caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Acuse de recibo, 3: Daniel Taubkin
> Acuse de recibo, 3: Daniel Taubkin <

Hai dúas semanas faleilhes de Daniel Taubkin, un cantor, compositor, arranxador e instrumentista brasileiro. Conteilhes que o Daniel chegou ao meu blogue procurando información sobre o poeta Thiago de Mello e gostou do que eu aquí fago e escribo, e con amabilidade que nunca lhe agradecerei dabondo decidiuse a escribirme un e-mail falándome da súa música e preguntándome como podía facer para enviarme o seu novo disco, Uma beleza estranha. Ese disco está soando agora mesmo no meu ordenador: onte recibín correo de São Paulo, o envío que o Daniel prometera; e para a minha sorpresa vinha non só o Uma beleza estranha senón tamén o seu trabalho anterior, BRAzSIL.

Son obras completamente diferentes. BRAzSIL é mais heteroxéneo e variado -ele é colorido, ele é multicolor!-. Contando coa participación dun conxunto de mais de setenta músicos entre os que destacan Dori Caymmi ou Egberto Gismonti, Daniel Taubkin creou unha música na que achamos as pegadas de Tom Jobim e dos ritmos folclóricos, mesmo indíxenas -hai até unha canción cantada en guaraní-, que alimentan un disco verdadeiramente agradável, un exemplo de MPB moderna e elegante no que sobresaen cancións como Chuva de manga, João (adicada a un dos pais fundadores da música do Brasil, João Gilberto) ou Brilho, ademais desa colaboración de luxo que é a do xa citado Thiago de Mello.

Uma beleza estranha é simplesmente unha maravilha, unha desas obras que convidan a un a deixarse levar, mecido pola beleza do seu son refinado e suave; a perfeita demostración de que menos é mais, de que reducindo ao mínimo os recursos expresivos, xogando cos silencios e coas pausas, podemos obter resultados espectacularmente conmovedores. Tenho dúas cancións favoritas; depende do momento en que me pregunten escolhería unha ou outra. Agora mesmo diría Pote de ouro, mas quizá manhá, a esta mesma hora, optase por Caprichos, aínda que realmente non hai nin un só tema que puidera considerar prescindível. Unha xoia, fáganme caso. Poden comprobalo vostedes mesmos escoitándoo aquí (abran a ligazón co Real Player).

Pote de ouro
Música: Daniel Taubkin
Letra: Ciro Pessoa

seu silêncio é mais que um pote de ouro
tesouro, me faz esquecer
são pegadas na areia da praia deserta
o que resta, o que fica, o que vai
sua voz quando fala amplifica
multiplica o sentido e a vida me traz o que sou

sou a sombra da voz que você irradia
de dia, a noite se faz
sou o vento lá fora soprando aqui dentro
o centro incerto no ar

sua voz quando fala amplifica
multiplica o sentido e a vida me traz
o que é

seu silêncio é uma flecha num alvo vazio
alívio, desvio e paz
é uma pluma dançando na beira de um rio
viaja no nada...

seu silêncio é uma flecha num alvo vazio
alívio, desvio e paz
é uma pluma dançando na beira de um rio
viaja no nada e cai.

* ciao amore, ciao amore, ciao...
(* Música de Luigi Tenco)

2005-02-24, 01:00 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/27083

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-03-12 01:12

Decididamente, esta é a minha favorita:

Caprichos
Poemas: Fagundes Varela (1864) e Castro Alves (1865)
Música: Daniel Taubkin

Pensava em ti nas horas de tristeza
Quando estes versos pálidos compus;
Cercavam-me planícies sem beleza,
Pesava-me na fronte um céu sem luz.

(Mas) ergue este ramo solto em teu caminho;
Pois sei que em teu seio asilo encontrará!
Só tu conheces o secreto espinho
Que dentro d'alma me pungindo está!...

Ai quando brando vai o vento lento
A lua, nua a perpassar sútil
E a estrela vela e sobre a linfa
A ninfa suspira, mira o divinal perfil

Num leito feito de cheirosas rosas
Risonhos sonhos sonharemos nós
Revoltos soltos teus cabelos belos
Vivace, a face tremulante a voz

Cantos e prantos que suspira a lira
A alfombra a sombra encontrarei para ti
Celuta, escuta de meu seio o enleio
Vem linda, ainda há solidões aqui.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley