caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A fábrica
> A fábrica <


Mário J. Herrero, Pedro-Milhám Casteleiro, José António Lozano, François Davó, Alfredo Ferreiro, Luiz Maçãs Lôpez e Tati Mancebo: estes eran os Sete poetas que editaron hai xa dez anos ao abeiro da Agrupación O Facho un livro que recolhía parte da obra de todos eles. Son os seus nomes, mais os de Alberto Esperante e Dulce Fernández, os que agora temos o pracer de atopar detrás de A Fábrica, unha excelente bitácora colectiva na que sospeito vai haber sobre todo moita creación literaria e de cando en cando algunha que outra intelixente reflexión coa cal enriquecer o debate sobre o inacabável, absurdo e no esencial irrelevante problema da lingua.

2005-04-30, 16:32 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/29305

Comentarios

1
De: Táti Fecha: 2005-04-30 21:36

Obrigadinha, pola parte que me toca, pola sua amavel referencia, Sr. Pawley, Dulce Fernandez ja formara parte de 7 poetas mas na equipa editorial. Alberto Esperante e um fantastico desenhador grafico, malia el nao goste desta etiqueta que, espero, ja logo, se ponha a transformar a aparencia da Fábrica. E nos surpreenda de quando em vez com alguma peça da sua colecçao formada por imagens representativas de aquilo de que a realidade sempre supera a ficçao.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-01 17:30

Seino, Táti: Embora não constar entre os poetas, Dulce Fernández também deve figurar como autora desta obra. Tomo nota da súa suxerencia, aínda que tenho a impresión de que sorprenderlos a vostedes é un labor ben complicado...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.197.75.83 (ccf77fbda8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley