caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Cadea humana
> Cadea humana <

Antes tiñamos a esperanza, a convicción íntima de que así era. Desde o domingo pasado sabémolo con absoluta certeza: hai un país novo. Hai unha maioría contundente de galegos que apostou pola alternancia, por unha mudanza nas persoas e nas actitudes, pola desaparición do despotismo e o desprezo aos que pensan diferente. Hai unha maioría de galegos que cre que temos moito por facer e por dicir, que mira para o futuro e non para o pasado, que non fai do odio e da vinganza o motor do seu pensamento.

Non hai tempo nin razóns para a tristeza e para o pesimismo. Diante nosa ábrese unha etapa diferente, difícil pero ilusionante, e os cidadáns non podemos permanecer alleos a ela. Demostramos nas urnas que o cambio existe; quizá sexa tamén o momento de demostralo nas rúas. O futuro apóiase en dúas patas, e temos que facer o posíbel por deixar claro que a súa colaboración é imprescindíbel. É un obxectivo prioritario que esixirá a xenerosidade das dúas partes, pero sempre desde a certeza de que a verdadeira xenerosidade reside no povo que lles outorgou a súa confianza.

Non é unha idea orixinal, pero segue sendo unha boa idea. Soltámola onte á rede e está empezando a callar. En Santiago hai unha estatua de Castelao e outra de Pablo Iglesias. Unha na Alameda e outra en San Caetano. Do que se trata é de unir as dúas estatuas mediante unha grande cadea humana, nun acto cívico e non partidista aberto a todos os cidadáns e que sirva para poñer de manifesto a nosa vontade de cambio. Sería este próximo domingo, 26 de xuño, na véspera do reconto definitivo do voto da emigración.

Queremos pensar isto entre todos. Precisamos as vosas suxerencias, o voso apoio, o voso entusiasmo; as vosas palabras, as vosas imaxes, a vosa creatividade. Necesitaremos de vós para difundir a noticia do acto. Ao longo da semana iremos fixando mais e mais detalles; pedímosvos, pois, que esteades atentos, e que participedes. En nome do futuro.

2005-06-22, 03:06 | 47 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/31004

Comentarios

1
De: Rover Fecha: 2005-06-22 03:39

Alí tentarei estar!!!

:D



2
De: Akin Fecha: 2005-06-22 12:55

Pois eu non sei se estarei. Non farei nada ata saber, o luns, que demos pasará na Xunta.



3
De: Cesare Fecha: 2005-06-22 12:58

Trátase precisamente diso, de evidenciarlle aos piratas salteadores de urnas e de decisións que o pobo optou, por máis de 100.000 votos de diferenza, a prol do cambio. Dun cambio con dúas patas.
De dicirlles: "non nos toquedes o carallo co trafego das sacas: esta é a evidencia, estes son os nosos votos".



4
De: MI VIDA COMO UN CHINO Fecha: 2005-06-22 13:11

Gracias polo préstamo.

Matías Bruñulf
mividacomounchino.com



5
De: Plattdorf Fecha: 2005-06-22 13:14

Estou convosco.



6
De: lito Fecha: 2005-06-22 13:31

Trátase precisamente diso, de deixar bem claro que o progreso non se pode frear,que non nos quiten a ilusión "Desta Vai" e "Xa Vai" unidos da mán



7
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-22 13:53

Poden ler as palabras de Cesare sobre a cadea picando aquí: Hai que dicirlles, por se non o saben, que gañamos nós. A noticia circula xa tamén pola rede Arredemo. Seguimos agardando as vosas ideas. Pásao! :-)



8
De: moStrenGo adamastoR Fecha: 2005-06-22 14:31

Estarei lá, em espírito. Força!



9
De: Xosé Antón Fecha: 2005-06-22 15:13

Alí estarei. Haberá que concretar hora e lugar de encontro.



10
De: kaplan Fecha: 2005-06-22 15:39

non só tratarei de estar convosco, tamén farei que vaia xente. se non facemos isto, ke facemos?



11
De: LABANDAL Fecha: 2005-06-22 16:24

Fabulosa idea. Tedes que poñelo en fragagá, e marcar unha hora. E empezar a mandar mensaxes por móbil:

"CADEA HUMANA EN COMPOSTELA ENTRE CASTELAO E PABLO IGLESIAS, DOMINGO 26. HAI QUE BOTALOS. PÁSAO."



12
De: LABANDAL Fecha: 2005-06-22 16:26

... e anuncialo en tódalas bitácoras



13
De: alvaro Fecha: 2005-06-22 16:39

grazas por tan boa idea, pase o que pase xa gañamos a todo un réxime e o domingo podemos vencer tamén ao desánimo. Eu estarei



14
De: Ian Fecha: 2005-06-22 19:02

Estaremos botando dúas mans.



15
De: paleón Fecha: 2005-06-22 19:22

Fantástico, moi boa idea. Eu tamén me agarrarei de sociatas e bloqueiros para montar esta nova primaveira.



16
De: Quico Fecha: 2005-06-22 19:42

¡Fenomenal!.Xa está ben de andar chorando. O peor que podía ter feito o PP era roubarnos as festas ¡e conseguiuno!. A maioría absoluta ¡SOMOS NÓS!. Que se enteren, e que nos enteremos. A dosificación informativa de Pitabull, fixo que ata nos mesm@s nos sintamos derrotad@s sendo ganadores. A súa estratexia de diferir o resultado ao reconto do voto de fora, debería darnos motivos... non para desfacer a festa, sinon para facer ¡unha semana enteira de festexos!. E si logo, resultan malas mañas, xa veremos. De momento a cousa está clara, en Galiza a maioría absoluta somos nós, e esta pareceme unha idea marabillosa para deixar claro o país novo que emerxe, con Castelao e Pablo Iglesias de participantes, ¡Bonito por que si!. Ademáis, démoslle á festa unha segunda oportunidade. Alí estarei, e avisarei a moita xente máis, correos electonicos, SMS, ¡FESTA!



17
De: LuZinHa Fecha: 2005-06-22 19:44

Intentarei ir porque é agradábel saber que aínda queda xente con ganas de loitar por cambiar isto. Aínda así, sigo a estar moi decepcionada despois do domingo... pero non se acaba o mundo!



18
De: Akin Fecha: 2005-06-22 20:08

A cadea humán terá tanta importancia como os berros dos escarabellos da pataca.

Como consigan o último escano vans rir de nos ata fartar, aínda que sexan menos en votos.



19
De: Iria Fecha: 2005-06-22 20:20

Moi boa idea!! Aínda que na outra esquina do mapa, aló polas terras catalanas, seremos uns cantos mandando moita enerxía positiva... Destavai!!!



20
De: Suso Discolocate Fecha: 2005-06-22 21:51

Coido que a celebre cancion latina
SE VA EL CAIMAN, SE VA EL CAIMAN, deberia ser nomeada HIMNO do proximo luns, en hermanamento co pobo nicaraguense.

SAUDE E TERRA



21
De: Rodrigo Fecha: 2005-06-22 22:24

non debe facerse nada ata saber o que pasa, eu penso que temos que ser democratas. nao a intervención infantil!!!. nao a cadea humana!!!. Temos que pensar outras estratexias, esas nos fallaron.



22
De: Galego_69 Fecha: 2005-06-23 00:42

Paréceme unha moi boa idea... mais se finalmente vai adiante, non sería boa idea marcar unha hora para o acto?

(Canto antes se saiba antes poderemos difundir a información)

Unha aperta e nunca máis!



23
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-23 01:21

Rodrigo, xustamente somos iso, demócratas, no libre exercizo da súa cidadanía. Non é un acto de presión, é un acto de celebración.

Velaí unha imaxe cortesía de Fragagá:



24
De: um de ourense Fecha: 2005-06-23 01:30

Em Ourense também há estátua de Castelao e de Pablo Iglesias, poderia-se convocar aqui também?



25
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-23 01:49

um de ourense, o que pasa é que calquera convocatoria desta clase debe ser anunciada ante a subdelegación de governo. A idea de facer unha "cadea expansiva" é moi bonita, pero de aquí ao domingo resulta moi precipitada, así que parece mais práctico centralizalo nun único acto. Contodo, entendemos que haxa xente á que lle é imposíbel trasladarse a Santiago ese día e pense na posibilidade de facer algo para expresar o seu apoio á cadea. Todas as ideas son benvidas; fican os comentarios á súa disposición.



26
De: Xeol Ó Ártabro Fecha: 2005-06-23 03:27

Aqueles que podan deberían ir co traxe galego



27
De: muralla Fecha: 2005-06-23 08:30

Moi boa idea, desde Barcelona, estou con todos vostedes...Muralla.



28
De: gaxoncio Fecha: 2005-06-23 09:08

o argumento de esperar ó luns non vale, porque eles van a recurrir ós xuices: Moitas veces a victoria é para o que a celebra primeiro. Mirade o que pasou en America cos votos da Florida, non podemos deixar que nos pase o mesmo.



29
De: Depósito Fecha: 2005-06-23 10:32

Alí estaremos



30
De: Chusa Fecha: 2005-06-23 10:56

Pareceme unha idea macanuda e eu penso ir ainda coa muleta, pero non sei se sería mellor mudar a hora, non esquezades que é domingo e moit@s pasan o día fora ¿non seriamos máis se se convocara pola tardiña?



31
De: Mesmamente Fecha: 2005-06-23 11:16

Akin: "A cadea humán terá tanta importancia como os berros dos escarabellos da pataca.

Como consigan o último escano vans rir de nos ata fartar, aínda que sexan menos en votos."

Non concordo contigo en absoluto, Akin, a cadea humana será unha demostración de que a xente votou conscientemente o que votou e elixiu unha opción que obtivo un 52,1% dos votos emitidos o domingo, que parece que é algo que agora o PP quere esquecer. Creo que convén recordárllelo a eles e aos outros dous partidos: os galegos decidiron darlles a súa confianza a PSdG e BNG porque xa non querían máis PP e pídeselles que vaian da man como a xente foi capaz de ir da man até as urnas e como será capaz de facelo nesa cadea humana o domingo. Creo que tanto os votos coma a cadea humana valen ben máis do que os berros dos escarabellos. É esa mentalidade a que nos leva sempre a calar a boca: total, non me van escoitar. Pois non, poden non escoitar, pero non poden non OÍR.

En canto ao que se rían da xente... Non é o que levan a facer 16 anos??



32
De: Galego Fecha: 2005-06-23 13:11

Por moito que fagades o que pase pasará e por voluntade dos galegos,de todos os galegos, que estades desprezando unha parte moi importante. Recordo..case o 45%. E por moito que se quera ou que estea mal plantexado o sistema electoral é como é e xa se sabía antes.

Se segue Fraga mal..pois é un home acabado, o que non lle quito mérito, pois ainda coa sua soberbia e a sua fama ninguen pódelle negar o traballo e que quere a Galicia. Se gaña a coalición, paréceme tamén xusto, pero sinceramente non creo que o cambio sea tal. No governo nacional o cambio foi hacia un lado, a facer política propaganda, a política "somos super progues y super guais y estamos en la onda" e iso non arrancha os problemas cotians, a economía, a vivenda, o paro, as infraestructuras na nosa terra...etc.

Sexamos democráticos, todos contamos e se o vemos dende unha sola perspectiva estaremos mirando por un filtro, non a realidade.

É unha opinión, non pretendo ter a razón absoluta, pero é o que vexo.

Saudos a todos antetodo, pois eu non teño amizades por ideoloxías, son persoa, non unha papeleta.



33
De: Xurxo Fecha: 2005-06-23 15:15

Adiante coa cadea humana!



34
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-23 17:37

Galego, este acto non vai "contra ninguén", senón "a favor de todos". Non supón o desprezo cara ese 44,9% de galegos que apostaron pola continuidad, senón a expresión da vontade de cambio do 52% que preferiu unha alternativa progresista. E o cambio, está, existe, governe quen governe. A principal leitura despois destes comicios é a de que naceu unha etapa nova, unha etapa na que os partidos, os tres, están condenados a practicar un bon parlamentarismo por mor do axustado dos resultados.



35
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-23 18:50

Por certo, non se perdan o interesantísimo encontro con Xosé Luis Barreiro Rivas na Voz de Galicia.



36
De: Daniel Rodríguez Herrera Fecha: 2005-06-23 20:18

Lo típico. Si hay peligro de perder las elecciones, protestamos contra el sistema democrático. Lo próxima será pedir que no cuenten los votos de Orense, que hay demasiado pperos y claro, igual ganan los muy cabrones, en lugar de ganar la izquierda como debe ser en todo sistema democrático que se precie.



37
De: Akin Fecha: 2005-06-23 20:23

¿Ti viches os votos dun e outro lado?

Por si acaso lémbrocho, 45% do PP frente a 52% do PSOE+BNG.

Pero claro, o xusto é que goberne o PP con maioría absoluta, sen dúbida.



38
De: Xosé Antón Fecha: 2005-06-23 20:50

Se non hai permisos sería mellor deixalo en concentración.
Ah,... os "comentarios" de: http://cadeahumana.blogsome.com/ non van.



39
De: fpf Fecha: 2005-06-23 22:55

No me espereis. Los sociatas por ganar pagan cualquier precio.

Esta ley la saco el psoe hace años.



40
De: coitadiño pensante Fecha: 2005-06-24 09:15

A cadea debe ser mais grandiosa. Nada de parar no Pablo Iglesias, que no penso nada. Direita hasta a estatua de Karlos Marx no muro do Berlin, Carayo. Cha es hora de que os galegos hagamos cosas grandes. Faltaria mais, nunca mais.



41
De: outro galego Fecha: 2005-06-24 10:27

Non entendo moito disto nin teño afiliacións, pero todo o que poida manipular farao e o que non tamén, ou acaso credes que o Chávez amiguisimo de ZP non fará o posible para adulterar. Tampouco entendo a mensaxe radicalista dalgúns, si eses e os seus seguidores me van a gobernar averá que emigrar, Fidel tamén empezou así. E que algúns digan que gañamos, haber, de que partido son eles...ou é que non me enterei e o bloque e PSOE fusionaronse nun. Os emigrantes fixeron moito por esta terra cando as cousas estaban negras, hay que ter memoria historica, e non manchar o seu voto por presuncións, ou acaso sodes vós máis galegos que eles.



42
De: Mesmamente Fecha: 2005-06-24 10:35

Un par de cousiñas:
1. Galego, quen non está a ser demócrata? Ata onde eu sei, polo que eu entendín, a cadea humana do domingo non pretende pór en cuestión nin o sistema democrático nin o resultado das eleccións nin se trata dunha perrencha contra nada. Trátase precisamente do contrario, de recordarmos, a uns e a outros, aos que votaron polo cambio e aos que non, que de momento hai un resultado electoral maioritario, que se votou o que se votou e que, de momento, iso é o que se quere apoiar. Trátase de non deixarse levar por un derrotismo absurdo por parte de quen votou unha opción que até o de agora conta co 52,1% dos votos e de recordarlles aos que non asumen ese resultado que iso foi o que quixo a maioría que votou até agora. Todo iso pode cambiar, sabémolo, pero non vexo nada antidemocrático no feito de celebrar e apoiar publicamente a opción que un prefire.

2. Daniel Rodríguez Herrera: estou totalmente de acordo con vostede en que parece que hai quen deixa de confiar no sistema en canto corre o risco de perder as eleccións. Nomeadamente o señor MANUEL FRAGA IRIBARNE. Non fai falla máis ca ver as súas declaracións nos xornais destes días. Un home que leva 16 anos no poder sen verlle nunca problema ningún ao voto emigrante, cuxo partido rexeitou sempre as críticas, as dúbidas e as propostas de revisión dese voto por parte dos demais, agora leva toda a semana a facer declaracións sobre a posíbel manipulación do voto en Venezuela...



43
De: outro galego Fecha: 2005-06-24 10:54

Só dúas cousas Mesmamente, non teño simpatía por ningún, pero eu non vexo esa aposta polo cambio que dicides. Cando un partido leva 16 anos gobernando cun lider o que atacan polo seu estado físico e a pesar de todo están rozando outra vez a maioría absoluta contra o resto... e un Bloque cunha importante debacle, onde está ese cambio. E repito ¿Acaso se combertiron nun o Bloque e Psoe? por outro lado partidos de distinta ideoloxía cando interesa.

Sobre o do PP repetindo o tema de Venezuela, e que agora depende deses votos cando antes gañaban de sobra, e os Chávez e compañía poden facer algo, ¿Ou é que Chávez agora combertiuse en Santo?



44
De: Mesmamente Fecha: 2005-06-24 11:04

Outra cousa, outro galego: non entendo a que se refire co dos comentarios "radicalistas". A respecto do de vostede non entender o "gañamos", explícolle o que eu entendo: entendo que todos tivemos a oportunidade de ver a campaña electoral, e que todos sabíamos que desta volta PSdG e BNG se presentaban coa clarísima intención de gobernar conxuntamente. PSdG e BNG non son a mesma cousa nin creo que cheguen a selo nunca, mais poden traballar xuntos, propuxéronllo á sociedade galega e a sociedade galega (ou a parte da sociedade galega que votou o domingo)apoiounos, por iso quen, sendo partidario do PSdG ou do BNG, non sendo partidario do mesmo partido, gañou.
Por outra parte, cómpre ter en conta que non todo o mundo "é" dun partido ou doutro. Non fai falla ser dun partido para votalo (gracias al Altísimo). Pensa vostede que o 44,9% da poboación é do PP e que ese 52,1% se divide entre xente do PSdG e o BNG? Sinceramente, eu creo que non. Eu creo que tanto unha porcentaxe coma outra está conformada por xente diversa: xente que está afiliada aos respectivos partidos, xente que non o está mais acostuman votalos sempre, xente que sente máis afinidade por un partido ou outro mais non vota sempre o mesmo e xente que vota segundo a coxuntura do momento. Estou certa mesmo de que seguramente hai afiliados de calquera deses tres partidos que nin votou.

En canto ao dos emigrantes... Unha cousa é a memoria histórica, o recoñecemento do que fixeron por Galiza e outra é discrepar do feito de que mesmo xente que non naceu aquí e nunca pisou esta terra poida exercer o voto por riba de quen, nacendo e vivindo toda a vida en Galiza perde o voto se vai vivir a Barcelona e se empadroa alí (como é o caso deses xoves profesionais que teñen que desprazarse a outras comunidades españolas para poder traballar ou estudar e que volven á casa cada fin de semana, cada período vacacional, e perden o dereito ao voto porque para poder ter médico de cabeceira, por exemplo, no lugar onde están a vivir temporalmente teñen que empadroarse).

E outra cousa distinta aínda é que, independentemente de que nos pareza ben ou non que vote quen non vive en Galiza, o sistema co que teñen que votar dista moito de ter as mesmas garantías de limpeza do que o voto que emiten os galegos que se achegan ás urnas co DNI na man.



45
De: Mesmamente Fecha: 2005-06-24 13:44

Outro galego, sinto discrepar de novo, pero a maioría absoluta está nun 51%, 44,9% a min non me parece rozala... Son seis puntos porcentuais...

En canto ao de Venezuela... Eu fíome tanto deses votos como dos de Arxentina ou Uruguai, como dixen antes, creo que o sistema non dá garantías de ningún tipo. O proceso é o mesmo en Venezuela, en Uruguai, en Suíza ou nas Quimbambas. O que me parece francamente hipócrita por parte de Manuel Fraga é poñer só en dúbida os de Venezuela porque o presidente dese país lle ten tirria ao seu partido. Chávez non é un santo, pero Manuel Fraga Iribarne tampouco, e de Néstor Kirchner que quere que lle diga.

O dos "ataques" polo estado físico do candidato do PP... En fin. Creo que non paga a pena nin falar do tema. O home ten 83 anos...

E volvendo ao de se o Bloque e o PSdG se converteron nun só partido: non, nin ninguén dixo tal. Pero non creo que haxa nada que impida que persoas e colectivos de calquera tipo (partidos políticos, asociacións de viciños, sindicatos ou grupos de gaiteiros) con ideoloxías diferentes, mesmo diverxentes, se xunten cun propósito común, negocien e se entendan se teñen vontade de facelo. Igual nos ía mellor a todos se aprendésemos a conciliar os nosos puntos de vista.

O cambio? Non o ve? O cambio son eses 6 puntos porcentuais que despois de 16 anos o PP non alcanzou para gobernar. Non é un cambio radical, non é virar completamente, mais é un cambio importante ao meu entender. E seráo aínda que a cousa cambie o día 27. Non é o mesmo gobernar con maioría absoluta que gobernar cunha maioría "raspadiña", igual que non é o mesmo gobernar como partido único no poder, sen ter que negociar con ninguén, que gobernar en colaboración con outro partido.

E uns poucos números:
Se o BNG baixou do 23,3% de 2001 ao 19,6% de 2005 (ou sexa, un 3,7%) e consideramos iso unha "debacle", como hai que considerar que un partido baixe do 50,9% en 2001 ao 44,9% en 2005? Porque esa baixada supera á sufrida polo BNG en máis dun 38%...



46
De: Alborada Fecha: 2005-06-25 13:35

Eu estarei alí, e conste que non teño 20 anos como andan dicindo por ahí que so irán a xente nova que non ten que facer. Xa pasei dos cincuenta e quero un cambio para este pobo. Xa está ben de cacicadas.



47
De: Pepiño Fecha: 2005-06-26 22:42

Que carayo, de Castelao a Kark Marx Platz facendo dous voltas al mondo. Que galegos haylos pelos quatro continentes Carayo!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 107.22.46.150 (aeafe2fbf3)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley