PARTICIPA NA DISTRIBUCIÓN, EXHIBICIÓN E FINANCIAMENTO DO PROXECTO "HAI QUE BOTALOS". A COLABORACIÓN DE TODOS E TODAS É IMPRESCINDÍBEL.
Como saberedes,
Hai que Botalos é unha campaña de estimulación do "boto", promovida por
Burla Negra e
A Fraga Maldita de cara ás
históricas eleccións nas que Galiza se xoga, tal vez, a oportunidade de respirar aires máis limpos e democráticos. A primeira fase, xa rematada, é a realización dunha película de denuncia, de creación colectiva, composta por vintecatro curtametraxes de non máis de cinco minutos, e que conta coa participación de artistas e creador@s galeg@s dos máis diversos ámbitos.
Agora iníciase unha nova fase de traballo (a distribución, a exhibición e o financiamento), na que se fai moi necesaria a participación de colectivos e persoas de todos os puntos de Galiza (e mesmo de fóra), sensibles aos obxectivos e ao espírito deste proxecto de acción social e cultural. De seguida, informámosvos das características da campaña e das formas de participación propostas.
(Segue aquí...)
¶