caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > La Mediterrania
> La Mediterrania <

Con certeza debe haber restaurantes na Coruña nos que se pode comer mellor, pero non sei de ningún no que se poida estar mellor. Falo de La Mediterrania, na rúa Tui, perto de Orillamar, unha casa de comidas na que de cando en cando organizan xornadas de cociña exipcia ou libanesa ou calquera cousa que se lle pase pola cabeza a María, unha muller brava, bravísima. Onte, luns, nove de maio, La Mediterrania fixo os seus primeiros cinco anos. E máis que virán.

Adiviñen onde iremos celebrar a (inminente) caída do Fragasaurio.

2005-05-10, 01:28 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/29585

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-10 01:35

E adiviñen en que lugar da Coruña estaba eu onte a iso das once, claro, escoitando a un húngaro que nos cantaba iso de Polo río abaixo vai unha troita de pé... Viño, cervexas e pinchos para celebrar o quinquenio, e ademais un fillo adoptivo de María, cuxo nombre non lembro -ou mais ben non escoitei- que nos botou varias pezas á guitarra. Alimento para o corpo e para o espírito, ou sexa.

Hai dous anos por estas datas La Mediterrania estaba recuberta por dentro con cartaces e recortes de prensa alusivos ao Prestige. Como para non terlles simpatía, vamos.



2
De: Maria Garaboa Fecha: 2005-05-10 10:08

Ayer, acompañábamos a Martín Pawley a eso de las 23,30 en la Mediterrania, ... además del hijo adoptivo de Maria, que se llama Juan y tiene una voz magnifica y un sentimiento que te llega dentro, dentro,... 15 o 20 maduritos recordando con cariño viejas canciones, 10 o 15 jovencitos cantando las viejas canciones que nosotros recordábamos con cariño, .... la policía, y un señor que no recuerdo bien, pero creo que se llamaba “hijo de puta”, que vive en el primero, y que a Maria le amargó “su fiesta”, porque ayer, ella, la brava, bravísima, estaba muy contenta, estaba de fiesta, y le hubiera gustado tenernos allí un ratito mas, tuvimos que irnos, pero volveremos...
Ojalá que sea para celebrar que este pueblo recobra el sentidiño y de manda a Hollywood a los viejos galanes, a rodar una peli..., yo, si quieren, les sugiero que continúen un guión muy interesante que conozco y que uno de los protagonistas, M3 creo que se llamaba, andaba igual que Fraga, su cometido era “ayudar en lo que pudiera”, que ayude, que ayude, que no le vendrá mal, pero allá, en esas naves silenciosas que, afortunadamente, no oye nadie,........... aquí, por favor, que se queden los que cantan bien......



3
De: Nuala Fecha: 2005-05-10 17:39

Nunca estiven ali pero a vindeira vez que estea na Corunha (Agosto con sorte) irei na procura dese refuxio de animas perdidas.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-11 02:52

Si, de feito eu xuraría que se chamaba "Juanma", pero... Juanma que mais?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.92.180.46 (3720b17153)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley