tres: 250 entrevistas en Ourense e Lugo seguramente serven para facerse unha idea de se á xente lle cae ben ou mal Gayoso, o de
Luar, pero teño serias dúbidas de que permitan aproximarse ao resultado dunhas eleicións, co método D'hondt e os seus (ás veces moi axustados) cocientes polo medio. Desconfíen das sondaxes cuxas fichas técnicas non dan demasiados detalles. Desconfíen tamén das sondaxes que parecen preguntar tan só pola intención de voto e non amosan curiosidade por outras cuestións moi interesantes, como
a que partido non votaría vostede en ningún caso.
dois: 35-24-16. PP, PSOE e BNG, respectivamente. Touriño presidente, Quin vicepresidente e
Carme conselleira (de algo). Esa é a miña aposta final.
um: a amiga Fanny Brice decidiuse a abrir
blog. Un blog musical, cinéfilo, donostiarra e festivaleiro, ou o que é o mesmo, extremadamente aconsellábel.
¶