caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Di Rajoy
> Di Rajoy <



Di Rajoy que "en el año 2005 no hay tribus, no hay castas, no hay pueblos, ni derechos colectivos; hay personas y ciudadanos", e acto seguido enchéselhe a boca falando da "nación española" e da súa unión indivisível. Di Rajoy que Ibarretxe é "desleal con el Estatuto de Gernika" por querer reformalo, mas non fala nada da deslealdade súa e a do seu partido cara un estatuto que nunca se ocuparon de executar na súa totalidade. Di Rajoy que o Plan Ibarretxe "divide a la sociedad vasca", e non se decata de que nunha división sempre hai dous términos, dúas partes, de tal xeito que iso que afirma vale tamén para el mesmo. Di Rajoy que "en España no hay una extrema derecha, no hay partidos de extrema derecha ni la extrema derecha, por fortuna, tiene votos", e a realidade é que xa case hai mais falanxes que dedos, que son varios os partidos aos cales o centro cáelhes moi ao oeste e que como non están ilegalizados poden presentarse ás eleicións. Ás xenerais do pasado catorce de marzo, por exemplo:

Familia y Vida: 16699 votos
Democracia Nacional: 15180 votos
FE de las JONS: 12266 votos
La Falange: 10311 votos
Partido Demócrata Español: 5677 votos
Falange Auténtica: 4589 votos
España 200: 4231 votos
Alianza por la Unidad Nacional: 923 votos

Rajoy di moitas cousas, sempre con ese descacharrante humor e a boa dicción que nel é característica. Eu xa devezo por velo dentro dunhas horas reprobando as palavras do lehendakari, sobre todo tendo en conta que el terá até o triple de oportunidades que Ibarretxe para falar.

2005-02-01, 01:00 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/26144

1
De: Auto Loans Fecha: 2006-03-21 16:18

Auto Loans: «Auto Loans»



2
De: VW Auto Parts Fecha: 2006-03-22 21:58

VW Auto Parts: «VW Auto Parts»



3
De: VW Auto Parts Fecha: 2006-03-22 23:42

VW Auto Parts: «VW Auto Parts»



4
De: VW Auto Parts Fecha: 2006-03-23 05:32

VW Auto Parts: «VW Auto Parts»



5
De: divorce lawyer Fecha: 2006-03-26 13:17

divorce lawyer: «divorce lawyer»



6
De: refinance loan Fecha: 2006-03-28 14:36

refinance loan: «refinance loan»



7
De: acne treatment Fecha: 2006-03-29 22:47

acne treatment: «acne treatment»



8
De: Notebook Computer Fecha: 2006-04-01 03:35

Notebook Computer: «Notebook Computer»



9
De: laser hair removal Fecha: 2006-04-10 09:31

laser hair removal: «laser hair removal»



Comentarios

1
De: Mifune Fecha: 2005-02-01 03:32

Ay, lo de antes era un trackback :S



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-02-01 03:41

Que bonito iso que di "La Razón"! Corto e pego:

Por motivos de seguridad, está previsto que durante la sesión se corte el tráfico en la Carrera de San Jerónimo, ante la posibilidad de que se organicen concentraciones de protesta similares a la que tuvo lugar el pasado 14 de enero cuando el presiente del Parlamento vasco, Juan María Atucha, registró el plan en el Congreso.

O de que a sala onde quizá se traslade Ibarretxe para seguir o debate se chame Mariana Pineda tamén ten o seu aquel...



3
De: BioMaxi Fecha: 2005-02-01 16:21

Oye, me he caído aquí sin querer, y veo que dices que el PADE es de extrema derecha. No te voy a contradecir, que igual es que yo me equivoco, pero es que siendo de Torrejón de Ardoz, Madrid, conozco ese partido. Es un partido local, escindido del PP por disputas internas. Que yo sepa no ha llegado al extremo de Democracia Nacional, que es un partido que se originó en la vecina Alcalá de Henares. Por el propìo bien de mi ciudad, me gustaría que estuvieses equivocado.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-02-01 21:24

BioMaxi, na lista puxen un pouco ao chou partidos presentes nas últimas eleicións cuxa ideoloxía fica á dereita da do PP (que xa é dicir). Non todos eles encaixan no concepto de extrema dereita estilo Sáenz de Inestrillas, claro, mas si é certo que no melhor dos casos tanto o PADE coma Familia y Vida responden á idea de dereita católica que pretende influir coas súas decisións baseadas nunha moral persoal e íntima nas vidas alheas ("Conforme al humanismo cristiano defendemos la vida. Y nos oponemos a la Píldora Abortiva legalizada por el actual Gobierno del PP", ao tempo que mantén unha visión do estado ferozmente homoxénea ("Conservar la unidad de España nos hará más fuertes en Europa. El Estado Español ha de recuperar las competencias en materia de Educación y Cultura").



5
De: Mariano Rajoy en "El País" Fecha: 2005-02-02 21:20

Yo creo que en España, por fortuna, no existe una extrema derecha, de la misma manera que no existe una extrema izquierda. Aunque, claro, ¿cómo calificaríamos a un partido que es republicano e independentista?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.190.185 (bff174eb9a)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley