CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Alice in Wonderland
> Alice in Wonderland <

Abren e pechan os ollos, sorrín, chupan o dedo, proban o líquido amniótico, moven os brazos, dan patadas. No Mundo De Dentro o feto humano vai adquirindo pouco a pouco os ritmos e os comportamentos que lle servirán logo para desenvolverse mellor no Mundo De Fora. É tamén no ventre materno onde fabrican os seus primeiros recordos. Con trinta e dúas semanas o feto mesmo pode chegar a familiarizarse cos sons e as músicas que escoita, atopando nelas mais adiante a tranquilidade que nos producen as cousas coñecidas.

Benvida sexas, Alicia. Que bon momento para nacer é a primavera.

2005-06-14, 01:44 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/30720

Comentarios

1
De: Nuala Fecha: 2005-06-14 02:16

No tempo de cambio...a nova vida, o novo país... :D



2
De: jorge Fecha: 2005-06-14 07:01

GRACIASGRACIASGRACIASGRACIASGRACIASGRACIASGRACIASGRACIASGRACIAS............ETERNAS



3
De: Gusa Fecha: 2005-06-14 08:59

Noraboa parella!! Non sei se vos lembrades de min. Coincidimos nunha mani ¿da guerra? ¿do Prestige? Martin seguro que o lembra :-))



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-14 12:40

Da guerra, da guerra; o sábado quince de marzo de 2003, para ser mais exactos. Despois da mani paramos a tomar algo e logo a feliz parella e mais eu asistimos a un estupendo concerto dos Pernice Brothers no Playa Club.

Impresionada, Gusa? :-P



5
De: peke Fecha: 2005-06-14 12:42

Porque naza nun país cheo de marabillas. ¡Benvida!



6
De: Gusa Fecha: 2005-06-14 12:50

Impresionada, pero non sorprendida. Esperábao!! :-))
Eres moito, amigo!!



7
De: jorge Fecha: 2005-06-14 23:46

Gracias Gusa, si que nos lembramos dos días nos que parece ser que so sabiamos andar tras das pancartas, agora iso cambiou.
Gracias Peke, tentarémolo, tentarémolo...
Alicia e case tan guapa cama a súa nai.
Por certo, Gusa cometeu un grave erro ó non vir connosco ó concerto dos Pernice Brothers.



8
De: opaco Fecha: 2005-06-15 11:09

Parabéns aos pais de Alicia; que lindo é chegar a un país cheo de esperanza :-)



9
De: jorge Fecha: 2005-06-15 23:32

A mín gostanme os nomes sen traduccións, por aquelo da diversidade, je je, pero seguro que alguén xa reaparou no que ocorre se ó nome da nena lle engaden un G á ESQUERDA; o nome elixiuno (magnificamente) a nai.



10
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-16 12:20

(G)alicia no país das marabillas.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario







doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley