caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Desta non pasa
> Desta non pasa <

Vendell, vaia poñendo a enfriar a botella de viño que prometeu, porque desta vez xa vai. Onte La Voz de Galicia alegrábanos o día publicando, por fin, a sondaxe que dá ao PP como partido mais votado nas próximas eleicións á Xunta pero a dous escanos da maioría absoluta, o cal permitiría un governo de coalición do PSOE e o BNG. A enquisa confirma as previsións de perda da maioría xa avanzadas polos estudos publicados por El País e en menor medida polos de El Correo Gallego e La Razón (aínda que o que publicou este último medio era tan escandalosamente pouco rigoroso que nin sequera paga a pena tomalo en consideración), pero é innegábel que sendo a Voz quen o di a menos dun mes das eleicións o tema cobra unha especial relevancia. Un inquérito equivalente feito en vésperas das autonómicas do 2001 ofereceu daquela uns resultados case idénticos aos que logo serían definitivos, coa única diferencia do reparto interno de escanos entre o BNG e PSOE que en todo caso non eran significativos de cara á renovación da maioría absoluta do PP con Fraga.

É obvio que na Voz non dan puntada sen fío. Hai un par de cuestións que a min persoalmente me sorprenden da sondaxe de onte. A primeira é a cifra inusualmente elevada de entrevistas realizadas, catro mil en total (1200 na Coruña e Pontevedra e 800 para Lugo e Ourense) e repartidas ao longo dun prazo de tempo bastante amplo, entre o 27 de abril e o 10 de maio. Será que non se fiaban dos resultados? Optarían por aumentar sobre a marcha o tamaño da mostra para asegurarse tendo en conta que a enquisa aposta claramente por un cambio de governo? O outro elemento curioso son os días transcorridos entre a recollida de datos e a publicación dos resultados. É evidente que a sondaxe tiña que estar feita e re-feita hai cousa de dez días; de feito, eran moitas as persoas que agardaban vela na portada do xornal o pasado 15 de maio. Por que, entón, ficou gardada no conxelador? E por que o xornal decide publicala un sábado en vez dun domingo, que é o día de maior tirada?

Tanto ten, realmente. Hai que botalos, e desta non pasa. Xa verán.


the night of the hunter: L'enfant triunfa no Festival de Cannes

2005-05-22, 02:39 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/29951

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-22 16:10

Polo seu indiscutíbel interese, reproduzo aquí o divertidísimo artigo de Carlos Luis Rodríguez onte no Correo Gallego

El lado oscuro de la fuerza.Por Carlos Luis Rodríguez

Dos grandes estrenos llegan a la cartelera. Ambos pertenecen al género de ficción y ambos son la última entrega de una larga saga de la misma productora. La venganza de los Sith, y Hai que botalos se parecen en muchas cosas: su despliegue de efectos especiales es similar, así como la fantasía desbordante de la historia, que en un caso se sitúa en lejanas galaxias, y en el otro en una Galicia virtual.

Los diferencia la actitud y el propósito de sus directores respectivos. George Lucas sólo quiere entretener. No trata de cambiar el mundo, ni de hacer catequesis ideológica. Su objetivo es que la gente salga contenta del cine, tras haber vivido una experiencia interestelar. El amplio equipo que inspira la otra producción, no tiene la modestia del cineasta americano; sus miembros se creen caballeros jedis comprometidos en la misión de salvar al país de sus enemigos.

Lucas ha creado una mitología muy divertida; estos otros, aburren con una monserga que se repite periódicamente cuando llega la hora de votar. Hai que botalos es la misma cantinela que ya vimos en Nunca Máis, o en aquellos petulantes manifiestos de Luzes de Galiza. Petulancia. He ahí el gran pecado de este antifraguismo intelectual que mira por encima del hombro a su propio paisanaje, y lanza fatwas contra los infieles. Son la constante amenaza fantasma.

El caso es que ellos mismos son la prueba de que sus horripilantes descripciones de una Galicia sometida a un yugo autoritario, son tan reales como el duelo con espadas-láser de Obi-Wan y Annakin. En el reparto de estos eternos protestantes hay actores y escritores que han recibido el (merecido) respaldo de la administración que preside su Darth Vader particular, o sea don Manuel. ¿Quién los persigue?

Su persecución por el fraguismo nada tiene que ver con la que padecen colegas suyos en el País Vasco, por ejemplo. ¿Hubiera sido posible en Euskadi un Hai que botalos dirigido al nacionalismo? Sí, pero con protección policial, pases semiclandestinos y un acoso sistemático del poder.

Aquí es distinto, y eso es la prueba de que la situación que describen nada tiene que ver con lo que pasa en la Galicia real. Lo admitan o no, están en una impecable democracia.

Sus llamamientos a la yihad están llenos de vanidad y les falta una característica que siempre había distinguido al galleguismo intelectual: el humor. Lo han perdido, y en su lugar aparece la irritación, la agresividad, el cabreo descarnado. El propio título de la pelicula los delata. Quieren imitar a Michael Moore, sin que aquí haya ningún Bush, ni ninguna guerra.

Hay una Galicia que les sobra, no ahora sino desde hace mucho tiempo. En ese paquete que ellos expedirían al sitio más lejano, no sólo irían Fraga o Paco Vázquez, sus dos iconos malignos, sino todos los gallegos que no han aceptado su mandarinato, aunque aprecien su trabajo artístico. Les estorba la Galicia culta que no está dispuesta a sustituir a los caciques rurales de antes, por unos caciques intelectuales de ahora.

A la derecha le costó zafarse de los primeros, y aún quedan algunos vestigios. Mal camino emprendería ahora la izquierda si cargase con el peso de este nuevo cacicazgo. Si finalmente las urnas le dan el poder a Touriño y Quintana, animen a toda esta gente a transformarse en productora, y hacer de su fantasiosa visión de Galicia, una saga similar a la de la Star Wars. Por el momento, no pueden competir con George Lucas, aunque estrenen al mismo tiempo. Están en el lado oscuro de la fuerza.



2
De: Asombr8-S Fecha: 2005-05-22 19:15

A ver se desta vai.



3
De: IaRRoVaWo Fecha: 2005-05-22 20:39

Desta vai, seguro. Estou convencido :).

E Carlos Luis Rodríguez equivócase nunha cousa, George Lucas tamén pretende "concienciar" á xente, Lucas quere que a xente vexa que ten que coidar da democracia porque pódese convertir nunha ditadura moi doadamente.



4
De: ictioscopio Fecha: 2005-05-22 21:43

Cando vaiades votar (ou botar) confiade no voso instinto, que a forza estea con vos (xa que eu non podo). Pero votade! non vaia ser o demo (lembrade senón á lebre que ao final foi derrotada pela tartaruga...)



5
De: xisbe Fecha: 2005-05-23 00:39

¿Intentas suxerir cos teus comentarios sobre A Voz que está manipulando a información?¿Esqueces que A Voz é unha das empresas de comunicación ás que a Xunta paga para difundir o bon e tapar o malo?¿ Pensas que as persoas que votan a través do pago por favor ou similares, ou son carretadas, van mudar de intención de voto?¿Existe o voto cautivo? Son moitas as preguntas con respecto ao que falas, fican para outra ocasión.
Eu tamén quero que se vaian, que mude a actitude de grande parte dos galegos con respecto ás eleccións e que finalmente poidamos ter futuro. Tamén son dos poucos que pensa que nin Touriño nin Quintana merecen ser Presidentes da Xunta, que nos falta unha verdadeira forza política galega e democratica e líderes con ideas, unha utopia, pero non por iso desexable.
Pero hai que bota-los.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-23 00:52

Mmm... Non creo, honestamente, que a Voz manipulara os resultados da sondaxe, que a fin de contas non difiren no esencial dos que xa ofereceu a de El País, por exemplo (de feito, eu prefiro os datos da Voz, que lle dá tres escanos mais ao BNG e así equilibra un pouco mais o peso das dúas forzas que están condenadas a formar governo). Do que si estou convencido é que na Voz pensaron moito, moito, nela e que mesmo é posíbel que a desen a coñecer antes de publicala a diferentes persoas con algún peso no mundo social e empresarial, a ver que pensan. É dicir, se a Voz vai sacar en portada que Touriño será presidente (e Quintana vicepresidente, ollo: na Voz xa repartiron os cargos!), con certeza primeiro han de asegurarse que iso é factíbel. Que a Méndez, Ortega ou os que sexan non lles vai parecer mal, vaia.



7
De: Vendell Fecha: 2005-05-23 01:35

¿A enfriar? ¿Quere eso dicir que desexa unha celebración con champán?



8
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-23 01:46

Eu o que desexo é unha celebración, sexa como for :-)



9
De: EMF Fecha: 2005-05-24 15:17

Tremendo este parrágrafo:
"Su persecución por el fraguismo nada tiene que ver con la que padecen colegas suyos en el País Vasco, por ejemplo. ¿Hubiera sido posible en Euskadi un Hai que botalos dirigido al nacionalismo? Sí, pero con protección policial, pases semiclandestinos y un acoso sistemático del poder."

Que me diga a mi o senhor -por dicir algo- Carlos onde se vai exhibir o filme e se nom está xa recibindo o acoso mediático (e sistemático) do poder.
Só falha o de "proteçao oficial"... pero iso é porque a policía xa se sabe a quem obedece.



10
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-25 00:53

O curioso é que Carlos Luis Rodríguez (proben a dicilo rápido e xa verán como se lhes traba a lingua) mesmo acaba admitindo que existen "vestigios de caciquismo", o cal non impide que para el isto sexa unha "democracia impecable"...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.67.122 (20fa5e6ad8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley