caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Rancor
> Rancor <

Experimento unha desconfianza esencial ante a Guardia Civil, semellante á que sinto polo exército, a Igrexa e en xeral por todos os corpos que fan da xerarquía un valor en si mesmo; considéroos por definición antihumanos ao reemprazar o pensamento libre pola obediencia debida. Non soporto a estética marcial nin a linguaxe patriótica que foxe de aportar ideas e se limita a repetir consignas. Penso que a morte e a dor son traxedias íntimas e individuais, que non poden ser empregadas xamais como elemento dialéctico. Paréceme que en moi raras ocasións a morte ten un certo compoñente heroico; as mais das veces é simplesmente unha desgraza, que xa é dabondo.

Inaugurouse hai uns días na Coruña unha exposición que leva por título La Guardia Civil frente al terrorismo. Por la libertad. Por las víctimas. A mostra oferece ao visitante vídeos de funerais, fotografías de gardas civís asasinados e portadas de xornais que recollen noticias sobre atentados, mas con certeza a peza principal é a reconstrución do zulo no que foi retido o funcionario de prisións Ortega Lara durante os mais de cincocentos días que durou o seu secuestro, unha salvaxe solución habitacional que dá a medida do sentido da xustiza e a liberdade da banda terrorista ETA. Os paneis informativos aparecen adornados con frases de diferentes personalidades públicas, frases que serven mais para calmar as conciencias proprias que para buscar o obxectivo único e irrenunciábel da paz.

Desde a distancia que me dá non ser vítima nin verdugo podo dicir que o único argumento que se exhibe estes días en Durán Loriga, 10 é o do rancor, e ese non me parece un argumento digno de compartir espazo físico cunha biblioteca. Porque un discurso que se sustenta en mortos pode ser respondido con outros mortos diferentes; porque fronte ao zulo de Ortega Lara cabe expoñer a sala de interrogatorios do cuartel de Intxaurrondo, e así suma e segue, nun reconto inacabábel de danos colaterais que só é útil para aqueles que tiran beneficios da dor allea, ben porque se adican profisionalmente a ela ou ben porque dela obteñen alimento intelectual.

Que non lles caiba dúbida algunha: vaia toda a miña solidariedade cara os que sofren, cara os que ven esnaquizados os seus dereitos fundamentais, estean onde estean. Pero tamén teño ben claro que desde a contemplación alporizada do pasado non hai xeito de construír un verdadeiro futuro de paz e esperanza.

2005-04-17, 19:57 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/28911

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-18 00:54

Aínda que non tenha relación directa co tema tratado neste post, se queren ver un intelixente achegamento ás eleicións vascas vaian onde El Pez.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-18 02:07

Mais de peixes e pizzas, xusto aquí.



3
De: Anónimo Fecha: 2005-04-18 19:33

[1]
Ah, ¿no hay relación directa entre terrorismo y elecciones vascas? que más quisieramos



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-18 23:21

Pois non, non me parece que haxa unha relación directa, Anónimo. Algunha relación si hai, con certeza, e posivelmente tamén inflúan outros factores, como o recén iniciado cónclave ou a caída das bolsas americanas o pasado venres. Quen sabe. As motivacións dos votantes poden ser tan diversas!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.234.61 (9da79ec702)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley