caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Eusko-repartos eleitorais
> Eusko-repartos eleitorais <

Os recentes comicios vascos son unha boa excusa para xogar de novo coa asignación de escanos que se deriva do método D'Hondt. Expliqueino aquí o ano pasado e o anterior, pero imaxino que nunca vén de mais lembrar o procedemento, que require unicamente saber dividir. Hai que ter en conta en primeiro lugar que aos partidos se lhes esixe que superen unha porcentaxe de voto mínima, que en Euskadi é do 3%; os que non pasan desa cantidade non optan a escano. Dito isto, empezamos a botar contas. A cousa consiste simplesmente en repartir o total de votos que reciben os partidos entre todos os escanos postos en xogo en cada distrito: se, por exemplo, nunha certa circunscrición escólhense doce deputados, temos que dividir eses votos por un, dous, tres, ... até doce, obtendo así doce cocientes diferentes para cada partido. De todos eses números que se obtenhen quedámonos neste caso cos doce máis altos, e a cada un deles, e polo tanto ao partido que os obtivo, asignámoslhes un escano. E xa está: iso é todo.

O sistema vasco parte dunha notável peculiaridade: as tres provincias están representadas no parlamento por un mesmo número de deputados, 25, malia teren un número de habitantes moi diferente. Que sucedería se a asignación de escanos a cada provincia fose estrictamente proporcional á povoación? Variaría de xeito significativo a composición do parlamento?

Habería que dicir, para empezar, que unha distribución estrictamente proporcional non se aplica case nunca e en xeral nin sequera é desexável. De facerse así o peso no parlamento dos distritos menos povoados sería excesivamente pequeno e con certeza acabarían ficando á marxe da loita política habitual. No caso vasco, o territorio de Bizkaia multiplica case por catro a povoación do de Araba, e polo tanto tería dereito a un número catro veces maior de deputados: dificilmente nesas circunstancias os partidos amosarían un interese moi grande por facerlhe propostas aos cidadáns de Gasteiz tendo en conta que co mesmo esforzo en Bilbao obterían uns réditos eleitorais ben superiores. Para corrixir este inconveniente o mais habitual é outorgar unha cifra mínima de escanos a cada territorio que sexa apetecível dabondo e logo engadir algúns mais en función da povoación. Posto que esa cifra mínima é até certo ponto arbitraria neste post decidín non facelo así e optar por un reparto puramente proporcional ao censo. A carón do nome de cada territorio vai o número de cidadáns con dereito a voto e entre paréntese o número de escanos que eu lhe asignei:

Araba: 244484 (11)
Bizkaia: 949974 (40)
Gipuzkoa: 566777 (24)

E agora, o reparto definitivo según D'Hondt: aquí tenhen as tres provincias e os cocientes dos partidos con posibilidade de asignación; non lhes ponho todos os cocientes, para aforrar tempo, senón só aqueles aos que lhes corresponde parlamentario (en negrita), mais o primeiro dos cocientes que fica sen el.

Araba

PNV-EAJ: 51601 (1), 25800,5 (2), 17200,33 (3), 12900,25 (4), 10320,2

PP: 43765 (1), 21882,5 (2), 14588,33 (3), 10941,25

PSE-EE: 42994 (1), 21497 (2), 14331,33 (3), 10748,5

EHAK: 14180 (1), 7090

EU-IU non chega a recibir escano. Nin Unidade Alavesa nin Aralar acadan o mínimo do 3%.

Bizkaia

PNV-EAJ: 264774 (1), 132387 (2), 88258 (3), 66193,5 (4), 52954,8 (5), 44129 (6), 37824,86 (7), 33096,75 (8), 29419,33 (9), 26477,4 (10), 24070,36 (11), 22064,5 (12), 20367,23 (13), 18912,43 (14), 17651,6 (15), 16548,38 (16), 15574,94 (17), 14709,67

PSE-EE: 151347 (1), 75673,5 (2), 50449 (3), 37836,75 (4), 30269,4 (5), 25224,5 (6), 21621 (7), 18918,38 (8), 16816,33 (9), 15134,7 (10), 13758,82

PP: 113867 (1), 56933,5 (2), 37955,67 (3), 28466,75 (4), 22773,4 (5), 18977,83 (6), 16266,71 (7), 14233,38

EHAK: 65431 (1), 32715,5 (2), 21810,33 (3), 16357,75 (4), 13086,2

EB-IU: 36258 (1), 18129 (2), 12086

Aralar non acada o mínimo do 3%.

Gipuzkoa

PNV-EAJ: 147498 (1), 73749 (2), 49166 (3), 36874,5 (4), 29499,6 (5), 24583 (6), 21071,14 (7), 18437,25 (8), 16388,67 (9), 14749,8 (10), 13408,91

PSE-EE: 78088 (1), 39044 (2), 26029,33 (3), 19522 (4), 15617,6 (5), 13014,67

PP: 70577 (1), 35288,5 (2), 23525,67 (3), 17644,25 (4), 14115,4

EHAK: 51163 (1), 25581,5 (2), 17054,33 (3), 12790,75

EB-IU: 20278 (1), 10139

ARALAR: 15273 (1), 7636,5

E con todo isto formaríamos o seguinte parlamento:

PNV-EAJ: 31 deputados (4 Araba, 17 Bizkaia, 10 Gipuzkoa)
PSE-EE: 18 deputados (3 Araba, 10 Bizkaia, 5 Gipuzkoa)
PP: 14 deputados (3 Araba, 7 Bizkaia, 4 Gipuzkoa)
EHAK: 8 deputados (1 Araba, 4 Bizkaia, 3 Gipuzkoa)
EB-IU: 3 deputados (2 Bizkaia, 1 Gipuzkoa)
ARALAR: 1 deputado (Gipuzkoa)

Como ven o único cambio significativo consiste en que o tripartito da anterior lexislatura, aínda que lonxe da maioría absoluta, sumaría dous deputados mais que o conxunto PSE-PP e polo tanto podería formar governo con certa tranquilidade. Polo demais seguiría tratándose dun parlamento moi plural que convida necesariamente ao diálogo.

2005-04-21, 03:45 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/29038

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-21 04:01

Sirva isto para ir quentando motores de cara ao que nos espera aos galegos en xunho: dentro dunhas horas Fraga anunciará eleicións xunteiras, disque.



2
De: ictioscopio Fecha: 2005-04-21 11:35

Vainas adiantar para que eu non chegue a tempo de votar??



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-21 19:28

Pois convocounas, si. Vote por correo, pero vote, Ictioscopio, que non andaremos moi sobrados, non...



4
De: ictioscopio Fecha: 2005-04-21 22:59

Estou empadroado en Madrid, non chegaría a tempo :S



5
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-21 23:04

Dígalhes aos de Correos que vai votar polo PP, a ver se así lho aceptan. a fin de contas, entre os votantes residentes en algúns continentes o rigor dos padróns non é cousa que se tenha moi en conta.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.109.48 (753af037c7)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley