caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Cen grandes frases do cinema
> Cen grandes frases do cinema <

O American Film Institute fixo pública hai uns días unha lista de cen grandes frases do cinema que vén encabezada por aquela que lle dicía Rhett Butler a Scarlett O'Hara ao final de Gone with the wind: "Frankly, my dear, I don't give a damn". Teño entendido que o productor David O'Selznick puxo moito empeño persoal en que esas palabras pechasen a película malia que a algúns espectadores podía resultarlles malsoante; o caso é que acertou totalmente, pois a escena é hoxe con certeza unha das mais famosas da historia. Non só Rhett; tamén Scarlett ten presenza na memoria da AFI. Quen non lembra iso de "A Deus poño por testemuña...": As God is my witness, I'll never be hungry again? E que me din daquel seu esperanzado pragmatismo ao dicir After all, tomorrow is another day?

"Vou facerlle unha oferta que el non poderá rexeitar". Sae en The Godfather e é a número dous da lista. Recoñezo que aínda gostando moito de O padriño non é ese un filme polo que sinta unha especial predilección, e desde logo non tanta como para poñela por riba das (varias) citas míticas de Casablanca: Here's looking at you, kid; Louis, I think this is the beginning of a beautiful friendship; Play it, Sam. Play "As Time Goes By"; We'll always have Paris; Of all the gin joints in all the towns in all the world, she walks into mine; ou a miña favorita, Round up the usual suspects. Ben situada no posto nove está a Bette Davis de All about Eve co emblemático Fasten your seatbelts. It's going to be a bumpy night. Unha das súas competidoras nos Oscars daquel ano (e como Bette tamén derrotada) foi Gloria Swanson, que aparece na selección por Sunset Boulevard e por partida doble: All right, Mr. DeMille, I'm ready for my close-up e esa humilde declaración de intencións que é o I am big! It's the pictures that got small.

O cinema negro está ben representado. Non podía faltar a debutante Lauren Bacall de To have and have not aprendéndolle a asubiar a Humphrey Bogart: You know how to whistle, don't you, Steve? You just put your lips together and blow. Mesturando a Shakespeare con Hammett en The maltese falcon Bogart/Spade describía o material de que estaba feito a pesada figura do falcón negro no filme: The stuff that dreams are made of, pero eu prefiro nesa mesma xoia estoutra cita que é "puro Bogart": I don't mind a reasonable amount of trouble. O alucinado James Cagney berrando aquilo de Made it, Ma! Top of the world! rodeado de lume no desmedido final de White Heat ocupa o posto 18.

Oh, Jerry, don't let's ask for the moon. We have the stars. Sen dúbida un dos momentos de referencia do cinema romántico: Now, voyager, con Bette Davis e Paul Henreid. Amor aínda que doutra clase era o que sentía King Kong por Fay Wray, así que cando morría atacado polos avións e caendo ao chan desde o mais alto do Empire State alguén non dubidaba en explicar: Oh, no, it wasn't the airplanes. It was Beauty killed the Beast. Dous anos antes, en 1931, o mundo descubría a un esaxeradísimo Bela Lugosi moi metido no seu papel de Drácula: Listen to them. Children of the night. What music they make!

Na lista hai poucos musicais pero si aparece, como non, o primeiro filme no que escoitamos voces sincronizadas coas imaxes: The jazz singer. Está Bond, James Bond, ese home que pedía o martini Shaken, not stirred, pero pola contra a filmografía do noso admirado Woody Allen apenas consegue meter o fuciño con Annie Hall. Hai frases que pola súa popularidade xustifican a súa presenza independentemente da calidade dos filmes que as inclúen (Go ahead, make my day en Sudden Impact; Love means never having to say you're sorry en Love story ou Houston, we have a problem de Apollo 13), pero non entendo tan ben a razón pola cal saen A league of their own ou Mommie Dearest e non, por exemplo, Blade Runner co sermón de Roy Batty sobre os raios C e a porta de Tannhauser. En fin, é unha lista coma calquera outra e á cal non lle debemos dar mais importancia que o pracer que nos aporta revisala e lembrar tantos bos momentos de cine.

2005-06-24, 11:49 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/31088

Comentarios

1
De: Cesare Fecha: 2005-06-24 15:00

Era de agradecer unha transleixon



2
De: Anónimo Fecha: 2005-06-24 20:38

Os meus parabéns imensos por este blog. Uma maravilha.

-X.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-24 22:27

Cesare, os seus desexos son ordes:

Frankly, my dear, I don't give a damn: Francamente, querida, impórtame un pemento.

As God is my witness, I'll never be hungry again: A Deus poño por testemuña de que nunca mais volverei a pasar fame.

After all, tomorrow is another day: Despois de todo, mañá será outro día.

Louis, I think this is the beginning of a beautiful friendship: Louis, creo que este é o comezo dunha fermosa amistade.

Play it, Sam. Play "As Time Goes By": Tócaa, Sam. Toca "As time goes by"

We'll always have Paris: Sempre nos quedará París.

Of all the gin joints in all the towns in all the world, she walks into mine: De todos os tugurios de todas as cidades do mundo, ela entra no meu.

Round up the usual suspects: Deteñan aos sospeitosos habituais.

Fasten your seatbelts. It's going to be a bumpy night: Abrochen os cinturóns. Vai ser unha noite moi movida.

All right, Mr. DeMille, I'm ready for my close-up: Todo ben, Sr. DeMille, estou preparada para o meu primeiro plano.

I am big! It's the pictures that got small: Eu son grande! Son as películas as que se volveron pequenas.

You know how to whistle, don't you, Steve? You just put your lips together and blow: Sabes asubiar, non, Steve? Só tes que xuntar os teus beizos e soplar.

The stuff that dreams are made of: A materia da que están feitos os soños.

I don't mind a reasonable amount of trouble: Unha cantidade razoábel de problemas non me preocupa.

Made it, Ma! Top of the world!: Fíxeno, Mamá! Na cima do mundo!

Oh, Jerry, don't let's ask for the moon. We have the stars: Oh, Jerry, non pidas a Lúa. Temos as estrelas.

Oh, no, it wasn't the airplanes. It was Beauty killed the Beast: Oh, non, non foron os avións. Foi a Bela quen matou á Besta.

Listen to them. Children of the night. What music they make!: Escoita. As criaturas da noite, que música que fan!

Shaken, not stirred: Axitado, non revolto.

Go ahead, make my day: Vaite. Alégrame o día.

Love means never having to say you're sorry: Amor significa non ter que dicir nunca que o sentes.

Houston, we have a problem: Houston, temos un problema.

E non se me ocorre ningún xeito de traducir ben ese Here's looking at you, kid.



4
De: Pedro Lemos Fecha: 2005-06-25 07:10

Sabias que "The Godfather", no Brasil, é conhecido como "O Poderoso Chefão"? HAHAHA...

Mas esqueceram frases célebres .. como "I'll be back" e "hasta la vista, baby" de "Terminator" .. "I'm the king of the world", de "Titanic" ... e, claro, aquela do "Stalone Cobra": "Você é a doença: eu sou a cura!" ... HAHAHA

Hoje estou para comédia, percebe?!
Un aperta!!



5
De: Pedro Lemos Fecha: 2005-06-25 07:17

E se fossem selecionar as melhores frases do cinema "brasileiro", esta sem dúvida ficaria em primeiro lugar:

"Dadinho é o caralho! Meu nome agora é Zé Pequenho, porra .." (Cidade de Deus)

... HAHAHA



6
De: CORISCO Fecha: 2005-06-27 03:27

Falando em Casablanca, como é que niguém lembra nunca da frase aquela do Rick.

"Vai... atira... Farasme um favor."



7
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-27 11:00

Hehehe, Pedro, moi certo, aínda que na -indescriptíbel- voz en off do ¿documentario? de Glauber Rocha sobre a morte de Di Cavalcanti hai con certeza varias frases boas que poderiamos sacar, tamén...

Corisco, en Casablanca hai moitísimas frases míticas: Son canonazos ou os latidos do meu corazón?... Eles ían de gris e ti de azul...



8
De: jorge Fecha: 2005-06-27 14:42

*¿Es xudeo?¿E cómo é que non es listo?
*Cando teña a túa idade gostaríame ser máis listo- Non pérdala esperanza, ainda que non levas bo camiño.
*¿Este é o teu fillo? Estou sorprendido, ten cara de listo.
*Non podemos armar un deficiente mental sen armalos a todos, non sería deportivo (falando dun policía)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.234.61 (9da79ec702)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley