caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Concurso blogueiro
> Concurso blogueiro <

O xornal gratuíto 20 minutos creou un concurso para escoller os mellores blogs españois en diferentes categorías. días estranhos participa nunha delas, a que leva o peculiar nome de Mejor blog en otras lenguas constitucionales distintas del castellano. A votación popular determinará os cinco finalistas en cada categoría, e logo un xurado elixirá entre eles ao gañador. Sería moi moi moi interesante que nesa final estivera ben representado o blogomillo, así que fagan o favor e voten por nós en xeral e por min en particular, se non lles importa. Seica teñen que rexistrarse, pero non se preocupen que ha de ser unha cousa moi rápida e sinxela.

Pois xa saben, vaian ao logo que está aí na parte da dereita, debaixo da caixa de pesquisas estranhas; piquen nel e sigan instrucións.

E muito obrigado, claro.


the night of the hunter: Si nos dejan, en Barcelona

2005-06-07, 02:15 | 17 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/30503

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-07 02:31

the night of the hunter, o meu blog cinéfilo, tamén participa no concurso dentro da categoría Mejor blog sobre cultura y tendencias.



2
De: TeRMi Fecha: 2005-06-07 05:55

Eu estou na mesma categoría que ti Pwaley aínda así vouche votar. A pesares de odiar a Kubrick gústame o teu blog.
Saúdos! ;)



3
De: Leonel Vicente Fecha: 2005-06-07 09:16

É claro que vou votar!



4
De: webensis Fecha: 2005-06-07 09:27

Pero hombre, no pidas el voto así. Pon un poco de empanada ;o)



5
De: webensis Fecha: 2005-06-07 09:30

Perdón por tutearle. Siempre se me olvida.
Las empanadas estarían bien variaditas. Que no falte una de zamburiñas.



6
De: Maria Garaboa Fecha: 2005-06-07 09:40

Ya está, ya tienes mi voto, el nombre del concurso es para reflexionar. En cuanto me pase el apuro este de la Auditoría y otras menudencias, prometo escribir algo acerca de esto.
Besito y Suerte.



7
De: EMF Fecha: 2005-06-07 09:46

Eu trocolhe o meu voto por um posto de libre designaçom numha caciquería calqueira :-)



8
De: dorfun Fecha: 2005-06-07 10:28

...e digo eu (entramos en modo altruista) ...xa que o concurso ten premio, porque non votamos todos por unha mesma e damos os cartos a algunha asociación?



9
De: peke Fecha: 2005-06-07 14:01

Xa está votado. Débeme un té, Martin, verde a ser posible.



10
De: Vendell Fecha: 2005-06-07 14:25

¡Hai que votalo!



11
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-07 18:13

Grazas, grazas. Xa saben que só poden votar a cada blog unha vez cada día, pero dentro dese mesmo día poden votar a varios blogs diferentes. É dicir, non é preciso que "escollan": poden votar por min, por María, por dorfun, por Termi, polos aduaneiros, pola va-ca, polos rapaces do I.E.S. David Buján, polo ictioscopio...

Os tres mil euros só os leva o blog que acumule mais votos, cousa ben dificil para os blogs en otras lenguas constitucionales etcétera, así que con el non conten. O bon sería que na lista de cinco finalistas haxa unha significativa presenza de blogs galegos. Se se colase algún tamén entre os mais votados en termos absolutos sería estupendo, claro, pero iso xa é pedir moito.

E non, webensis, non damos empanada. Iso é proprio de especies a punto de extinguirse: o país novo non está por esas. :-P



12
De: indi Fecha: 2005-06-07 23:10

A redacción en pleno, por unanimidade unánime, decidiu votar e non absternos e, baixo o nome do noso titor, Avelino Lamas, concedimos:
Dias estranhos: hoxe one point.



13
De: Subcomediante H Fecha: 2005-06-07 23:50

Pola VA-CA? Esta sim que é boa. Nom sei quem nos registou, mas prometemos armar uma boa como nos concedam o prémio ao melhor blog em "lengua constitucional distinta del castellano". :D



14
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-08 00:31

Indi, uan poin, a puá. Grazas, grazas.

Subcomediante, pois eu estou por votar todos os días por vostedes pero na categoría de mejor blog inclasificable ;-)



15
De: EMF Fecha: 2005-06-08 09:10

Pois a dia d'hoje (quarta, 8 de Junho) vam a María e vôçé de primeiros na curiosa categoría constitucional esa:

http://www.20minutos.es/premios_20_blogs/votaciones/mejor_blog_otras_lenguas/



16
De: Gusa Fecha: 2005-06-08 12:26

Yo también voté!! no sabía lo de "night of the hunter" así que me pongo manos a la obra a la velocidad de match



17
De: pinacle Fecha: 2005-06-08 16:04

Votei agora mesmo.

E tamén dou 15 votos ao iluminado que pariu o de "otras lenguas constitucionales" (debe ser para que os blogs rumanos poidan participar, ou é que o rumano non é consitucional en rumanía?)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.109.48 (753af037c7)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley