Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Moolaadé
> Moolaadé <



Nacido hai oitenta e dous anos en Senegal, Ousmane Sembene foi o primeiro cineasta africano en acadar unha certa repercusión internacional como dono dunha obra exhibida e premiada en diferentes certames europeos xa na altura dos anos sesenta. En España, porén, ningún dos seus filmes chegou a ser estreado. O exitoso paso de Moolaadé polo Festival de Cannes do 2004, onde recibiu o galardón "Un certain regard", permite que hoxe teñamos a oportunidade de ver esta obra mestra dentro dos limitados circuitos de versión orixinal.

O fío argumental de Moolaadé é moi simple. A historia comeza cando catro nenas escapan do rito da ablación refuxiándose na casa de Colle Ardo, unha muller que varios anos atrás impediu que a súa propria filla Amsatou fora sometida a tal práctica. A partir dese momento entran en conflito dous valores tradicionais: dunha banda a salindé, a "purificación" pola brutal vía da mutilación xenital, e doutra o moolaadé, o dereito ao asilo e á protección. Coa súa decisión de acoller e axudar ás nenas Colle Ardo provoca unha crise na vida da aldea; Colle mesmo deberá pasar polo sufrimento do castigo e a humillación pública antes de que a súa postura saia triunfante, desencadeando unha auténtica revolta de mulleres que esixen que nunca mais nena algunha sexa mutilada. E é que -non llelo vou negar- o final de Moolaadé é esperanzador, positivo e un chisco inxenuo, aínda que tamén é certo que para daquela o espectador xa tivo ocasión de ver momentos dabondo de xenuino dramatismo.

Moolaadé é unha aposta decidida pola libre elección da muller, cousa que Ousmane Sembene explica dun xeito audaz e conmovedor, outorgando todo o peso do relato a un personaxe inesquecíbel, a Colle Ardo que interpreta con enerxía e bravura Fatoumata Coulibaly. A película é ideoloxicamente inequívoca, un feroz canto á liberdade, incluida a liberdade de expresión e de comunicación conculcada nun pobo no que os homes prohíben a radio por considerala culpábel de transmitir mensaxes contrarios á tradición. Ousmane Sembene retrata os feitos con vigor mais sen efectismos, optando con veterana sabiduría pola naturalidade; unha naturalidade que se revela especialmente valiosa no seu tratamento da dor e da morte.

Inzada de pequenos detalles que non escaparán ao ollo atento (reparen, por exemplo, nos cartaces que asoman polo posto de venta ambulante do "Mercenario", un personaxe decisivo na historia; ou na relación que mantén Colle Ardo coas outras esposas do seu marido), Moolaadé é unha obra fermosamente colorida e vitalista, unha desas pezas maxistrais que contribúen a facernos mellores persoas. Non podo deixar de facer miñas as palabras que escribiu Lisa Schwarzbaum no Entertainment Weekly "This great work of art has the potential to change the world".

2005-03-27, 01:00 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/28461

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-03-27 23:02

Lean tamén a crítica de Roger Ebert.



2
De: Juanjo Fecha: 2005-04-22 11:22

A mi también me ha parecido una película muy valiosa e interesante para tratar todos los temas de multiculturalidad, y en epecial este tan controvertido.
Los mundos no son cerrados y debemos escuchar también otras voces, cuando nos dejan!



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-04-23 02:20

¡Anda, Juanjo, que bon velo pasar por aquí! É unha mágoa que este excelente filme non se estrease aínda en Galiza (non ten traza de facelo, ademais). Oxalá a próxima apertura deses cines no Palexco sirva para que aumente a cine-diversidade desta parte do mundo na que vivimos.



4
De: dedoscomovermes Fecha: 2007-12-18 00:53

Acabo de vê-la. Quê bem, quê gostosa, apesar dos 20 minutos publicitários cada três por dous...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.191.92 (7fd612e64f)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley