caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Acuse de recibo, 4: Drònadár
> Acuse de recibo, 4: Drònadár <

Quen me ía dicir que a primeira cousa editada comercialmente na que aparecería o meu nome sería un disco... E ben orgulloso que estou, oian, aínda que a miña participación sexa suficientemente pequena como para que o disco, malia iso, pague a pena.

Eles fanse chamar Drònadár e dedícanse á música folk, ou case. O ano pasado foron os triunfadores do primeiro concurso de maquetas organizado polo Festival de Mendebala e iso abreulles a posibilidade de gravar este primeiro traballo, doce temas en total, catro deles instrumentais e os outros oito cantados en euskera. Todos? Non! Un dos temas, Xandrie, con música de Ivan Allue, alterna con sorprendente eficacia versos en galego e en euskera; da adaptación á nosa lingua das palabras orixinalmente escritas por un tal Shanti Basauri encargouse o dono deste blog co entusiasmo e a pouca présa que o caracteriza. E está mal que eu o diga, pero a combinación non quedou mal de todo.

O CD é unha magnífica demostración das posibilidades deste sexteto. Podía ser mellor, sen dúbida: Drònadár, nome tamén do álbume, amosa unha lixeira e creo que innecesaria domesticación, feito que se nota sobre todo nalgunha peza instrumental, pero en calquera caso é unha excelente carta de presentación para unha banda que onde debe demostrar o seu poderío é no directo (é obvio que composicións como Morbihan ou Galdua naceron para ser desfrutadas ao vivo). O mellor é, para min, o primeiro tema, que seica está soando como "single" nas radios vascas: Ez dakite, quizá o mais comercial e menos folk pero tamén o mellor construído e que dispón ademais dunha letra francamente brillante e fermosa, un himno urbano e caótico para unha sociedade permanentemente afectada de jet-lag.

Son conscente de que isto de promocionar aos amigos a quen se lle dá verdadeitamente ben é a María, mas esta vez tócame a min: fagan o posíbel por escoitar estas cancións, e se queren mercar o disco, perfeito; e se non, non pasa nada, non imos coller perrencha algunha que para iso xa está o Monstro do Canon.

***Drònadár está formado por Ivan Allue (alboka, tin-whistle, ttun-ttuna, gaita(s) e un feixe de cousas mais); Shanti Basauri (guitarra); Ricardo Fernández (batería); Antonio Ortega (baixo); Marian Palacios (voz e percusión) e Estibalitz Ruiz (violín e voz).

2005-04-27, 03:09 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/29200

Comentarios

1
De: Mifune Fecha: 2005-04-28 05:48

Resulta que ayer coincidieron con Mercedes Sampietro y Carmen Machi: http://servicios.elcorreodigital.com/vizcaya/pg050427/prensa/noticias/Television/200504/27/VIZ-TV-182.html

xDDDD



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-28 22:18

Permítome reproducir aquí o que escribiu hai unhas semanas o amigo Cesare a conta dese Roberto Zucco:

Actores malos e peor dirixidos, estrelas da tv que non son capaces de abandonar os xestos e as frases das súas teleseries, escenografía sobrante, redundante e gratuíta, un famoso actor hipergalego ou imaxes de fistfucking pra escandalizar vellas son parte da trama conspiratoria contra un texto fabuloso que só ergue a obra cando lle deixan coller aire. Afortunadamente, o centro dramático nacional, anque o pagamos todos, non xira por provincias.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-11 01:58

Pero se custa tan só trece euros o disco!!! Así nin paga n pena piratealo, practicamente...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.230.51 (75e616cf27)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley