caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Acuse de recibo, 1: Humor vasco
> Acuse de recibo, 1: Humor vasco <



Acostumados a que todo canto se refire a Euskal Herria acabe sendo orixe de discusións encendidas nas que até os mais mínimos detalhes poden ser empregados coma arma arroxadiza, sorprende un pouco que sexa xustamente naquel país onde se estean producindo algunhas das mostras de humor mais ousado e fresco que se poden atopar por esta parte de Europa. Sorprende mais aínda que tales cousas sucedan en medios de comunicación próximos ao poder, como é o caso da ETB ou o Deia. A minha opinión é que aos políticos non lhes importa deixar facer durante algún tempo porque como carecen de humor non saben da súa forza e por iso non lhe tenhen medo: dan por suposto que a xente non se toma en serio as cousas que se din rindo. Unha sátira intelixente dalhes o mesmo, talvez nin sequera a lean e de facelo é case seguro que non a entenderán; un artigo absurdo aparentemente feito con rigor polo mais estúpido dos opinadores de prensa, pode, porén, provocarlhes fortes ataques de ansiedade. Os políticos non len poesía, nin van ao cine, e ademais soen rir pouco: por iso fan logo o que fan.

Chegoume hoxe por correo un envío de Madame Jaio que contén dous livros, dous: Para muestra un Borbón, unha compilación de cincuenta números do Caduca Hoy; e Todos nacemos vascos, de Óscar Terol, guionista de Vaya semanita, programa que me encantaría ver algún ano destes, e do cal publicaba hai días un fragmento o noso pequeno amigo Oier. Unha aposta provocadora e valente por botarlhe humor a todas as cuestións, incluídas aquelas que poden estar tinxidas ás veces dun certo dramatismo.

Non tiven tempo, como é lóxico, de ler mais alá dunhas poucas páxinas de Todos nacemos vascos. Si puiden folhear con delectación as dos Caduca Hoy, magnificamente editadas e maquetadas: iso é o primeiro que chama a atención, pois o volume é enormemente apetecível por calquera páxina pola que se abra. Escolho unha ao chou e levado quizá por ese compás do subconscente que nos guía aos rencorosos dou cun texto sobre o Fragasaurio, un dos meus mitos eróticos. Lean, lean:



Vidas ejemplares.- Fraga: "Tengo para dos glaciaciones más"

Acudimos al lugar de veraneo del Sr. Fraga, escoltados por los GEO, dada nuestra procedencia. Una vez cacheados y jurada la Constitución, entramos en el despacho.
Caduca Hoy: ¿Cómo se encuentra Vd. de salud, Don Manuel?
Fraga: Estoy perfectamente. Me acabo de hacer la prueba del Carbono 14 y los arqueólogos de A Pobra do Caramiñal me han dicho que tengo cuerpo para dos glaciaciones más.
C.H: ¿Por qué se presenta otra vez a las elecciones?
F.: ¡Porque sí, mequetrefe! ¡La calle es mía, Galicia es mía, España es mía!
C.H.: ¿Cuál es el secreto de su longevidad?
F.: Usted es un imberbe, pero quizás se acuerde de la bomba atómica de Palomares, cuando haciendo gala de mi valor y embutido en un meyba tamaño familiar me sumergí donde se les había caído ese chisme a los americanos. Pues las radiaciones que sufrí han hecho en mí el mismo efecto que la kriptonita a Supermán.
C.H.: ¿Duerme bien?
F.: Normalmente sí y cuando me cuesta dormir me imagino firmando sentencias de muerte, contando obreros muertos en manifestaciones o me imagino al señor Ibarretxe cantando el Cara al Sol y me invade una sensación de placidez que me quedo traspuesto inmediatamente.
Para finalizar la reunión, insiste en prepararnos una queimada a pesar de nuestra cortés negativa. Una vez abandonada la sección de grandes quemados del Hospital de A Coruña, emprendemos el regreso a Euskadi.

Desde logo, hai que botalos.

2005-02-11, 01:00 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/26535

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-02-11 01:07

Para muestra un Borbón
Coordinación e textos: Josetxu Rodríguez
Ilustración e fotomontaxes: Javier Ripa
Desenho e maquetación: Julián Cobos
Editorial Iparraguirre
ISBN: 84-920647-8-1

Todos nacemos vascos
Óscar Terol
Ed. Aguilar
ISBN: 84-03-09581-3



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-02-11 01:12

Iniciamos con este post unha nova sección do blog, Acuse de recibo, adicada a falar daqueles livros, discos, filmes, músicas en formatos enviáveis por e-mail e en xeral calquera cousa que tenhan a ben regalarme.

Ese título, por certo, xa o empreguei alá pola idade antigua.



3
De: María Fecha: 2005-02-11 17:28

Oia, pois se quere mándolle un manuscrito dun amigo común, a ver que lle parece...



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-02-11 20:57

María, esas cousas xa nin se preguntan. A que está agardando?



5
De: María Fecha: 2005-02-11 21:07

A importalo do ordenador do choio. O luns sen falta. :)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley