Pero a min si. E moito. Porque o ciclo deste mes na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano da Coruña é autenticamente excepcional. Non porque as películas sexan boas, que non o sei posto que aínda non as vin, senón porque son xustamente iso, excepcións. O cine do sur do sur.
31 de marzo, 1 e 2 de abril: Hyènes, de Djibril Diop Mambéty (Senegal, 1992)
7, 8 e 9 de abril: Neak sre (A xente do arrozal), de Rithy Pahn (Cambodia, 1994)
14, 15 e 16 de abril: West Beyrouth, de Ziad Doueiri (Líbano, 1998)
21, 22 e 23 de abril: Zhantai, de Jia Zhangke (China, 2001)
28, 29 e 30 de abril: La ciénaga, de Lucrecia Martel (Argentina, 2001)
E non esquezan tampouco que o
CGAI empeza un ciclo sobre o ultimísimo cine brasileiro, incluídas
Amarelo manga e ese
Edifício Master do que xa nos falara
o noso homem no Rio.
Manhá, dispensando, falaremos
de jazz.
¶