-08-04 16:51

EMF: si, xa o vira hai tempo -non sei se desde entón mudou algo a lista. Non teño claro como a fan; aí di que esta bitácora está enlazada desde outras 33, pero Technorati e o sentido común fanme crer que esa cifra é bastante mais alta. Imaxino que contan case unicamente bitácoras en español.

Sihomesi: se paga unha mariscada non darei atopado adxectivos dabondo no dicionario para a louvanza das súas case infinitas virtudes.

mourullo: foi boa a compaña do mércores, e a do martes tamén. Isto de combinar "libro" e "feira" non debe dar malos resultados.



5
De: sihomesi Fecha: 2005-08-04 18:27

Dúas crúas verdades:
1.- Son alérxico ó marisco
2.- Toda a cháchara e as historias obedecen a un férreo guión que sigo cando teño que impresionar. 15 minutos máis e comezo a tatexar e a contar a chocolatada da primeira comunión



6
De: Martin Pawley Fecha: 2005-08-04 19:01

E canto durou a conversa de onte, para saber a próxima vez ao cabo de canto tempo teremos que parar?



7
De: sihomesi Fecha: 2005-08-04 21:03

Como dixo unha colega miña cando a polémica fraguiana sobre se as mulleres decían a verdade sobre a cantidade de encontros sexuais: "eu menos que Madonna e máis que Lady Di"



8
De: IVAN AZ Fecha: 2005-08-04 23:08

vexo que se che da ben a noite!vou empezar a recoller a firmas para que a feira dure mais....vaia vida!saudos



9
De: mourullo Fecha: 2005-08-04 23:17

Pawley, acabo de ter a primeira experiencia co que fixeron os aduaneiros, e só podo decir "tralos cristais cubertos polo bafo
a tebra irrevogábel" grazas pola adevertencia "a diaria soedade dos aeródromos
das fenestras as efixies do silencio"



10
De: Anónimo Fecha: 2005-08-05 18:46

esa Teruka si que é un auténtico terremoto!

non quedaría mal de musa, non...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.167.215.35 (f09bef978c)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley