caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A Casa, con maiúsculas
> A Casa, con maiúsculas <

Alá por decembro escribín que existen tres razóns fundamentais para achegarse até A Coruña: o mar, os museos científicos, e outra mais da que non me lembro. O primeiro dos museos científicos coruñeses, a Casa das Ciencias, abría oficialmente as súas portas o sábado 1 de xuño de 1985, hai agora vinte anos, lanzando unha clara mensaxe aos visitantes: fica prohibido non tocar. Foi ao día seguinte, o domingo, cando eu entrei na Casa por primeira vez, asistindo maravillado á proxeción dun programa no Planetario chamado se mal non lembro Introducción a la astronomía que volvería ver un feixe de veces nos anos seguintes.

Cóntanse por ducias as ocasións nas que acudín á Casa das Ciencias (a Casa, con maiúsculas), e nela nunca deixei de sorprenderme, de divertirme, de experimentar o pracer de descubrir. Por iso hoxe, no seu aniversario, quero transmitirlles desde aquí aos seus responsábeis non só os meus parabéns, senón tamén o meu mais agarimoso agradecemento por estas dúas décadas de ciencia e humanidade.

mc2 nos arquivos estranhos
Memoria
Cita con Venus

2005-05-31, 23:45 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/30273

Comentarios

1
De: Sr. Spock Fecha: 2005-06-01 12:08

aquí en Granada hay otro Parque de las Ciencias, buenísimo, y también he ido muchísimas veces, incluso trabajé allí tres meses



2
De: Marcos Fecha: 2005-06-01 12:46

Gracias a ti, Martin.

Hoxe, cando me preguntaron nun programa de radio polo planetario lembrei esa frase túa que tan ben descrebe o que sentín a primeira vez que estiven nunha sesión, alá polo 85: pracer, emoción, satisfacción por ver que o firmamento tinha un sentido que eu podía comprender... A sensación non esvaeceu cos anos, avivada cada día pola xente que nos visita, e que ao final da sesión se achega a mesa de control pra contarmos o moito que lles gustou o ceo.



3
De: dorfun Fecha: 2005-06-01 18:06

...súmome á felicitación!!!... penso que alí foi a primeira vez, na que vin sair (in live) un pitiño dun ovo...



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-01 22:54

Como ben di dorfun, a Casa é o lugar onde moitísimas persoas viron por primeira vez o nacemento dun pitiño. E seguramente foi alí tamén onde descobriron o tránsito incesante das abellas, cargadas de pole cara a colmena. E tamén foi na Casa onde manexaron por primeira vez un ordenador. Lembran aquel programa que nos pedía que introducisemos a nosa data de nacemento e se limitaba a dicir canta xente compartía connosco cumpreanos? Pura prehistoria, e, porén, como nos fascinaba aquel ecrã verde a todos os que nunca viramos ningún ao vivo. Anos despois foi tamén na Casa onde moitos tomaron contacto con esa modernidade chamada Internet, que agora nos parece tan elemental e que hai só uns poucos anos era un auténtico misterio. E por suposto o Planetario, a maxia de converter o día en noite facendo aparecer diante dos nosos ollos a arrebatadora beleza dun ceo que xamais poderá deixarnos indiferente.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.147.237.64 (d9edc61e32)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley