caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > EuroConstitución
> EuroConstitución <

Polo que vou lendo a Constitución Europea consiste nun feixe de artigos que ou ben son bastante obvios, ou ben son bastante imprecisos. Tendo en conta que calquera tratado, por malo que sexa, pode ser modificado no futuro, non acabo de atopar motivos verdadeiramente sólidos para votar "non", aínda que tamén é certo que non vexo ningún que me convenza de votar "si"; nin sequera un "si crítico", que vén ser como dicir "si" querendo dicir "ide cagar". Algúns din que no fondo o do vinte de febreiro ten moito de simbólico, e levan parte de razón; mas eu penso que se do que se trataba era de votar símbolos era melhor que nos sometesen a referendo O cemiterio marinho de Paul Valéry, e polo menos ficabamos con algo de literatura.

Europa si, claro, por suposto; mas o caso é que non me preguntan por Europa, senón por un texto específico, e é sobre iso sobre o que tenho que opinar. E o triste é que polo de agora a melhor razón que tenho para o "si" é non coincidir no meu voto cos federicos e os calazas ou con calquera outro fanático deses. Que non é unha razón pequena, dito sexa ao paso.

2005-02-05, 01:00 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/26304

Comentarios

1
De: dot Fecha: 2005-02-05 08:41

Martin, creo que o día 20 vou andar pola serra da Queixa, lonxe de calquera colexio electoral, aínda que por precaución solicitei o voto por correo, non vaia ser que beba sen querer un 'referendum plus'.
O seu texto lembroume estoutro co que coincido:
"La otra elección
(Jueves 3 de febrero de 2005)
Hoy se inicia la campaña electoral que culminará con el referéndum por el que se aprobará o rechazará el Tratado que establece una Constitución Europea.
No creo que sea necesario insistir en lo muy insatisfactorio que me parece ese Tratado. Ya lo he hecho otras veces. He explicado que, para empezar, es falso que se trate de una verdadera Constitución, que tiene todos los caracteres –y los inconvenientes, por ende– de una carta otorgada, que presenta una relación de derechos ciudadanos muy incompleta y que pone graves trabas al desarrollo de una Unión Europea digna de ese nombre. El mero hecho de que los actuales gobernantes de Washington vean con buenos ojos ese Tratado dice ya no poco sobre él: si realmente sirviera de armazón a una Europa independiente, lo rechazarían.
La propia campaña institucional de cara al referéndum es de auténtica vergüenza. So capa de favorecer la participación, se hace propaganda descarada a favor del «Sí». (Aunque reconozco que, por lo menos en lo que a mí se refiere, ver a Luis del Olmo, a Butragueño y a otros semejantes defendiendo el voto afirmativo me parece una eficaz propaganda a favor del «No».)
Convencido de la conveniencia de rechazar ese proyecto, el único dilema que se me presenta es el de qué vía seguir para mejor manifestar mi posición.
Es posible que el voto negativo –alternativa propugnada por un cierto número de fuerzas de izquierda– sea el que confiera una traducción más clara y visible al rechazo, en tanto que la abstención militante corra el riesgo de diluirse en la marea de la abstención motivada por la indiferencia y la despolitización. En ese sentido, el voto «No» parece preferible.
Pero hay otro aspecto que me parece digno de consideración. Responder «No» a una pregunta es aceptar la pregunta. Participar en una votación es aceptar su fundamento. Y éste es un referéndum que me parece tramposo incluso en su propia concepción. No creo que les importe realmente la opinión ciudadana. Aspiran sólo a legitimar en las urnas el apaño que han hecho por las alturas. Votar «No» es admitir de antemano el resultado. Es decir, avenirse al «Sí», en el caso –más que probable– de que triunfe. Un elevado grado de abstención, con independencia de las razones que la motive, dará cuenta de la incapacidad de los dirigentes europeos para ilusionar a la población en sus tejemanejes.
No hago propaganda de nada. Tampoco quisiera criticar la campaña de los que propugnan el «No». Que cada cual obre conforme mejor le parezca. Yo me limito a abrir alguna vía complementaria de reflexión." Javier Ortiz



2
De: Cesare Fecha: 2005-02-05 14:18

Por suposto, non vou entrar neste debate, do que xa quedei algo extenuado, aínda que claramente vou votar si (a pesar de zapatero, del olmo e a súa campaña). E estou seguro de que vote ou que vote ou o que non vote, vostede votará o mesmo ca min.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-02-05 17:53

Pois eu aínda non sei, Cesare: estou á espera do que diga Ramonet.



4
De: Akin Fecha: 2005-02-05 18:09

Eu xa me dicidín, non votarei. Agardo que:
a) a participación ande polo 50% como moito.
b) gañe o SI.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2005-02-05 18:13

Un 50%? Tantoooo?



6
De: Akin Fecha: 2005-02-05 18:23

Non creo que chegue, certo, estou a poñerme no mellor dos casos (ou no peor, segundo se mire)



7
De: Lipe Fecha: 2005-02-05 20:15

Aproveito que hoje ainda não tomei a minha medicação para tirar algumas conclusões sobre a (chamada) Constituição Europeia (no Reino da Espanha, Sub-reino da Galiza: "Constitución Europea"):

1. Abstenção. O texto é tão complexo que presta-se a todo tipo de banalidades e propaganda ideológica, e ainda mais na Galiza onde todos somos uns hamletos. Mas acho que antes de entrar no contido devíamos até pensar na legitimidade formal. A Constitução não foi elaborada por nenhuma assembleia constituinte senão pela plutocracia europeia e bla, bla..., à malta pouco lhe importa(ria) embora fossemos quem de entender algo de Direito Constitucional. De ser algo importante de verdade (e não um fraude pseudo-democrático) eu consultaria com o meu advogado. Para que serve? Para simplificar tratados? Não. Para estabelecer os direitos e liberdades dos europeus? Não.

2. Sim. O voto afirmativo no Referendum Plus é claramente o do Sistema. PP e PSOE não se esforçam em exprimir as bondades do Tratado, porque como diz Zapatero, "no se trata de aprenderse el artículo 50, sino de la prosperidad y bienestar de los europeos". Ou seja, justificações, explicações? Para quê? Quem manda, outorga.

3. Não. O voto em contra é o voto anti-sistema, o que (desde qualquer latitude ideológica) tem de exprimir as suas razões e motivos com as escassas forças mediáticas que lhes prestem atenção. Como brincadeirinha está bem (porque meter-se com a direita espanhola sempre é fácil), mas considerar as opiniões de Calaza ou Losantos ("e Otegui e Anguita", diz Victor Manuel, hoje no El Mundo) como um argumento para votar sim (ou si, ou sí) não é nem pequena nem grande, não é razão nenhuma. Como tampouco o é votar Não (ou nom, ou non, ou no) pela penosa campanha de "participação" com os mercenários do regime declamando esses estranhos poemas Artículo Tal.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2005-02-05 20:23

Lipe, o voto en contra non é necesariamente un voto anti-sistema, e tampouco o voto anti-sistema ten que expresarse necesariamente mediante o "non" (pódese votar en branco, ou pode un absterse). E non esqueza nunca que as razóns particulares de cada un son moi variadas pero non computan á hora do reconto: un "si", un "non" ou unha "abstención" valen o mesmo sexan cales sexan os motivos dos cidadáns, mais ou menos absurdos, mais ou menos razoados.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2005-02-05 20:50

No blog de Akin están comentando un tema curioso que salta nos Anexos á Constitución:

12. Declaración relativa ás explicacións sobre a carta dos dereitos fundamentais, título I (Dignidade), artículo 2, "Dereito á vida":

1. Toda persoa ten dereito á vida.
2. Ninguén poderá ser condenado á pena de morte nin executado.
Explicación:

1. O número 1 deste artigo baséase na primeira frase do número 1 do artigo 2 do CEDH, que di o seguinte:
"1. O dereito de toda persoa á vida está protexido pola lei..."
2. A segunda frase desta disposición, que se refire á pena de morte, quedou sen obxecto a raíz da entrada en vigor do Protocolo nº 6 do CEDH, cuxo artigo 1 di o seguinte:
"Queda abolida a pena de morte. Ninguén poderá ser condenado a tal pena nin executado."
Esta disposición constitúe a base do número 2 do artigo 2 da Carta.
As disposicións do artigo 2 da Carta corresponden ás dos artifos mencionados anteriormente do CEDH e do Protocolo adicional. Teñen o mesmo sentido e o mesmo alcance, de acordo co número 3 do artigo 52 da Carta. Así, débese considerar que as definicións "negativas" que figuran no CEDH tamén figuran na Carta:

a) Número 2 do artigo 2 do CEDH:

"A morte non se considerará inflixida con infracción deste artigo cando se produza como consecuencia dun recurso á forza que sexa absolutamente necesario:

a) en defensa dunha persoa contra unha agresión ilexítima;
b) para deter unha persoa conforme a dereito ou para impedir a evasión dun preso ou detido legalmente;
c) para reprimir, de acordo coa lei, unha revolta ou insurrección

b) Artigo 2º do Protocolo nº 6 do CEDH:

"Un Estado poderá prever na súa lexislación a pena de morte por actos cometidos en tempo de guerra ou de perigo inminente de guerra; esta pena soamente se aplicará nos casos previstos pola dita lexislación e conforme o disposto nela..."



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.227.126.69 (ca58b4fcd4)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley