caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Libre e paccionadamente
> Libre e paccionadamente <

Leo a proposta elaborada polo Foro Novo Estatuto, que pretende erixirse como vía galega para a reformulación do estado. A música do texto soa melhor que a do plan Ibarretxe mas en esencia o ritmo é o mesmo, así que non acabo de ver cales son as novidades. O de integrarse no estado español libre e paccionadamente non o van entender alá en Iberia, por moito que intentemos despistalos con ese adverbio tan molón. Non o aceptarán, e tampouco o feito de que o poder de Galiza emana do povo galego e non dos residentes en Murcia, ou pola obriga (e non só o dereito) de conhecermos o idioma proprio.

Non partimos de presupostos rupturistas ou inaceptabeis. Non hai "excesos soberanístas", por usar esta torpe terminoloxía, senón a plasmación dunha formula de integración construtiva e imprescindíbel para que Galiza non quede unha vez máis a marxe do progreso e da España que circula con AVE e crecementos económicos xeométricos. Non queremos romper nada, senón compoñelo mellor e máis solidariamente, en España e en Europa. Este non é un Estatuto "de máximos", senón do xusto e necesario. Son palavras de Pablo González Mariñas, un dos principais responsaveis do texto. El afirma que non é unha proposta rupturista, e non di a verdade: si o é. A ruptura co que hoxe temos nace simplesmente de reconhecer a evidencia plurinacional do estado español (algo xa asumido na Inmaculada Constitución do 78 mas só de boca para fora) e a partir dela estabelecer un novo marco de decisión polo cal se acepte que quen decide sobre Galiza son só os galegos, e equivalentemente quen decide sobre Euskal Herria son só os vascos. E por iso non van pasar, a non ser, claro, que haxa a necesaria masa crítica de cidadáns que obrigue a executar semelhantes reformas. En Euskal Herria, en Catalunya, na Galiza e tamén nas Canarias ou en Andalucía.

Haina?

Algúns fragmentos da proposta
O texto íntegro en formato PDF, aquí.

BASE I. Preliminar
3. Galiza, na súa condición de nación, intégrase libre e paccionadamente como Comunidade Autónoma na estrutura política plurinacional do Estado español.

BASE II. O autogoberno galego
3. Os poderes de Galiza emanan do Pobo galego.
4. O territorio de Galiza é o abranguido nos límites da actual Comunidade Autónoma, sen prexuízo da incorporación voluntaria de territorios limítrofes de características históricas, económicas, culturais ou xeográficas análogas, de acordo co disposto no presente Estatuto e nas leis.
5. O galego é a lingua nacional, oficial e propia de Galiza. Todos os cidadáns e cidadás galegas teñen a obriga de coñecelo e o dereito a usalo (...) O castelán, como lingua oficial do Estado, terá en Galiza carácter de lingua co-oficial, sendo o seu uso e ensino garantidos polos poderes públicos galegos, segundo o estabelecido no marco constitucional.
O Goberno galego defenderá e fomentará o emprego da nosa lingua nas zonas galegofalantes do exterior da Comunidade Autónoma.
Como lingua de Galiza, o galego será de uso oficial no Senado, en canto Cámara de representación territorial, así como, no seu caso, no Congreso dos Deputados, recoñecerase ademais o seu emprego polos representantes galegos nas institucións da Unión Europea como lingua oficial da mesma.

BASE III. A cidadanía galega
1. Teñen a condición de cidadáns galegos as persoas con veciñanza administrativa en Galiza. Dentro do territorio da Comunidade Autónoma, toda a cidadanía galega asome os dereitos e deberes que recoñecen o Estatuto de Galiza, a Constitución, os Tratados da Unión Europea e os Acordos e Pactos internacionais da ONU e do Consello de Europa, sen ningún tipo de discriminación nin posibilidade de suspensión temporal, sen prexuízo das limitacións de exercicio que poidan derivarse do cumprimento de resolucións xudiciais.
2. A adquisición da cidadanía galega, así como a súa acreditación, será regulada por unha Lei de desenvolvemento estatutario básico, cumprindo os requirimentos esixidos polas leis do Estado para a nacionalidade española, de tal xeito que a cidadanía galega surtirá os mesmos efectos que aquela e será compatíbel con ela.
3. A cidadanía galega é renunciábel, mais en ningún caso poderá privárselle dela, sen o seu consentimento, a quen a adquirise por calquera dos procedementos legais establecidos.
4. Ninguén poderá ser discriminado por razón da súa cidadanía. Todas as persoas residentes fóra de Galiza que dispuxesen da súa última veciñanza no seu territorio poderán manter a súa nacionalidade galega, que tamén poderá transmitírselles, se así o solicitasen, aos seus descendentes directos. Neste caso, gozarán de todos os dereitos recoñecidos aos cidadáns e cidadás galegas.

BASE VI. O Poder galego
1. Os poderes de Galiza, que emanan do Pobo galego, exércense a través do Parlamento, da Xunta e do seu Presidente, e do Poder Xudicial, que lle corresponde aos xuíces e maxistrados independentes e inamobíbeis. A organización xudicial galega rematará en todas as súas instancias e graos no Tribunal Superior de Xustiza, sendo o Consello Xudicial de Galiza o seu órgano de goberno.
2. O Parlamento representa ao Pobo galego, é inviolábel, e non pode atentarse en forma ningunha contra a súa seguridade ou liberdade.

BASE XI. Galiza e a acción exterior
2. Recoñecerase a presenza de Galiza, directa ou formando parte da delegación estatal, naqueles foros internacionais onde se vexan afectados os seus intereses e competencias.
3. Recoñeceráselle a Galiza a capacidade para celebrar acordos ou convenios con entidades, organizacións ou organismos (por exemplo, a UNESCO) para a promoción dos seus intereses que non impliquen funcións de soberanía.

2005-03-01, 01:00 | 24 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/27465

Comentarios

1
De: Albert Fecha: 2005-03-01 11:53

L'absència de crítica i el conformisme/conservadurisme són característiques inherents en bona part de la població íbera, com tu anomenes. No s'entén i no es vol entendre (non se entende e non se quere entender [s'escriu així?])



2
De: ro Fecha: 2005-03-01 13:03

a constitución non é limitada, senón q o refamoso título VIII pensouse e elaborouse para que fose evolutivo. o problema é q os gobernantes de agora (iso non foi así sempre) queren fechar a cuestión territorial-nacional, pero iso está claro q non é posible mentres non volvan bomardear euscadi e cataluña.

está por ver o q facemos nós nesta conxuntura-estructura, pero nun horizonte próximo de cambio de goberno, habería q negociar este texto con algún outro en función do resultado electoral.

en calquera caso, todo é posible se así o queremos. a masa crítica faise, créase, aliméntase, aínda q iso non leva un nin dous anos...



3
De: Indi Fecha: 2005-03-02 22:40

Ficamos paccionadamente estupefactos.
A Base I xa foi defendida por un tal...
Jaime Ignacio del Burgo Tajadura,
Deputado por Navarra do grupo de Populares y Sencillos, en tempos moi anteriores. Aproxímense se lhes peta ao enderezo que indicamos e mergúlhense na súa frolida publibiografía:
http://www.congreso.es/diputados/wfichadipu.jsp?cod=250&num_leg=8

Conformamos con vostede senhor Pawley, fai falta crítica. Da masa saben máis os nosos colegas de panificación e obras públicas.



4
De: Cesare Fecha: 2005-03-03 20:43

Das súas palabras non entendo moito se está de acordo ou en desacordo, se agardaba máis ou menos...



5
De: Martin Pawley Fecha: 2005-03-03 21:45

Eu estou totalmente de acordo, mas iso non sorprende moito porque eu tamén estou de acordo, no esencial, co Plan Ibarretxe. E mais non se podía agardar, porque mais non hai, realmente.

O que si me parece é, digamos, un pouco inxenuo pensar que esa proposta é hoxe por hoxe asumível non xa polo PP senón polo proprio PSOE, ou polo menos polo PSOE de Pepe Bono, Paco Vázquez e (tamén) de Pérez Touriño. Suponho que do que se trata, no fondo, é de deixar ben claro que desde diferentes partes do estado -Euskal Herria, Catalunya, Galiza e as Canarias- hai unha parte importante -nalgúns casos maioritaria- da povoación con desexo de que as cousas cambien, e iso, en si mesmo, paréceme moi positivo. Que a reformulación do estado non é cousa de "perigosos separatistas radicais", senón de cidadáns tan pouco sospeitosos de radicalismo como Pablo González Mariñas, Xosé Luis Barreiro Rivas ou Xavier Alcalá.



6
De: ro Fecha: 2005-03-04 12:33

eu creo q o grao de autonomía proposto polas Bases é case máximo. están moi ben os comentarios q lle fai camilo nogueira hoxe en vieiros e ant.

lendo hoxe o q dixo imaz onte, alégrome de q o pnv teña unha visión moderna do mundo e q asuma a (futura) morte dos estados-nación. hai q buscar alternativas e a min esta váleme.



7
De: Vendell Fecha: 2005-03-04 13:15

Leín o texto. Gustoume esa definición extensa e provocadora de cidadanía. O resto semella a descripción da reproduccón dun estado pola vía asexual. Pura mitose política.

Prefiro o sexo.



8
De: webensis Fecha: 2005-03-04 14:46

"O de integrarse no estado español libre e paccionadamente non o van entender alá en Iberia"

¿Pero sí lo entenderán alí, en Atlántida?



9
De: Martin Pawley Fecha: 2005-03-04 22:33

Evidentemente, webensis. E logo, onde lhe parece que se fixo?



10
De: Martin Pawley Fecha: 2005-03-04 22:39

Vendell, pois vexa cal é a definición de cidadanía no diabólico Plan Ibarretxe:

1.Corresponde la ciudadanía vasca a todas las personas que tengan vecindad administrativa en alguno de los municipios de la Comunidad de Euskadi. Todos los ciudadanos y ciudadanas vascas, sin ningún tipo de discriminación, dispondrán en la Comunidad de Euskadi de los derechos y deberes que reconoce el presente Estatuto y el ordenamiento jurídico vigente.

2. Se reconoce oficialmente la nacionalidad vasca para todos los ciudadanos y ciudadanas vascas, de conformidad con el carácter plurinacional del Estado español. La adquisición, conservación y pérdida de la nacionalidad vasca, así como su acreditación será regulada por Ley del Parlamento Vasco ajustándose a los mismos requisitos exigidos en las Leyes del Estado para la nacionalidad española, de modo que el disfrute o acreditación indistinta de ambas será compatible y producirá en plenitud los actos jurídicos que determinen las Leyes.

3. Nadie podrá ser discriminado en razón de su nacionalidad ni privado arbitrariamente de la misma.



11
De: Martin PAwley Fecha: 2005-03-04 23:03

O artigo de Camilo Nogueira en Vieiros/A Nosa Terra:

O Estatuto de nación: no bo camiño

As Bases do Novo Estatuto apresentadas estes días en Santiago de Compostela polos representantes do grupo de redactores convidados polo BNG supoñen un paso adiante afortunado no proceso que debería levar á aprobación por referendo dun Estatuto de Nación para Galiza. Os redactores mostran até que punto é posíbel facer propostas ambiciosas sobre o autogoberno de Galiza sen someterse á ideoloxia e aos límites impostos polo poder do Estado español, inseríndoas sen reservas sectarias na realidade estratéxica da Unión Europea. Os redactores merecen a gratitude de todos.

No documento mantense unha posición nacionalista, ignorando a morna posición oficial que até non hai moito tempo antes de pretender un novo Estatuto nacional quixo darlle prioridade á aplicación plena do actual. O documento é coherente coa especial conxuntura que se vive en Galiza e no Estado e non incide no erro de reservar para Europa as reivindicacións máis avanzadas: as Bases contemplan o Estatuto como a norma fundamental e primaria da nación galega, e como fundamento político para a relación co Estado español, coa Unión Europea e coas restantes nacións e pobos do mundo. Afirman a condición de Galiza como nación; aseguran que os poderes das institucións propias emanan do pobo galego e pretenden a libre integración na estrutura plurinacional do Estado español. Reclaman o dereito dos galegos a decidiren por si mesmos, integrándoo sen eufemismos ese dereito no de autodeterminación, segundo os principios e a legalidade internacional.

O documento fala en voz alta do pobo galego, dándolle o papel protagonista no Preámbulo do Estatuto, tal como correspondería a un texto de carácter constitucional. Coincide co Tratado Constitucional da UE, cando, tamén no seu Preámbulo, di que os "pobos de Europa, sen deixar de sentirse orgullosos da súa identidade e da súa historia nacional, están decididos a superar as súas antigas divisións e, cada vez máis estreitamente unidos, a forzaren un destino común".

Sitúa no centro de todo os dereitos e liberdades a cidadanía e a cohesión social, situando "os valores propios da tradición cultural de Galiza" dentro dos que pertencen á "historia común europea". A enumeración deses dereitos e liberdades e das bases da cohesión social adquire polo seu alcance obxectivo carácter constitucional.

O tratamento da lingua galega resulta especialmente valioso. Define sen reservas o galego como "lingua nacional, oficial e propia de Galiza", afirmando consecuentemente que "os cidadáns galegos teñen a obriga de coñecelo e o dereito a usalo", nunha sentenza tan próxima ao sentido común democrático como contraria á hexemonía do castelán incrustada polo poder do Estado na Constitución de 1978.

Asume responsabelmente que un país que pretenda o autogoberno non pode sustentalo no financiamento externo. Di que o sistema fiscal galego se fundamentará na "autonomia financeira e responsabilidade fiscal plena, sen prexuízo do mantemento e mesmo da potenciación dos necesarios mecanismos e fondos de redistribución tanto no ámbito estatal como no da UE", propondo neste sentido unha "administración tributaria de seu".

Afirma o dereito de Galiza a determinar o sistema institucional do autogoberno e a realización da súa condicion nacional. Arrédase do corsé institucional do Estado español na proposta de organización territorial de Galiza, non considerando as provincias. Como o Estatuto da II República, abre a posibilidade da incorporación dos territorios próximos de cultura galega hoxe en Asturias e Castela(sic) e León.

Defende a participación na Unión Europea, considerando especialmente a participación nos Consellos de Ministros, os recursos perante o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo, a relación coa UE no referente ás competencias propias e a aplicación por Galiza dos Fondos procedentes da Unión, amais da posibilidade de gozar das competencias necesarias para estabelecer "acordos con outras entidades (...) nomeadamente no marco da eurrrexión Galiza-Norte de Portugal". Asegura a competencia exclusiva sobre os procesos electorais internos galegos e converte a Galiza en circunscrición única para os procesos electorais estatais e europeos.

Determina de xeito ambicioso as competencias exclusivas, describindo pormenorizadamente as 41 consideradas, desde a organización das institucións de autogoberno até a política de inmigración. Introduce cláusulas destinadas a impedir a usurpación sistemática realizada polos poderes do Estado que se produciu desde o mesmo momento da aprobación da Constitución co apoio habitual do Tribunal Constitucional. Dá pautas de desenvolvemento para todos os sectores económicos básicos, afirmando que "a capacidade económico-financeira endóxena de Galiza abonda para un crecemento sustentábel".

Garante o carácter universal das prestacións dos sistema sanitario e define a Sanidade pública como o alicerce do sistema. Afirma a educación como un servizo público esencial, considerando a participación cidadá, dando bases de acción para todos os ciclos, garantindo o ensino en galego, especialmente nas gardarías e no ensino infantil, tratando a potenciación da investigación, o desenvolvemento, a innovación, a sociedade da información e do coñecemento.

Non é este o lugar para intentar unha análise das carencias das Bases do Novo Estatuto, explicábeis polo propio carácter previo do documento. Apenas indicar, non obstante, que na cuestión da lingua sería apropiado falar da pertenza do galego ao sistema lingüístico galego-portugués-brasileiro (...) como unha base operativa transcendental para a realización de Galiza como nación, asi como non limitarse ao norte de Portugal na referencia as relacións coa nación irmá.

Sería preciso interpretar o dereito de autodeterminación nas circunstancias máis favorábeis da UE, na perspectiva da ampliación interna. A presenza de Galiza no Consello de Ministros da UE non debería estar limitada ao referente aos asuntos de interese específico para Galiza, pois para unha nación todo é de interese propio, desde a pesca á Guerra do Iraq, desde Latinoamérica á pobreza no mundo. Tampouco convén resaltar a presenza no Comité das Rexións, porque está xa garantida, e porque non se lle debe conceder desde aquí unha importancia que non ten nin para Galiza nin para as demais nacións sen Estado.

A insistencia nas bases económicas no desenvolvemento sustentábel non debe escurecer a concreción das estratexias de desenvolvimento das actividades produtivas.
Por fin, no desenvolvemento das Bases haberá que propor as formas de encaixe constitucional necesarias, incluída a modificación precisa da Constitución.

Claro está, non lles corresponde aos redactores das Bases falar da estratexia que seguir en Galiza para un Estatuto de Nación ser aprobado no Parlamento de Galiza despois de ter o respaldo necesario nas eleccións deste ano 2005. Nin tampouco relacionar a súa proposta coas de Euskadi e Cataluña, que por moito que sexan diferentes forman parte da mesma e inseparábel conxuntura política.

En todo o caso, as Bases constituen unha preciosa e esclarecida axuda para percorrer ese camiño.

Reclámase o dereito dos galegos a decidiren por si mesmos, integrándoo no de autodeterminación, segundo os principios e a legalidade internacional.



12
De: webensis Fecha: 2005-03-04 23:18

Ah, claro. Como se hace allí, pues allí ha de aceptarse sin duda. ¡Lógico! :oP



13
De: Martin Pawley Fecha: 2005-03-04 23:19

Aceptar, non sei. Entender é outra cousa.



14
De: webensis Fecha: 2005-03-04 23:50

Usted usaba "entender" en el mismo sentido de "aceptar":
"(...) non o van entender alá en Iberia, por moito que intentemos despistalos con ese adverbio tan molón. Non o aceptarán, (...)"
Y otra vez estamos en las mismas: se pretende que hay un problema de incomprensión de "los de fuera" hacia "los de dentro"; convirtiendo una discrepancia entre ideologías en un supuesto conflicto o dificultad entre territorios.



15
De: Anónima Fecha: 2005-03-04 23:54

Dice Camilo Nogueira: "Afirman a condición de Galiza como nación; aseguran que os poderes das institucións propias emanan do pobo galego"

hasta aquí todo va bien.

"... e pretenden a libre integración na estrutura plurinacional do Estado español."

Y aquí se jodió el invento. Para independizarse no sé muy bien que requisitos se necesitan. Pero si que tengo claro que para integrarse en otro lugar hay que tener en cuenta la opinión de los del otro lugar. Es decir del "Estado español". A lo mejor en el "Estado español" no estamos dispuestos a aceptar que se integren naciones que han decidio gestionar sus impuestos sin contar con los demás o eliminar la imposición de conocer el castellano. España y yo señores, quizá somos así. Si no les gusta, pues no se integren, ni libremente ni forzadamente. Luchen por la independencia.

La Constitución la hemos votado todos. Los Estatutos de independencia de Galicia y Euskadi, parece lógico que los voten los gallegos y los vascos. Pero la libre asociación o integración con el "Estado español", por lógica democrática también la tendremos que votar los habitantes del "estado español". ¿o no?



16
De: Martin Pawley Fecha: 2005-03-04 23:57

Vostede empregue as palavras como lhe pete, webensis: eu emprégoas como recomendan os dicionarios. Por certo, entender significa, fundamentalmente, ter idea clara das cousas.



17
De: Anónima Fecha: 2005-03-05 00:51

Escribión Martín Pawley:

"O de integrarse no estado español libre e paccionadamente non o van entender alá en Iberia, por moito que intentemos despistalos con ese adverbio tan molón. Non o aceptarán, e tampouco o feito de que o poder de Galiza emana do povo galego e non dos residentes en Murcia, ou pola obriga (e non só o dereito) de conhecermos o idioma proprio."

Y si me ha salido lo de poner negritas, se verá claramente porque parece evidente que "entenderán" y "aceptarán" se están usando précticamente como sinónimos.



18
De: Anónima Fecha: 2005-03-05 01:02

Y no sé si los gallegos entenderán o aceptarán que en "Iberia" no entendamos o aceptemos que en el "Estado español" en el que se quiere integrar libremente Galicia, el poder NO emana del pueblo de Galicia en exclusiva, sino, y en igualdad de condiciones de todos los ciudadanos del "estado español" incluyendo los residentes en Murcia. Y que quizá en "Iberia" seamos tan poco civilizados como para no entender o aceptar que los residentes en Murcia que van temporalmente a Galicia tengan obligación de conocer el gallego de forma inmediata, por lo menos mientras Galicia esté libremente integrada en el "estado español". Si Galicia persiguiera la independencia, pues haya Galicia con sus lenguas oficiales y efecivamente los ciudadanos del "estado español" no tendríamos nada que decir.



19
De: webensis Fecha: 2005-03-05 01:05

:oD
No. Usted empleaba "entender" con el significado de estar en conformidad, de aceptar (como dice inmediatamente después, refiriéndose a lo mismo). Está clarísimo al leer el texto. Y yo me refería también a eso, como es obvio.
Lo demás es un mal intento deshacerse de mi comentario. No es la primera vez que hace una trampa de ese estilo; pues vale. Pero yo le conozco y sé que es capaz de mayor elegancia al discutir.



20
De: webensis Fecha: 2005-03-05 01:07

Lo de Murcia es gracioso. Siempre suele ponerse como ejemplo en estos casos. ¡Qué tendrá! :o)



21
De: Anónimo Fecha: 2005-03-05 01:19

A mí eso de la unión libre me suena a coña, a eufemismo y a un poquito (o no tan poco) de cobardía. Sólo se pueden unir libremente aquéllos que están previamente separados (lo que no es el caso). Con un aceptable grado de ficción jurídica se puede admitir que se unen libremente aquéllos que, ya unidos, tienen la capacidad de separarse libremente y no la usan. Pero decir que se unen libremente quienes ya están unidos de hecho y además no tienen la libre capacidad de separarse, no pasa de ser un intento disfrazar la realidad llamándola de otra forma. Una coña, que decía al principio.



22
De: Martin Pawley Fecha: 2005-03-05 01:28

Non, webensis: eu non emprego como sinónimos, nin sequera como practicamente sinónimos, nin cousa que a você lhe pareza. Hai un ponto e seguido polo medio, que como ben sabe, e debera saber, serve para separar enunciados diferentes. Eu empreguei, coa precisión que me caracteriza, a palavra "entender" co senso de "entender". Intentar facer que os outros digan cousas que non dixeron é un mal intento de desfacerse do meu comentario. Non é a primeira vez que fai unha trampa dese estilo; pois vale.



23
De: Anónima Fecha: 2005-03-05 01:49

Anónimo,

Totalmente de acuerdo. Se están saltando la etapa de la independencia. Primero que se independicen: y eso lo tienen que decidir ellos, pero con unas ciertas garantías de que no es una independencia impuesta por muy poquito margen. Lo que sería bastante anti-democrático y contrario a lo que se suele aceptar a nivel internacional como ejercicio del derecho a la autodeterminación.

y luego que venga a proponernos una libre asociación o integración a los ciudadanos del "estado español". Y entonces los ciudadanos del "estado español" decidiremos si sus condiciones nos interesan o no. Y propondremos nuestras condiciones. Como para ingresar en la Unión Europea hay unas condiciones, que las definela Unión Europea, no los que se quieren adherir a ella. Esos o las aceptan o se quedan fuera.



24
De: Anónima Fecha: 2005-03-05 01:58

Martín Pawley,

Gracias, por su paciencia al seguir discutiendo sobre los matices y diferencias entre "aceptarán" y "entenderán" y sobre el valor del punto y seguido en un texto. A lo mejor al final consigo entenderlo y apreciar debidamente la aportación que suponen esos comentarios para una mejor valoración de la propuesta de nuevo estatuto.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.67.122 (20fa5e6ad8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley