
Descubrín a Jon Stewart e o seu
Daily Show lendo ao
melhor blogueiro ao sur do Minho, para quen o programa acabou por convertirse nun referente imprescindível. Cheo de humor intelixente e livre, o
Daily Show repasa con demoledora ironía noticias de actualidade e oferece reportaxes inventadas que parodian situacións ben reconhecíveis, proporcionando ao espectador un feixe de momentos hilariantes. O tratamento que deron do cónclave e a eleición de Benedicto XVI como novo pontífice é verdadeiramente memorável; antonte escachei coa risa ao escoitar a Jon Stewart recordando que Ratzinger era un alemán que trabalhaba en Italia e que cando alemáns e italianos colaboraban xuntos "non había nada que temer", piada precedida dunha formidável montaxe ao estilo Michael Moore que recolhía a confusión de algúns medios informativos sobre a cor da fumata que anunciaba a decisión dos cardenais. Especialmente contundentes foron as sarcásticas palavras dirixidas á Fox News por mor do insólito entusiasmo que alí exibiron cara os acontecementos vaticanos, até o ponto de teren inserido o titular
We have a Pope!, escrito así, con signo de admiración, feito que lhe leva a Stewart a dicir que a Fox xa é oficialmente "unha diócese".
En España a cadena
Paramount Comedy emite o
Daily Show, Global Edition os sábados e domingos ás 14:00, ás 23:30 ou ás 2:30, como prefiran. Os usuarios de
R temos este canal en promoción (é dicir, de balde) até o mes de xunho, así que poden aproveitar a ocasión para velo pola pantalha da televisión en vez de
pola do ordenador a través de Internet.

El e mailo seu amplo equipo de guionistas están detrás
deste livro,
America: A Citizen's Guide to Democracy Inaction, que ardo en desexos de ler e que foi un grande éxito de ventas nos Iunaited Esteits o pasado ano. Stewart é autor tamén de
Naked Pictures of Famous People, que dispón dunha moi apetecível edición portuguesa,
Nus de Pessoas Famosas.
Pero se queren ficar definitivamente enganchados a este monstro da televisión, un home que a diferenza do que se leva en España permite e procura que os seus convidados non parezan parvos,
véxano en acción nun programa da competencia, no
Crossfire da CNN, un falso debate liderado por dous comentaristas políticos, Paul Begala e Tucker Carlson, que se distinguen basicamente porque un é mais conservador que o outro. Tenhen a transcrición de todo o que pasou
neste enderezo: un enfrontamento ácido e valente do que sae vencedor por K.O. un xenio do humor que nos regala a cotío frases como
esta:
If the events of September 11, 2001, have proven anything, it's that the terrorists can attack us, but they can't take away what makes us American - our freedom, our liberty, our civil rights. No, only Attorney General John Ashcroft can do that
¶