caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > ...pero a pancarta elíxoa eu
> ...pero a pancarta elíxoa eu <

Fraga quere que os galegos nos mobilicemos para esixir a execución nun prazo razoável de todas as obras de infraestruturas prometidas polo governo Aznar e asumidas logo polo governo ZP. E eu encantado, Donmanuel, mire; ben sabe que por min non hai problema e que unha manifestación mais xa non se nota. Ponha data e hora, simplesmente. Iso si: é moi posível que você non goste nada da minha pancarta.

2005-04-09, 21:28 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/28662

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-09 21:37

E falando de pancartas, cartaces e desenhos varios, vexan este que preparou o Subcomediante H:



Simpático ou non, iso vai según gostos; a min parécemo, desde logo. O que si é obvio é que é absolutamente inofensivo. Non pensan así os que fan Código Cero, xente que como ven amosa un luminoso senso do humor. Non o tomen tan a mal, home. Descansen un pouquinho, ho, que lhes ha de sentar ben.



2
De: peke Fecha: 2005-04-10 17:07

Pois si que o tomaron pola tremenda.
Por certo, ¿que hai o día 30 ás 10.30 en Coruña? Pregunto, porque é probable que vaya o día anterior en autobús ou tren.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-10 17:10

Pois hai unha sesión preciosa de planetario na Casa das Ciencias á cal eu soio acudir con frecuencia, e que con certeza tamén lhe había de interesar a vostede. Fíxese se será boa que ás veces até vén Akin, e todo...



4
De: Cesare Fecha: 2005-04-10 17:57

jajajaj
pero mira que é vostede fuguillas, Peke...



5
De: peke Fecha: 2005-04-10 18:26

Non Cesare, non son fuguillas: son realista. Se quero resistir na quedada terei que descansar pola tarde e non me vexo tragando tantos quilómetros dunha sentada. Se cadra indixéstome. Xa falaremos. ;)
(É que teño empeño en ir, carafio, que xa está ben de perderme todas as verbenas).



6
De: peke Fecha: 2005-04-10 18:34

Estiven unha vez nunha sesión de planetario cos rapaces do instituto. Quedei marabillada, malia que nalgúns momentos adormecín na escuridade. Se me promete que tamén estará Vendell, madrugarei. :)



7
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-10 19:01

Adormeceu na escuridade? Tocaríalhe ver o programa sobre Galileo, entón... ;-)

Vendell non sei se quererá ir, eu non estou en condicións de aseguralo. Que o diga el, melhor.



8
De: Vendell Fecha: 2005-04-10 19:57

Podo intentalo, pero non prometo nada porque ese día teño que xantar en Lugo.



9
De: dorfun Fecha: 2005-04-10 20:56

...anda a nacer outra quedada interplanetaria? ...pois non estaría mal, non!



10
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-10 21:19

Pois seica xa está nacida, dorfun:



11
De: Indi Fecha: 2005-04-10 21:50

Pensabamos nós, cándidos, que o tema ía sobre a conquista de Madrid comandada e dirixida polo noso pastor lusitano Manoliño, o de Vilalba, mais, hete aquí, andades a falar-vos de temas secundarios do ensino básico e non vos dades por enterados de que desta vez, en serio: first we take Berlín, then we take Madrid.
.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 107.22.46.150 (aeafe2fbf3)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley